❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Arre demo cos 27!

Curtametraxe na que se conta a historia de Antón, un músico de rock obsesionado coa idea de formar parte do club dos 27. O tempo esgótase, nuns días cumprirá 28. Un revés precipitará os acontecementos.

Xacobe Barxa

A project of

Category

Created in

0
seconds
21
Pledges
485€
From 400€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Arre demo cos 27! é unha curtametraxe na que se conta a historia de Antón, un músico de rock obsesionado coa idea de formar parte do club dos 27. O tempo esgótase, nuns días cumprirá 28. Un revés precipitará os acontecementos.

Trátase dun proxecto audiovisual, concretamente unha curtametraxe, cunha duración de entre 10-15 minutos. Somos uns namorados da música, así que a nosa curta non podía ter outro argumento.

Gústannos especialmente as curtas porque a mensaxe que se transmite é breve pero potente. Defendemos a curta como un medio expresivo fundamental. E nós imos utilizalo para: contar unha historia cun final que nos fará pensar nas consecuencias das decisións que se toman na vida, concretamente a decisión dunha estrela do rock un pelín prepotente (por non dicir MOI prepotente).

QUIÉNES SOMOS

Somos un grupo de mozos, algúns/ás estudantes con moitas ganas e outros/ás profesionais do sector que mostraron o seu interese no proxecto. En total, unhas 15 persoas con moita ilusión e dispostos/ás a poñer todo da nosa parte. Un grupo moi heteroxéneo no que non faltan os creativos pero tamén os analíticos (que xa nos decatamos que os dous tipos de personalidades son moi importantes á hora de producir unha curta!)

POR QUE ESTA CAMPAÑA DE CROWDFUNDING

Que por que facemos esta campaña de crowdfunding, pois porque non temos un duro!! E gustaríanos realizar o proxecto pola nosa conta, con liberdade á hora de crear e traballar.

Cremos en nós mesmos, sabemos que podemos facelo e non queremos que nos free a falta de pelas.

Por iso pedimos a colaboración de todos/ás aqueles/ás mecenas aos que lles guste a música, as historias truculentas arredor da música ou simplemente para todos/ás os/ás amantes da creación de boas historias a través do medio audiovisual.

A QUE DESTINAREMOS AS VOSAS APORTACIÓNS

Todas as vosas achegas serán destinadas a cubrir gastos de persoal:

-Comidas do equipo artístico e técnico.

-Desprazamentos

-Compra de atrezzo, vestiario e decoración para o curto.

CALENDARIO PREVISTO

Preproducción:

Dende o 1 de abril estamos a traballar exhaustivamente na curtametraxe. O noso equipo de produción está a preparar todo o necesario para cumprir as datas previstas e leva un bo ritmo. Dispoñemos do tempo e os medios necesarios para que, "Arre demo cos 27! ", convértase nunha curtametraxe atractiva e de calidade.

Producción:

As datas para a rodaxe serán o 17, 20 e 21 de maio, en Vigo.

Postproducción:

A principios de xuño comezaremos a posproducción de vídeo e audio. E finalizará a mediados de xuño.

As recompensas aos nosos mecenas entregaranse antes de que finalice o mes de xuño.

MÁIS INFORMACIÓN
facebook.com/arredemocos27
@Arredemocos27

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#02 / Día 2 e 3 de rodaxe!

Boas xente!

Aquí déixovos máis fotos dos días 2 e 3 de rodaxe!

Así vos podemos demostrar que isto colle forma!

A semana que vén esperamos seguir rodando, e en xuño seguiremos traballando intensivamente para ter todo listo canto antes!

Un saúdo e graciñas,!

Alicia preparando o noso travelling caseiro

Un dos sets para rodaxe

O cuarto do material técnico

Os nosos protagonistas Roque e Antón

Instruindo para rodar unha secuencia

Os actores repasando a súa actuación

#01 / Primer día de rodaxe!

Bos días!!

Aquí vos deixo tres fotiños do primeiro día de rodaxe, en breves chegarán máis!

Hoxe pola tarde temos o segundo día, e seguiremos informando!

Moitísimas grazas os mecenas, que en 8 días xa temos un bo anaco do total!!

Unha perta!

!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy