❗️Para poder empregar Verkami debes facelo dende outro navegador. Instala ou entra desde: Microsoft Edge, Chrome ou Firefox. Microsoft deixou de actualizar o navegador Internet Explorer que estás empregando e deixou de ser compatible coa maioría dos sitios web.

novo traballo de coanhadeira

Colabora con este novo proxecto de coanhadeira. Faite mecenas apoiando a nosa música. De ti depende!

coanhadeira

Un proxecto de

Categoría

Creado en

Ourense
0
segundos
272
Achegas
5.309€
De 4.040€
Achega ao proxecto
Ver proxecto en Castellano

Elixe a túa recompensa

Apoiao cunha doazón

Achega sen recompensa
Fai unha doazón altruísta ao proxecto sen recibir ningunha recompensa a cambio:

Un longo período de traballo, arranxos e ensaios rematou! Neste Nadal do 2014 @s coanhadeira entramos no estudio onde gardaremos nunha "caixiña" todas as pequenas e grandes ideas xurdidas durante estes longos 5 anos.

Bicos con luvas pretende sumar positivamente á música feita na Galiza, sen prexuízos; facer bailable calquera lugar, ateigar de poder percusivo, de letras sorprendentes, de atmosferas sutís, de adornos do país e de anacos dos mundos de cada un/ha de nós e do noso camiño até hoxe.

Para todo isto precisamos de ti, de vós, de vosoutras e vosoutros e de todos e todas as que, sabendo de nós, aínda nos queredes; e tamén dos e das que estades a puntiño de deixarnos entrar no voso mundo.

Precisamos a vosa axuda, queremos sacar o noso traballo adiante colectivamente. Queremos que nos coñezas. A cambio, nós agasallarémosvos co noso esforzo e a nosa música.

O noso obxectivo

O custe estimado para que o noso traballo estea nas vosas mans é de 4.040 €. Con isto, incluímos o prezo das diferentes etapas na produción do cd, a comisión de Verkami, o IVE do 21% para a cultura e os gastos polas xestións bancarias.

O lugar escollido para enlatar as notas será MuU! Estudios (Vigo), o estudio profesional do noso compañeiro Nando Moure “Pali”.

Planificación e temporización do proxecto

-Preprodución musical (proceso rematado en novembro de 2014)

-Gravación e masterización: Nadal de 2014 e xaneiro de 2015.

-Maquetación e fabricación: febreiro de 2015.

Polas nosas contas, esperamos ter o cd na rúa no mes de marzo do 2015.

Pois xa o merco en marzo...

Mala idea! Se agardas a que o cd este na rúa, perderaste todos os privilexios dos que contarán os nosos colaboradores. Sendo o/a noso/a mecenas estarás informado/a de todo o proceso, recibirás noticias sobre o estado da gravación, pequenos adiantos exclusivos do noso traballo e serás dos/as primeiros/as en telo nas mans.

E ti? Aínda non es mecenas? A que esperas?

Enlaces

Facebook
www.coanhadeira.com
Muu! estudios (Vigo)

Moitas grazas!

Preguntas frecuentes

Ainda non hai ningunha pregunta publicada.

¿Tes algunha outra dúbida ou pregunta?

Pregunta ao autor/a

2 comentarios

Si xa eres mecenas, iniciar sesión para comentar.

  • coanhadeira

    coanhadeira
    Autor/a

    máis de 11 anos

    Moi boas tardes Maria Xesús.

    Primerio de todo grazas por mostrar o teu interés en querer axudarnos nesta andaina.

    Por suposto que podes participar como mecenas e que non se reflexe o teu nome. Se conseguimos o noso obxetivo mandaremos un correo a tódolos mecenas como agradecemento e para preguntarlle con que identidade desexan aparecer nos créditos. Se nese momento nos informas de que non queres aparecer, nos xa contaremos ca tua decisión.

    Se tes mais cuestións non dubides en preguntar.

    E ánimate a colaborar con nos.

    Unha aperta!

  • María Xesús

    María Xesús

    máis de 11 anos

    ¿Teño que aparecer como mecenas nos créditos? Supoño que poderei renunciar a ese privilexo. ¿Como volo fago saber unha vez que aporte?

Utilizamos cookies propias esenciais para poder ofrecer o noso servizo e de terceiros para poder coñecer o uso da páxina. Política de Cookies