**********************************************************************************************
Neste 2015 Roberto Sobrado cumpre 20 anos facendo as cancións que foron dando forma xa a 4 discos de estudo co seu grupo. Atlas de anatomía é o nome do quinto e témolo a puntiño. Queremos facer a unha presentación especial, cunha banda reforzada para a ocasión, colaboracións estelares e gravación en directo do evento para a súa publicación online a posteriori.
Na banda base seremos os de sempre: Rafa Campoy (guitarra eléctrica), Gustavo Fernández (baixo), Germán Daponte (saxo tenor e alto), Paulo Silva (batería) e Roberto Sobrado (voz e acústica) pero estaremos reforzados con varios músicos da última formación de Os Resentidos: Pablo Vidal (dirección musical e baixo), Rubén Losada (saxo barítono) e Manu Payno (trompeta).
Aproveitando esta circunstancia, imos render tamén unha pequena homenaxe á banda viguesa dos 80 e para iso contaremos coa colaboración do seu líder Antón Reixa, Javier Soto (guitarra eléctrica), Anxo Graña (gaita), Piti Sanz (mandolina) e Xabier Camba (charrasco)
Outros convidados asegurados para a presentación do disco serán Abe Rábade, Carlos Blanco, Xosé Constenla e O Leo e Arremecághona pero estamos seguros de que a lista será moito máis longa.
O concerto servirá tamén como arranque da xira de verán, na cal estamos a traballar e que nos levará pola xeografía galega e ibérica.
En que estades investindo os cartos:
1-No salario dos músicos, técnico e director musical, contando cos ensaios necesarios e as altas na Seg. Social.
2-No salario dos técnicos da produción audiovisual + a montaxe da mesma
3-Na cartelería e promoción do evento en todos os ámbitos.
4-No traballo de management para organizar a xira de verán
5-Nun catering básico para o día do evento
6-No financiamento das copias do novo disco (isto só se temos excedente, senón corre pola nosa conta ;)
Calendario
marzo-xuño: 1 ensaio semanal
20 abril - 29 maio: Campaña de crowdfunding
abril-maio: Promo e comunicación do evento en todos os ámbitos
abril-maio: Traballo de management. xira de verán
11 de xuño: Presentación do disco e entrega de recompensas no Salón Teatro
11-16 de xuño: Entrega de recompensas a quen non poida asistir ao evento
Velaí o deseño da camiseta Atlas de anatomía
A qué sona Roberto Sobrado grupo?
Adianto do novo disco con toda a banda: Lucía
Adianto do novo disco en acústico: Fan de asuntos legais
O último videoclip da banda ao completo: Lume, do disco anterior Noroeste estraño
E Galicia sitio distinto en directo nun dos recentes concertos de Os Resentidos
+info e entradas
A mellor aportación que nos podes facer é asistir ao concerto. Merca aquí a túa entrada online: 8€ xeral // 4€ estudantes, parados, precarios e xubilados
O lugar
O Salón Teatro, corazón do CDG, ábrenos as súas portas para vos amosar este novo traballo no mellor dos marcos posibles. Moitas grazas aos seus xestores e técnicos!
0 comentarios
Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.