❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Calvario. Historias de vida

"Calvario. Historias de vida" é unha película documental na que dúas mulleres contarán a súa realidade, cun pasado, presente e futuro intimamente ligados a un barrio obreiro (O Calvario) da cidade de Vigo.

Pedro Navarro

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Vigo
0
segundos
73
Achegas
2.480€
De 2.350€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Que é "Calvario. Historias de vida"?

É unha película documental que relata, a través da historia de dúas mulleres, as vivencias dun barrio obreiro (O Calvario) da cidade de Vigo.

Este barrio estivo tradicionalmente habitado por clases populares, que dependeron no económico do sector industrial, o que lles levou a sufrir con dureza os golpes dos cambios políticos e as crises económicas.

Pero O Calvario é moito máis que un barrio, é un barrio entre barrios, unha entidade propia cunha poboación endémica baseada nunhas relacións sociais e uns modos de vida particulares. Estas relacións son, en definitiva, as que constrúen o barrio e as que finalmente levan á construción das cidades.

En definitiva, esta película documental pretende amosar esta realidade, as interaccións entre membros dunha comunidade e as estruturas que crean. Para iso, baseámonos nas historias de vida de dúas mulleres cun pasado, presente e porvir intimamente ligados ao barrio e á súa xente.

Quen son estes personaxes?

Non todos os nosos personaxes naceron no Calvario, nin tampouco viviron sempre alí, pero si botaron raíces neste barrio e, dalgún xeito, convertéronse en parte del.

Foron transgresores en épocas difíciles para a liberdade individual, víronse envoltos en situacións escandalosas para o seu tempo, pero non abandonaron esa loita por unha vida digna. Conforme o barrio foi cambiando e evolucionando, tamén se enfrontaron aos novos problemas sociais que xurdían, como a reconversión industrial e as loitas sindicais ou a crise da heroína en Vigo.

Proximamente iremos contando máis destes personaxes a través de pequenos vídeos.

A que destinaremos as vosas achegas?

Un proxecto como este non pode realizarse sen un orzamento, somos ambiciosos e queremos un resultado de calidade. Para iso, fixemos unha lista coas necesidades mínimas dunha longametraxe cun pequeno equipo de gravación.

Sobre as recompensas

Aquí entras ti, este documental sen a túa axuda non ten sentido, sexa cal for a achega que fagas, serás parte esencial deste proxecto e, ademais da nosa gratitude (que pode ser infinita, pero non se pode tocar), queremos recompensarche con algúns detalles materiais relacionados coa nosa produción:

  • Agradecemento nos créditos. O teu nome aparecerá nos créditos da película.

  • Visualización online. Habilitaremos unha forma para que poidas acceder ao documental e velo desde o teu computador.

  • Entradas para a estrea. A estrea será en Vigo, aínda que está por determinar o emprazamento e a data, si podemos confirmarvos que será no verán.

  • Póster. Enviarémosche o póster oficial do documental en tamaño A3.

  • Camiseta. Conseguirás unha camiseta exclusiva coa identidade do documental.

  • Libro especial con anécdotas e fotos da rodaxe. Unha edición pensada só para o crowdfunding.

  • Mención especial como patrocinador. O teu logo e imaxe corporativa terá relevancia en toda a promoción do documental.

Cal é o noso calendario de produción?

Estamos a desexar que este proxecto saia á luz. En liñas xerais, os prazos que nos expomos son:

  • Campaña de Verkami: Entre o 26 marzo e o 6 de maio

  • Rodaxe: Entre o 22 de maio e o 4 de xuño

  • Posprodución: Entre o 6 e o 16 de xuño

  • A data da estrea está por confirmar, aínda que adiantamos que será en Vigo ao longo dos meses do verano.

No relativo ás recompensa, probablemente enviarémolas en xullo.

Queres saber máis?

Esta película documental nace como Traballo de Fin de Grao (TFG) de dous dos seus integrantes. Co tempo reunimos un equipo dunha ducia de xoves que están terminado ou terminaron recentemente os seus estudos na área na que participan do proxecto. Os integrantes do equipo somos: Javier H. Rodríguez, Pedro Navarro, Pablo Vázquez, Pablo Díaz, Aida Rodríguez, Lorena Figueirido, Emilio Pereiras, Juan Suárez, Pablo Ostarek e Héctor Ramos.

Tamén podes seguirnos na nosa páxina de Facebook para manterte informado sobre o desenvolvemento do proxecto.

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

2 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Pedro Navarro

    Pedro Navarro
    Autor/a

    8 anos

    Hola Beatriz, en verkami puedes ayudarnos a llevar a cabo nuestro proyecto mediante aportaciones monetarias que van unidas a recompensas, así que elige la que más te compense y convenga.

    Como mecenas puedes hacer tu aportación mediante tarjeta bancaria (crédito o débito) a través de la pasarela de pago de BBVA. El importe no se retirará hasta que haya acabado la campaña de crowdfunding. En ningún caso, verkami tiene acceso a tus datos bancarios. Son las pasarelas de pago seguras quienes gestionarán tus compromisos de aportación. Si quieres saber más hay un apartado de preguntas frecuentes.

    También puedes ayudarnos compartiendo el proyecto en tus redes sociales o comentándoselo a tus amigos y conocidos.

    Un saludo y gracias por el interés.

  • Beatriz

    Beatriz

    8 anos

    ¿Cómo se puede colaborar?

    Muchas gracias

#01 / OBJETIVO CONSEGUIDO, ¿y ahora qué?

Hemos alcanzado el objetivo pero queremos seguir mejorando y animándoos a formar parte de este proyecto.

Cuando entramos en las últimas 24 horas de la campaña comenzó la locura y en apenas unas horas acumulamos una docena de nuevos mecenas. Por ello, nos hemos propuesto un nuevo objetivo con el que agradeceros vuestra colaboración.

Si llegamos a los 2.500€ todos los mecenas que hayan aportado 10€ o más también recibirán el documental en soporte físico.

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies