Quen somos?
Far Away Place somos unha banda galega de hard rock que naceu en Ferrol no ano 2010. Defendendo dende o primeiro momento un repertorio de temas propios, ao longo destes anos temos apostado sempre pola música en directo. Froito deste traballo son algúns premios como o de gañadores do EISVMusic2014 ou o Outra+Outra 2015, organizado polos Estudos Mans, así como multitude de concertos que nos levaron a salas como a Máster Club en Vigo, a Barracudas en Madrid ou a Súper 8 en Ferrol. En definitiva, somos xente que desfruta tocando e quere seguir a facelo.
Far Away Place somos:
Se queredes unha proba do que facemos, aí vai unha pequena mostra:
Cal é o noso plan?
Gravar un disco. Actualmente, temos moitos temas que nos encantaría materializar nun proxecto coma este. Porén, para este primeiro traballo foron 8 cancións as escollidas. Nin unha máis, nin unha menos.
Así que a nosa intención é (coa túa axuda, claro está), en canto teñamos os cartos, meternos no estudo e... a gravar!
Que faremos coas vosas aportacións?
Principalmente, destinaranse á gravación, mestura e masterización do disco, así como a súa posterior distribución. Ademais, unha parte destinarase á adquisición e fabricación das recompensas que vós recibiredes.
Se tedes algunha dúbida ou pregunta, sempre estamos dispostos a contestalas.
As recompensas
Que vas recibir por aportar? Ademáis das grazas e as felicitacións para ano novo, tes varias opcións para escoller, tantas como cancións incluirá o noso CD. Iso si, con calquera opción que escollas sempre vas recibir o noso disco en formato físico.
Se queres recibir unha recompensa personalizada ponte en contacto con nós a través de calquera canle e trataremos de facela posible.
Nota: Os pedidos realizados dende a Península estarán exentos de gastos de envío. Os pedidos realizados dende outro territorio non incluirán no prezo ditos gastos.
Materialización do proxecto
Unha vez conseguido o obxectivo, entraremos inmediatamente no estudo de gravación e, a partires de aí, nun prazo estimado dun mes e medio (esperemos que se acurte), poderedes desfrutar das vosas recompensas.
4 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
xaarii
¡Ojalá que lo consigáis!
Adrián Skyzo
Adelante con ese disco, chicos. :)
Far Away Place
Autor/a
Muchas gracias!
Maria.cll86
Hecho