Cando remates este libro seguirás sendo tan insignificante como antes
O Gran Libro dos Señores Importantes reunirá por vez primeira o total dos retratos combustibles do proxecto "Adopta un Señor Importante", unha mostra que leva percorrendo diversos espazos de Galicia desde decembro de 2016.
Se acadamos o obxectivo, claro. Se pola contra esta campaña non remata con éxito, as vosas aportacións non serán cobradas, o libro non verá a luz e Os Señores Importantes, como tantas veces acontece, serán devorados polo esquecemento.
Cheguemos a facer o libro ou non, continuaremos sendo tan insignificantes como antes. Diso, e doutras cousas, fala este proxecto.
Unha edición exclusiva a través de Verkami
Ademais das reproducións dos Señores Importantes, o libro incluirá os seus relatos asociados, un epílogo a cargo do historiador Alfonso Mato, un capítulo a modo de memoria explicativa do proxecto e documentación gráfica sobre o proceso e a acción performativa final.
Todo elo coa aposta de facer un libro de arte exquisitamente coidado.
Se non vales de exemplo, sé polo menos un bo escarmento
Nas páxinas deste libro atoparás un completo bestiario de personaxes vítimas da egolatría, da avaricia, da fame de poder... Os Señores Importantes son espellos do peor de nós mesmos e recórdannos coas súas miradas suplicantes que nada importa demasiado e que o tempo é pouco.
Arte ou leña seca?
Este libro é a fase final dun proxecto que naceu como proposta expositiva. Un dos retos que me propuxen foi reflexionar sobre o papel do azar no relato histórico e sobre concepto do valor. Por iso propuxen un xogo descarado: deixar en mans do espectador (público, cliente) a decisión final sobre o que permanecerá e o que non, sobre o que é arte e o que é leña seca.
O día 23 de xuño as pezas non adquiridas arderán nunha fogueira de San Xoán, pero non será en balde. O libro recollerá o total das pezas e converterase no único vestixio da súa existencia.
A que destinaremos a recadación
O destino do diñeiro recadado será o de sufragar os custos da edición do libro na maior calidade que podamos permitirnos, incluídos os honorarios dos colaboradores e os custos de fabricación das recompensas.
Queremos que este sexa un libro especial na túa biblioteca, por iso imos coidar ao máximo os detalles.
Se superamos o obxectivo inicial melloraremos aínda máis as calidades sen que estas repercutan nunha subida do prezo para os mecenas.
Aínda estando pendentes do traballo de composición e deseño, se chegamos ao noso obxectivo as características técnicas serán as seguintes:
120 páxinas a 4/4 tintas
Tamaño 21 x 26 cm
Tapa dura con sobrecuberta
Papel estucado mate de 150gr
Ollo! As previsualizacións do libro neste proxecto son simples recreacións virtuais. O traballo de deseño comezarase ao remate da campaña
Sobre as recompensas
Colaborando nesta campaña fas posible a edición do libro e adquírelo a un prezo privilexiado. (20€ fronte aos 30€ de PVP. final).
E atención!!! As colaboracións inclúen o envío a calquera punto do estado, agás o Pack Mundial que inclúe o envío a calquera parte do mundo!!!
Ademais, podedes facervos coas seguintes recompensas:
Unha lámina asinada e numerada dalgún dos Señores Importantes. Dimensións: 20x20cm.
Libro Fin da Terra, Costa da Morte, 10 postais de Natasha Lelenco. Un traballo arredor do imaxinario colectivo que da nome á Costa da Morte e reproduce as pezas que formaron parte da exposición homónima no Faro de Fisterra durante o verán de 2015.
- Un transfer pequeno (aproximadamente 12,5x12,5cm aprox.) sobre madeira de chopo da serie Un Bosque, asinado e numerado. Trátase dunha edición limitada numerada e asinada de transferencias sobre taboleiro de chopo de reproducións dun orixinal deste proxecto no que abordei a idea do fogar a través de casas-árbore.
- Dúas noites para dúas persoas na Casa das Peritas. Aos mecenas que opten por esta recompensa (só 5 posibles) abrireille as portas da miña casa e do meu obradoiro. A Casa das Peritas é unha antiga casa labrega que recibe o alcume das súas últimas habitantes, as fillas do perito agrimensor que a construíu no 1830. A Aldea de Mallas está no concello de Fisterra, a un paseo andando da praia da Langosteira e nas proximidades da Praia do Rostro. O acollemento faise nunha habitación con cama dobre e con toda a hospitalidade que estea da nosa man. OLLO!!! As persoas interesadas deben contactar previamente a través de [email protected] para confirmar dispoñibilidade de datas antes de facer a súa doazón.
- O teu retrato como Señor/a Importante. Con esta recompensa ofrezo a posibilidade de contratar un retrato único e exclusivo, na liña do proxecto dos Señores Importantes, sobre un soporte de madeira de forma e tamaño variable (a escoller entre os dispoñibles) e sobre plancha final de entre 50x50cm e 70x70cm. Ademais, e de acordo coa vontade do mecenas, unha reprodución da peza poderá aparecer (ou non) no libro. OLLO!!! As persoas interesadas deben contactar previamente a través de [email protected] para acordar as condicións do encargo (Compre ter en conta que deixarás quedar no retrato o peor de ti mesmo).
Calendario previsto
Esta campaña comeza coa última fase expositiva do proxecto en Os Catro Gatos, Santiago de Compostela, onde poderedes ver en persoa (e adoptar) aos Señores Importantes ata o 21 de xuño.
O día 23, noite de San Xoán, queimaranse as pezas non adoptadas nunha acción íntima nas proximidades da Casa das Peritas, en Mallas, Fisterra.
O crowfunding remata o día 29 de xuño. Coa queima dos Señores Importantes non Adoptados comezaremos o traballo de composición do libro.
Setembro-outubro: Remate dos traballos de composición do libro
Novembro: Fabricación
Primeira semana de decembro: Presentación pública e entrega das recompensas. (O libro estará dispoñible como agasallo de Nadal para os colaboradores da campaña).
Para ver aos Señores Importantes en persoa
Entre o 20 de Maio e o 21 de Xuño os cerca de 20 Señores Importantes que aínda non foron adoptados poderán verse e en horario de 18:00h a 21:00h e de Martes a Sábado no espazo de arte Os Catro Gatos (Rúa das Rodas nº13, Santiago de Compostela).
Aínda que a opción da adopción non entra dentro desta campaña de mecenado, adoptando a algún dos señores dispoñibles sálvalos do lume e, por suposto, tamén contribúes ao éxito do proxecto.
Algo do que se ten contado e falado nos medios:
Entrevista no Zigzag Diario da CRTVG martes 18 de abril de 2017
Reportaxe de Sandra de la Fuente no Faro de Vigo 12 de Marzo de 2017
Máis info no meu espazo de facebook. Sígueme
6 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Guille Olguin
¡Qué bien! Felicidades
Carlos Meixide
Meiji/Meixi xa temos o noso!!!
Natasha Lelenco
Autor/a
Moitísimas grazas Malvido!!!
Malvido
Na Illa de Arousa, desexamos que o proxecto sexa un exitazo, Natasha!!
Natasha Lelenco
Autor/a
:) Muchas gracias por la pregunta, Ana! Planteado de este modo, tendrá que haberlo! El primero de ellos es un agradecimiento inmenso! ...Y seguimos pensando... :)
Ruiz Ana
¿No hay premio a la primera aportadora? ¿aunque no sea importante? ¿ni el premio ni la aportación? Abrazo!!!