❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

Gravación do primeiro disco de Pi graos

Pi graos estamos a traballar no noso primeiro álbum, e precisamos apoio para a gravación, soporte físico e distribución. Todos os nosos temas distribúense con licencia Creative Commons. Toda a nosa música faise a man e con agarimo, o mesmo que este disco. Queres botarnos unha man?

lucas

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Santiago de Compostela
0
segundos
45
Achegas
1.096€
De 1.000€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano e English

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Somos un grupo de jazz-rock progresivo que despois de tres anos decidimos lanzar o noso primeiro disco que resume todo o noso traballo ata o de agora e o que estamos a desenvolver.

QUE FACEMOS?

Somos un grupo con ganas de tocar que vivimos da música, Podedes mirar en Myspace e máis en Soundcloud o que facemos, ainda que é mellor que o escoitedes aquí directamente:

SÓS?

Non! Colaboramos con varios artistas e asociacións:

  • Brais Ocampo, poeta, que acaba de lanzar o seu libro de poemas "Tu piedra mojada", interpreta un tema do disco connosco (o primeiro de moitos que virán).
  • Local de Música de Pontevedra, que nos leva proporcionando desde hai máis de 3 anos un espazo para tocar.
  • Asociación Musiquina 33mg, que nos botou unha man en máis dunha ocasión para realizar os nosos proxectos e ensaios, incluida a gravación deste mesmo disco.
  • Chotokoeu, Festa e carallada, ¡grandes amigos e grandes músicos!

...ademáis de vós, o público, que nos dades ganas de volver en cada concerto.

CÓMO O IMOS FACER?

Non tenemos contratos discográficos de por medio, distribuimos as nosas gravacións cunha licencia Creative Commons, facemos as cousas nós mesmos e sendo coherentes con esta filosofía tamén queremos facer o álbum cos nosos propios medios.

Porén, hai cousas que se nos escapan. Temos que alugar estudio para gravar algúns instrumentos, masterizar a mestura que fagamos, encargar as copias e subir as cancións a iTunes e Spotify, entre outras cousas, que nos supoñen un gasto, e por iso vos pedimos a financiación para o noso proxecto.

QUE OBTEDES OS PATROCINADORES?

Ca vosa achega pódese, entre outras cousas, reservar o disco por adiantado (e por suposto, asinado), comprar entradas para o próximo concerto ou ser o patrocinador da nosa web que está en proxecto, entre outras cousas.

CANTO NOS CUSTA?

Aínda que non temos presupostos xa pechados, segundo os prezos de mercado o disco costaranos:

  • 600€ as copias (unas 700)
  • 150€ as horas de estudio.
  • 400€ os materiais de impresión.
  • 600€ as masterización.
  • 50€ a publicación dixital.

Unha parte virá das vosas achegas, a outra, invertirémola nós e a recuperaremos dos discos que consigamos vender, e o resto que non está aquí detallado porémolo co noso traballo.

E COS CARTOS QUE CONSIGAMOS A MAIORES?

Se acadamos o obxectivo, os cartos sobrantes empregarémolos para facer máis copias físicas, así como para promocionar o álbum e aforrar xa para o seguinte, que agardamos que tarde menos que o primeiro ;-)

COMO ESTÁ INDO A GRAVACIÓN?

O proxecto en realidade xa está en marcha xa que estamos gravando algunhas partes nas nosas casas, e estamos á espera da financiación para aquilo que necesite dun estudio (concretamente as baterías e o saxofón) y para a fase de mesturas e masterización, e da de replicación e distribución.

Estamos xa dando pistas sobre o que será o disco a través das redes sociais e queremos aproveitar o lapso de 40 días para que coincida cos concertos que temos programados e ir anunciándoo, así como en medios e en roldas de prensa, aproveitando para animar a outros grupos a que exploren o modelo crowdfunding.

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

3 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • Zahide

    Zahide

    máis de 12 anos

    O mundo esta desfeitif1o que di meu abo...pero inda ased ves as tbnreaas cheas de xente, ali reunense os me1is senlleiros superheroes do pais para desgracia do crime orghanisado o cal lle deven pitaro os ouidos. Safados meu

  • lucas

    lucas
    Autor/a

    máis de 12 anos

    Ola kaledonio. O disco agora mesmo está en fase de produción. Algúns dos integrantes retrasamos o proxecto, entre outras cousas por motivos de saúde, e outros abandonaron por motivos de traballo. Pero por sorte xa estamos enfilados de novo e rematando a parte de gravación. Como consecuencia de todo isto, os que levamos a produción do proxecto tamén somos menos (agora mesmo, só 2)

    Despois disto virá a parte de misturas, durante a cal nos poremos tamén con todo o que son as recompensas. Agardamos empezar esta fase en decembro, aínda que non podo prometer prazos.

    Máis adiante comezaremos co que é o mástering e as copias. Este proceso tamén pode levar uns meses, e non o realizaremos nós. A partir de aí, xa teremos todo listo para ser enviado.

    De novo, sinto os atrasos e tamén o noso silencio. Pero, salvo polas causas de forza maior, sabede que estamos adicando tempo e esforzo a este proxecto, que como bo proxecto autoxestionado, leva máis tempo e ten máis atrancos do que nun principio contabamos.

