Este proxecto editorial aborda a terceira edición do libro Os instrumentos musicais na tradición galega que estará limitada a 300 exemplares, numerados e asinados por Pablo Carpintero.
O LIBRO
O libro de 23,5 x 24,5 cm. estará impreso a toda cor, consta de 456 páxinas e contén 1000 fotografías e debuxos descritivos.
Conta co aval da UNESCO e das tres universidades galegas.
É unha obra científica que describe e documenta 144 instrumentos musicais e útiles sonoros tradicionais da música galega. Achega a súa clasificación no sistema científico máis empregado en occidente, o de Hornbostel e Sach.
En 2010 recibiu o premio Antón Losada Diéguez de Investigación e Ensaio e Pablo Carpintero foi elixido pola Unesco para formar parte do comité de doce persoas de todo o mundo, encargado de escoller as obras mestras do Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.
OS AUTORES
Pablo Carpintero Arias é etnomusicólogo, doutor en Ciencias, licenciado en Historia da Arte, artesán e instrumentista virtuoso. Percorreu Galicia para recoller información directamente dos portadores, dos músicos e dos artesáns, buscando nos arquivos, nos textos e nos cancioneiros fotografías e iconografía que o axudasen a entender o funcionamento dos instrumentos.
Membro directivo da Asociación de Gaiteiros Galegos, dirixe os grupos de recuperación de tradicións musicais galegas a Requinta de Xián e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia.
Xoán Ramón Marín Martínez é Graduado en Decoración e Delineación, cursou ademais estudos musicais e é un excelente debuxante etnográfico. Membro da xunta reitora do Museo do Pobo Galego e virtuoso instrumentista, percusionista do grupo de música antiga Resonet. Formou parte do grupo etnográfico Xaramugo.
A EDITORIAL
Difusora de Letras, Artes e Ideas, SL é unha empresa editorial galega, nacida para a creación, promoción e difusión de todo tipo de produtos culturais en calquera soporte. WEB
Lote de libros que poderás conseguir aportando 93 €:
1 exemplar do libro Os instrumentos musicais na tradición galega numerado e asinado por Pablo Carpintero;
1 exemplar do libro Laisser Faire. Os incendios en Galiza de Alba Vázquez Carpentier.
Lote de libros que poderás conseguir aportando 117 €:
1 exemplar do libro Os instrumentos musicais na tradición galega numerado e asinado por Pablo Carpintero;
1 exemplar do libro Nunca Máis. A voz da cidadanía. Tomo 1;
1 exemplar do libro Nunca Máis. A voz da cidadanía. Tomo 2;
1 exemplar do libro Fomos ficando sós o mar o barco e mais nós;
1 colección de vinte e unha postais que reproducen obras artísticas doutros tantos creadores ourensáns, motivados polo movemento Nunca Máis.
Lote de libros que poderás conseguir aportando 137 €:
1 exemplar do libro Os instrumentos musicais na tradición galega numerado e asinado por Pablo Carpintero;
1 exemplar do libro Feísmo? Destruír un país. A fin do territorio humanizado: un novo intracolonialismo;
1 exemplar de Ocultacións e inexistencias, libro con 140 fotografías reproducidas de sete fotógrafas/os que traballaron o tema do feísmo desde unha perspectiva persoal (inédito en librerías!);
1 exemplar de Feísmo ilustrado, con ilustracións acerca das desordes urbanísticas de Jacobo Fernández, Ánxeles Ferrer, Forges, Fran Jaraba, Leandro, Siro López, Xan López Domínguez, Xaquín Marín, Pinto & Chinto, Miguelanxo Prado, Miguel Robledo, Kiko da Silva, Alberto Vázquez, Óscar Villán e Xosé Lois;
1 colección de 15 láminas de 35 x 50 cm coas ilustracións do libro anterior.
AS VOSAS APORTACIÓNS SERVIRÁN
Para a edición de 300 exemplares do libro: imprimilo, retribuír aos autores e enviárvolo.
CALENDARIO
Unha vez finalizado o prazo do crowdfunding, adicaremos 7 semanas a produción editorial e no prazo de 2 semanas despois recibiredes a vosa recompensa.
2 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.
airadasletras
Ola
Son da libraría Aira das letras. Deberiades crear achegas para librarías. Eu estou disposto a mercar varios exemplares para a venda porque creo que hai mercado para eles.
Che
Bo día Pablo,
Xa compartiches o proxecto nas redes? É urxente porque os días pasan a toda velocidade.
Apertas, Che