Quenes somos:
Segundo cortometraxe da triloxía que estamos gravando en Cee e Corcubión. Despois de gravar "O que tiras ao mar", precisamos da túa axuda para gravar a continuación: "A maleta de Eva". Continuamos a primeira historia cos mesmos actores e nas mesmas localizacións, incluíndo Lires e Corcubión.
Como sabedes traballamos con actores amateurs e algún actor profesional coma Isabel Vallejo e Toño Casais. No equipo técnico temos só profesionais e queremos engadir a un cámara e iluminador de Corcubión o equipo, Rober. Ademáis de a unha estudiante de comunicación audiovisual de Cee, María Lijó, como script e axudante de producción. Temos moitas ganas de continuar contando a historia de Lois, protagonizada por Serxio Domínguez, e mostrar novas localizacións da ría de Cee e Corcubión.
A que se vai dedicar a vosa aportación:
O recaudado a través deste micromecenazgo irá destinado a pagar os técnicos que son os que fan posible esta maxia do cine. Tamén para gastos de dietas e transporte. Ademáis parte do que aportedes irá para a distribución da película para que poda chegar os festivales.
Calendario previsto:
No noso calendario contamos con gravar a mediados de agosto e estrear a mediados de setembro do 2021.
O formar equipo e traballar xuntos fai que podamos apretar o acelerador e cada volta afinemos máis. Encontrémonos no camiño, participa con nos, faite parte do noso EQUIPO!!!
0 comentarios
Si ya eres mecenas, Inicia sesión para comentar.