❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Lelli Kelly's, dez anos na rúa e un LP para celebralo

10 anos facendo ruído. Novo LP, nova etapa. Arría os lereles. Non nos mires, únete.

The Lelli Kelly's

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Vigo
0%
40
días
0
Aportaciones
0€
De 3.200€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Lelli Kelly’s levamos 10 anos facendo ruído por toda Galicia . Se algunha vez estiveches aí, xa sabes de que vai. E se non, este é o momento de entrar a formar parte.

Aghora sí!! Este Verkami é a edición en vinilo do novo traballo, un proxecto co que queremos recoller esta etapa da banda e levalo ao formato físico como merece, acompañado de contido audiovisual e todo o necesario para facelo realidade.

Non é só un disco, senón unha edición dividida en dúas caras que representan dous momentos e formas de entender á banda.

“PERDÓN”, un disco con 7 temas de estudo que marcan a evolución recente do proxecto.
“FÁLAME SEMPRE”, unha segunda parte con 4 temas gravados en directo en estudo, que recollen a enerxía máis inmediata e real da banda.

Ambos conviven nun mesmo formato físico, pensado como unha peza única onde o estudo e o directo dialogan entre si e amosan distintas caras do mesmo momento creativo.

Consegue recompensas exclusivas

Nesta campaña atoparás distintas formas de apoiar o proxecto e levar contigo un pouco dos Lelli Kelly’s.

A recompensa principal é a edición en vinilo deste lanzamento, un formato físico pensado para recoller os dous traballos da banda nunha mesma peza: a gravación de estudo e a de gravación de directo en estudo.

Trátase dunha edición exclusiva desta campaña, pensada para quen queira formar parte deste momento e ter o disco nun formato coidado e limitado.

Ademais do vinilo, haberá diferentes opcións e recompensas adicionais relacionadas coa banda, pensadas para achegarte máis ao proxecto e á súa nova etapa.

Lelli Kelly’s levamos 10 anos facendo Rock'n'Roll desde o Morrazo e tocando por toda Galicia.

E isto tamén vai contigo

Os lereques destinaranse ao master final, á fabricación do vinilo e das camisetas, e á promoción necesaria para que o lanzamento saia do estudo e chegue á rúa.

É o que fai posible que todo isto se converta nun lanzamento físico, real e presente. Sen esta campaña, non pode saír adiante tal e como está pensado.

Isto só é posible coa vosa axuda.

Calendario

O pistoletazo de saída de todo será o 16 de outubro, data na que celebraremos o concerto de presentación na Sala O Adro de Cangas.

A través da campaña poderase optar tamén á entrada para ese concerto como recompensa, ademais das demais opcións dispoñibles.

Ese mesmo fin de semana marcará o inicio da entrega das recompensas: quen as reciba no concerto poderá levalas en man, e para o resto comezarán os envíos por orde de xestión.

Ese será o punto de partida de todo.

Segue todas as novidades do proxecto e da campaña en:

Instagram
Youtube
Facebook
Spotify

Iremos compartindo actualizacións do proceso, do lanzamento e do concerto de presentación a través das redes.

Isto non é só un lanzamento

É un momento que levamos tempo preparando e que agora queremos facer realidade coas persoas que estiveron aí desde o principio e coas que se vaian sumando agora.

Se isto che di algo, arría os cuartos.

Se queres estar dentro disto, xa sabes onde estamos.

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies