❗️Para poder utilizar Verkami debes hacerlo desde otro navegador. Instala o entra desde: Microsoft Edge, Chrome o Firefox. Microsoft ha dejado de actualizar el navegador Internet Explorer que estás utilizando y ha dejado de ser compatible con la mayoría de sitios web.

Armadiña Rock 2026: O teu apoio sostén o festival, o festival fai comunidade

Cultura viva, orgullo galego e ADN 100% Armadiña. Volve o festival de balde máis bravo e senlleiro no corazón das Rías Baixas.

Armadiña Rock

Un proyecto de

Categoría

Creado en

Combarro
12%
40
días
2
Aportaciones
60€
De 500€
Aporta al proyecto

Escoge tu recompensa

Apóyalo con una donación

Aporta sin recompensa
Haz una donación altruista al proyecto sin recibir ninguna recompensa a cambio:

Algúns de vós xa sabedes ben quen somos. Somos os que NON nos conformamos, os que cremos que a nosa cultura non se merca nin se vende, senón que se vive e se sinte nas rúas e nas prazas dos pobos.

O Armadiña Rock non naceu nun despacho dunha multinacional; naceu na Praza da Chousa, entre a súor e as apertas por aquel ascenso do noso antigo SCD Combarro no 2009. Naceu da ledicia de ser quen somos e de facer as cousas entre todas e para todos.

Temos a sorte de ter compartido a Praza da Chousa con xente que admiramos. Vimos medrar a bandas da casa e recibimos a grandes bandas de máis alá da nosa terra. Dende Herdeiros e Dakidarría, ata Sés, Dios Ke Te Crew, Siniestro Total, La Pegatina, Lontreira, Lisdexia, Talco, Desakato e tantos artistas máis. Cada unha desas noites fixo do Armadiña o que é hoxe.

No 2024, xa recorremos por primeira vez este camiño do Verkami xuntos e se hoxe estamos aquí argallando o 2026, é porque naquel entón non nos deixastedes sós. Non esquecemos a cada persoa que puxo o seu grao de area para que Combarro seguise soando con forza. GRAZAS de corazón.

Aquel ano puidemos acoller a milleiros de asistentes de todas as idades que gozaron durante os tres días de festival, de todo tipo de actividades e de artistas de diferentes xéneros musicais.

Manter a gratuidade dun festival organizado por veciñas e veciños é un reto constante...

No 2025 decidimos, con mágoa, facer un parón polo escaso apoio das nosas institucións e polas diversas dificultades que nos puxeron por diante. Este silencio deunos a forza para volver, neste 2026, para dar o mellor da nosa terra.

Os nosos obxectivos sempre foron moi claros: ser o altofalante da música galega e compartir o talento das bandas coa nosa veciñanza e con quen nos visita. Facémolo porque cremos no poder da música para facer comunidade.

A nosa teima non remata aquí. Seguimos a loitar para:

  • Consolidar o Armadiña Rock como festival de balde de referencia no circuíto galego de festivais.

  • Dar a coñecer bandas emerxentes de Galicia.

  • Difundir a música en galego.

  • Interconectar diferentes xeracións a través da música.

  • Dar cabida a todos os sectores do noso municipio: hostaleria, marítimo-pesqueiro, agrícola, pequeno comercio e artesanía dende a convivencia e o goce coa música como fío condutor.

  • Concertos nocturnos, na Praza da Chousa.

  • Sesións vermú e de tardeo na Praza da Rualeira do recinto histórico-artístico.

  • Pasarrúas por distintas localizacións de Combarro.

  • Acompañamento de música tradicional da man de agrupacións da contorna.

Máis aló da música...

  • Concurso de decoración mariñeira de balcóns, no que participan activamente as nosas veciñas.

  • Saída de Embarcacións Tradicionais (en colaboración co Clube Mariño A Reiboa).

  • Actividades e obradoiros para todos os públicos.

  • Acampada de balde na Seca, lugar da Reiboa para os asistentes que así o desexen. A 10 minutos a pé do festival.

Este ano, a imaxe do Armadiña Rock 2026 non nace só para facer ruido, senón para dar voz a quen traballa o noso mar. O noso berberecho rockeiro é unha homenaxe a todas as mariscadoras e mariscadores que, día tras día, baten o lombo no noso litoral.

Por iso, este berberecho no só toca a guitarra; ruxe por unha ría viva, produtiva e con futuro. Porque sen o mar que nos rodea, o Armadiña non sería o que é.

Este verán, levade con orgullo o símbolo da nosa resistencia. Pola nosa ría e por quen a mantén en pé!!!

Recordade esta información importante para gozar con xeito do Armadiña Rock 2026:

  • CANDO? o 3, 4 e 5 de XULLO

  • ONDE? en COMBARRO

  • PREZO DA ACAMPADA? de BALDE

  • PREZO DAS ENTRADAS? de BALDE

  • BANDAS? Aínda estamos por desvelar as primeiras confirmacións. Shhh!!!

Ficade atentos as nosas RRSS!! Estamos a argallar cousiñas ben riquiñas!

O Armadiña non é só un evento do verán. Cada euro que xuntamos no Armadiña Rock ten un destino social e cultural para a nosa veciñanza os 365 días do ano.

O festival é o motor que nos permite manter viva a chama o resto do ano:

  • O Fogar Armadiña: así se chama o noso local social. Unha casa aberta à cultura, onde a veciñanza se xunta para crear, aprender e compartir inquedanzas.

  • O ciclo Mus.co: Un compromiso coa nosa memoria. Un proxecto que vai máis alá das paredes dun museo, con obradoiros e saídas culturais, traballamos para que o noso patrimonio sexa recoñecido e respetado poñendo en valor os oficios tradicionais do campo e do mar.

  • Os vermús literarios: porque a cultura tamén se degusta a modiño, entre libros e conversas.

  • As nosas tradicións: grazas ó pulo das nosas veciñas e veciños, recuperamos a nosa tradicional Romaría na Renda. Asimesmo, organizamos de xeito semanal obradoiros de música tradicional e mantemos a nosas festas identitarias como o Samaín, os Maios, o Entroido...

Este ano lanzamos este Verkami con moita humildade e unha pequena dose de incerteza: cun obxectivo de 500 € e achegas baseadas na xenerosidade pura, sen nada material a cambio. Porén, como queremos ser agradecidos, aqueles mecenas que se acheguen a Combarro durante os días do festival (do 3 ao 5 de xullo), previa identificación no noso stand de Merchandising, se lles fará entrega dun pequeno agasallo polo seu apoio. Tede en conta que, ao non realizar envíos, as entregas serán SÓ EN MAN, durante os días do festival e no horario de apertura do stand.

Non sabemos como ides responder ante unha campaña de recompensas simbólicas, pero queremos apostar polo valor do voso compromiso e polo orgullo de poder dicir: 'eu axudei a que isto fose posible.

  • Se chegamos aos 500 €: axudaredes a cubrir gastos vitais de produción.

  • Se superamos a cifra: todo o que veña a maiores será un impulso directo para o festival e un chute de enerxía para o equipo de voluntarios que lle adicamos tanto tempo e agarimo a este proxecto.

Pase o que pase, hai Armadiña para un bo anaco... Se non chegamos á meta nesta ocasión, simplemente colleremos pulo para volver con máis forza e seguir facendo historia xuntos.

Como de ben nacidos é ser agradecidos, aínda que non enviemos paquetes físicos, argallamos varias formas de agradecer de corazón a vosa colaboración:

  • MECENAS BERBERCHIÑO: Achegas de 10 €

    • O nome do mecenas brillará nas nosas redes sociais. Queremos que todo o mundo saiba que forma parte disto!
    • Vés ao festi?? AVÍSANOS!! Tras identificarte no stand de Merchandising, recibirás un agasallo polo teu apoio! Non se fan envíos (Entregas SÓ EN MAN do 3 ao 5 de xullo, no horario do stand).

(Pediremos o consentimento antes de publicar nada).

  • MECENAS BERBERECHO DE COLLEITA: Achegas de 20€

    • O nome do mecenas brillará nas nosas redes sociais. Queremos que todo o mundo saiba que forma parte disto!
    • Achegaráse no e-mail o cartaz oficial en alta resolución para que o garde de recordo, xunto cunha carta especial dende o corazón do equipo do Armadiña.
    • Vés ao festi?? AVÍSANOS!! Tras identificarte no stand de Merchandising, recibirás un agasallo polo teu apoio! Non se fan envíos (Entregas SÓ EN MAN do 3 ao 5 de xullo, no horario do stand).

(Pediremos o consentimento antes de publicar nada)

  • MECENAS BERBERECHASO: Achegas de 30€

    • O nome do mecenas brillará nas nosas redes sociais. Queremos que todo o mundo saiba que forma parte disto!
    • Achegaráse no e-mail o cartaz oficial en alta resolución para que o garde de recordo, xunto cunha carta especial dende o corazón do equipo do Armadiña.
    • O salto ao escenario! O nome do mecenas proxectarase nas pantallas do festival xunto ao resto dos grandes mecenas. Unha homenaxe á altura da vosa xenerosidade.
    • Vés ao festi?? AVÍSANOS!! Tras identificarte no stand de Merchandising, recibirás un agasallo polo teu apoio! Non se fan envíos (Entregas SÓ EN MAN do 3 ao 5 de xullo, no horario do stand).

(Pediremos o consentimento antes de publicar nada).

  • MECENAS BERBERECHO DE OURO: Achegas de 50€

    • O nome do mecenas brillará nas nosas redes sociais. Queremos que todo o mundo saiba que forma parte disto!
    • Achegaráse no e-mail o cartaz oficial en alta resolución para que o garde de recordo, xunto cunha carta especial dende o corazón do equipo do Armadiña.
    • O salto ao escenario! O nome do mecenas proxectarase nas pantallas do festival xunto ao resto dos grandes mecenas. Unha homenaxe á altura da vosa xenerosidade.
    • Será o protagonista do día cunha Story individual de agradecemento. Presumiremos de mecenas con todo o orgullo!
    • Vés ao festi?? AVÍSANOS!! Tras identificarte no stand de Merchandising, recibirás un agasallo polo teu apoio! Non se fan envíos (Entregas SÓ EN MAN do 3 ao 5 de xullo, no horario do stand).

(Pediremos o consentimento antes de publicar nada).

  • ACHEGAS SEN RECOMPENSAS: Para os que prefiren os berberechos ao natural. Unha modalidade sen recompensas nin voltas, pensada para quen simplemente quere que a cultura non pare. Achega o que queiras: o importe é libre, coma o mar.

Podedes seguir o noso proxecto a través das nosas redes sociais:

Preguntas frecuentes

Aún no hay ninguna publicada.

¿Tienes alguna otra duda o pregunta?

Pregunta al autor/a

0 comentarios

Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.

Utilizamos cookies propias esenciales para poder ofrecer nuestro servicio y de terceros para poder conocer el uso de la página. Política de cookies