De que estamos a falar?
Ola!
Somos Natalia Ensemble e queremos compartir contigo un proxecto.
Esta primavera imos gravar a 5ª Sinfonía de Mahler en versión para ensemble por primeira vez na historia.
Que é unha Quinta de Mahler?
A Quinta Sinfonía de Gustav Mahler, é unha obra monumental orixinalmente composta para unha orquestra de máis de 100 persoas.
↓ escóitaa ↓
[Soundcloud item unavailable]
Despois de arranxala para un grupo de 17 músicos, estamos listos para gravala.
Que ten de especial esta versión?
A Quinta xa de por si é unha obra moi fermosa.
↓ *se tes algunha dúbida, pódela escoitar un pouco máis * ↓
Sobre a nosa versión, dixo un crítico nunha ocasión que era como "escoitar a sinfonía desde dentro"... Non é doado de explicar con palabras...
Se non coñeces a sinfonía, aste de enamorar dela despois de escoitala.
Pola contra, se si a coñeces ben, a versión para ensemble vaiche mostrar outro modo de vivila.
Para que son os cartos?
Os cartos son para pagar os gastos de gravación, produción discográfica e arte gráfico.
En abril, viremos desde toda Europa e xuntarémonos en Zaragoza, onde levaremos a cabo esta gravación en colaboración cunha fantástica casa discográfica.
Quenes somos e por que o facemos?
Natalia é un grupo de 17 intérpretes.

Tras estudiar nos conservatorios máis prestixiosos de Europa,
cada un de nós toca regularmente con diferentes orquestras:
- Royal Concertgebouw Amsterdam, Dortmunder Philarmoniker, Gewandhaus Orchester Leipzig, Berliner Philharmoniker, Orquesta del Liceo de Barcelona, Danish National Orchestra, Royal Flemish Orchestra, Frankfurt Radio Orchestra, Filarmonica Toscanini, Deutsche Kammer Philharmonie Bremen.-
Cando nos xuntamos para facer música neste contexto, facémolo por paixón. Polo pracer de darlle vida a unha obra musical.
Por que deberías contribuir?
Se te unes á nosa campaña, estarasnos a axudar un montón a facer esta gravación.
Pero o que verdadeiramente estás a apoiar, é a nosa iniciativa de facer música dun xeito diferente. Natalia é un modo que temos de levar obras como a Quinta de Mahler a escenarios onde normalmente non entran.
Que obtés ti?
En primeiro lugar, Grazas!.
Grazas por estar eiquí lendo e compartindo o noso proxecto.
Aparte diso, os nosos colaboradores obterán as recompensas listadas á dereita.
Bótalles unha ollada.
Cando estará listo?
A gravación farémola a finais de abril. Esperamos ter o disco nas nosas mans en agosto.


4 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.
Natalia Ensemble
Autor/a
Hola Bernardo,
El CD lo enviaremos a tu casa.
Si te refieres a la recompensa "Pupilo" en donde puedes recibir el CD y una clase, el lugar y momento de la clase tendríamos que acordarlo. Escribenos y vemos como podemos hacerlo posible!
Bernardo
La entrega en mano del CD, ¿es a domicilio? Mira que vivo en Ibiza...
Natalia Ensemble
Autor/a
Hola Iván, Pensábamos ofrecer las 2 opciones. Sabemos que hay gente que aprecia la practicidad del mp3 y audiofilos que prefieren un formato lossless, así que lo ofreceríamos también en flac o un formato similar. Gracias a ti por tu pregunta!
Iván
¿En qué formato pensaís poner el disco para la descarga? ¿En mp3 o en algún fomatos "sin perdida"?.. gracias y mucha suerte con el proyecto!