    Manterémosvos informados!

  • kaledonio

    kaledonio

    case 13 anos

    cando tendes previsto facer os envíos do disco?

#08 / Gravación rematada!

Xa chega, xa chega! Despois de tanto intríngulis por andar a gravar cada instrumento por separado, máis os obstáculos e imprevistos, coma a busca dun saxofonista de estudo ou a repetición de gravacións, ¡¡XA chegou a FIN da nosa gravación!!

Cando poidamos adiantarémosvos o progreso do que serán as últimas fases, mestura e masterización, o cal culminará co que nós xa anhelamos :), o CD!!!. Aínda así, pedímosvos paciencia, en proxectos autoxestionados coma o noso pode ser cuestión de meses.

Moitas grazas pola vosa confianza e pola paciencia que tivéstedes con nós.

Apertas!

ler máis

#07 / ¡Es Pi Graos! ¡Ha vuelto! ¡En forma de chapas!

Al mismo tiempo que ultimamos el tema musical grabando los últimos instrumentos, arreglando lo que está mal y terminando de decidir la estética del disco... ¡las recompensas a los que nos habéis apoyado van llegando!
¡Y como veis hay donde elegir!!

Ó mesmo tempo que ultimamos o tema musical gravando os últimos instrumentos, arranxando o que está mal e rematando de decidi-la estética do disco... as recompensas ós que nos apoiastedes van chegando!

E como vedes, hai onde elixir!!

ler máis

#06 / Estado del proyecto

¡Hola a todos los mecenas!

En primer lugar sentimos el retraso que está llevando el proyecto pero debido a problemas de salud y trabajo dos miembros han debido dejar el grupo, aumentando así la carga de trabajo en el resto de miembros y añadiendo el trabajo de buscar alguien que los sustituya.

En segundo lugar comunicaros el estado actual del proyecto: ahora mismo ya están el grueso del disco grabado, en este aspecto solo queda corregir algunos errores. Al mismo tiempo estamos pensando en el aspecto visual del disco y la caja así como buscando presupuestos para hacer las copias de los CDs, camisetas y demás merchandising.

Gracias por vuestra paciencia y esperamos tener pronto más información que daros
¡Un saludo!

ler máis

#04 / Conseguido!

Finalmente tras pouco máis de 30 días conseguímolo! A unha semana de rematar o proxecto, 43 mecenas decidístedevos a apoialo. Terémosvos moi presentes á hora de editar o disco, e xa se nos están ocorrendo moitas ideas para a vosa "edición especial", que a haberá de seguro! Estamos aquí para calqueira suxestión/petición/ganas de contarnos o que queirades.

Gustaríanos agradecer tamén a todos aqueles que nos axudaron a sacalo adiante, que aínda nos están axudando e que difundiron activamente este proxecto concreto. Estas persoas teñen nome e apelidos e saben perfectamente a quen nos referimos, pero son moitas, moitas máis das que esperabamos, e aquí non sei se caben...

Tamén nos gustaría agradecer a Verkami a gran laboura que está a facer pola cultura. A cultura sae da base, os mecenas son a razón de ser do traballo dos artistas.

Por último, a todos estes artistas cos que tratamos a diario e con interesantísimas propostas que nos amosan, por favor, dade o salto se non o déstedes xa.

ler máis

#03 / Chegando aos 700

Despois de dez días dende o lanzamento, o proxecto de crowdfunding está a punto de chegar aos 700 € Moitas gracias a todos!

Gracias por suposto a todos os que confiades en nós aportando patrocinios, e tamén aos que non aportan cartos pero nos están axudando a difundir o proxecto para que chegue a máis xente.

A gravación segue camiñando, e pronto comezaremos coas mesturas. Xa empeza a asomar o que vai ser o sonido do primeiro disco de Pi Graos. Isto marcha!!

ler máis

#02 / O proxecto na prensa

O pasado Venres Pi Graos convocou unha rolda de prensa para dar a coñecer o proxecto de crowdfunding. Velaquí o que publicaron os medios:

· Diario de Pontevedra / Galiciaé - "Pi graos lanza una campaña de micropatrocinio para cumplir un sueño"

Pi Graos presenta o seu proxecto crowfunding - Verkami - Diario de Pontevedra
Pi Graos presenta o seu proxecto crowfunding - Verkami - Diario de Pontevedra

(na imaxe compartimos artigo coa Metamovida que tamén están en Verkami)

· Faro de Vigo - "Se busca mecenas en la red"

ler máis

#01 / Concerto en "La Tuerka 27"

O Venres 27 participamos nunha actuación conxunta con Brais Ocampo na presentación do seu libro "Tu piedra mojada". Foi na sala La Tuerka 27 , na Coruña.

Pi Graos en La Tuerka 27
Pi Graos en La Tuerka 27

Sorprendeunos este novo espazo artístico moi orixinal, que conta con tres pequenas salas, onde poden ter lugar simultáneamente espectáculos de música, danza, comedia, microteatro, etc

Este foi o noso primeiro concerto dende o lanzamento do proxecto en Verkami. Presentamos o proxecto e animamos ao público a colaborar. En tres días xa levamos máis do 30% da recaudación. ¡Moitas gracias!

ler máis
Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies