Follas de herba, a obra canónica do autor estadounidense Walt Whitman, chega ao galego da man de Alejandro Tobar –creador de Hugin e Munin – e Ignacio Chao –coordinador en Edelvives– baixo o selo Boulevar Libraría Edicións.
Farao na derradeira das súas edicións (a chamada do leito de morte (1891-92)), nunha luxosa edición bilingüe de tapa dura. Acompáñasnos para que este proxecto sexa unha realidade?
A que dedicaremos o voso apoio?
Con calquera das vosas colaboracións, estaredes facilitando que este libro se comercialice a un prezo moi competitivo e ao alcance de calquera peto.
A vosa axuda servirá para cubrir custos de imprenta, tradución, maquetaxe e corrección, permitindo que publiquemos unha obra de 1000 páxinas por tan só 19,95€.
Ademais, no caso de superar a contía, confeccionaremos tamén materiais didácticos para os centros de ensino e universidades do país ao redor desta obra.
O voso apoio ten tamén unhas recompensas a prezo de ganga!
Neste 2025 tiraremos do prelo obras como a do primeiro gañador do prestixioso Goncourt ou de Thoreau, unha voz referencial que inspirou politicamente durante décadas!
Faite con Follas de herba, unha fermosa tote bag e outras obras en galego a moi bo prezo mentres apoias un proxecto de fondo de armario, un clásico na nosa lingua.
Quen somos
Boulevar Libraría Edicións naceu no 2025 en Bueu, tendo como primeira publicación Inventaria, unha poesía reunida da poeta Emma Pedreira, voz referente da xeración dos 90.
Hoxe traballamos xa desde Santiago de Compostela e Bueu para verquer 5 obras ao galego, mentres publicamos outras obras que encaixan coa nosa personalidade desenfadada en galego.
Calendario
22 de febreiro de 2026: Inicio da campaña. Estará dispoñible até finais de marzo.
Ano 2026 e primeiro trimestre do 2027: tradución da obra a man de Alejandro Tobar e Ignacio Chao.
Agosto de 2027: Publicación do libro e entrega de todas as recompensas.
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.