❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Clave de Fado convídavos a formar parte do seu primeiro disco, "Xanelas".

Clave de Fado lanzará o seu primeiro disco, Xanelas. Precisamos recadar fondos para poder realizalo e cremos que a mellor forma é a través do micromecenazgo. Deste xeito facémosvos partícipes do proxecto e podemos recompensar e agradecer voso apoio mediante recompensas exclusivas.

IRIA ESTÉVEZ

A project of

Category

Created in

0
seconds
185
Pledges
5.690€
From 5.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

CONSEGUÍMOLO!! GRACIAS!!

CHEGAMOS AO OBXECTIVO PRINCIPAL!!!!! Finalmente abrimos as “XANELAS” !!!!

GRRRRRRRRAAAAAAAAAAACIIIIIIIIAAAAAAASSSSSS, querid@s Clavefadist@s!!!!!!
É emocionante ver que un proxecto destas características recibe o apoio de amigos e seguidores que cren nel e queren formar parte… Unha experiencia moi gratificante e moi reveladora!

Benvid@s!

Agora continuamos…. Quedan 4 días de campaña…o que consigamos a partires de agora ata o fin da campaña, destinarémolo a pagar o deseño e imaxe do CD (sesión de fotos, deseño gráfico, ampliaremos o libreto incluíndo información extra, etc), pois queremos ofrecervos unha pequena obra de arte para ver e escoitar e á promoción do evento da presentación oficial do disco, que terá lugar o 26 de xuño no Salón Rexio do Círculo das Artes De Lugo.

Agardámosvos!

Rapaces de Clave de Fado, en qué andades metidos exactamente?

Ola clavefadistas!

Moit@s de vós xa nos coñecedes, pero para os que non sexa así, poderedes saber algo máis sobre nós, pinchando nos links que mostramos a continuación:
Páxina web de Clave de Fado
Facebook de Clave de Fado
Videos youtube de Clave de Fado

Agora que xa sabedes un pouquiño máis sobre o noso grupo, CLAVE DE FADO, podemos contarvos cal é proxecto no que estamos a traballar.

Estamos comezando a nosa primeira gran aventura xuntos e sabemos que teremos que traballar duro… Necesitamos recadar fondos para a gravación, masterización e edición do noso primeiro disco Xanelas.

Clave de Fado naceu fai algún tempo, como un proxecto pequeniño que, con moito traballo e esforzo, o voso cariño, apoio e ánimo, foi medrando ata onde nós nunca imaxinamos!

Por isto pensamos que a mellor maneira de facer que o disco vexa a luz, é facéndovos partícipes directamente a través do micromecenazgo. Isto permitiranos estar en contacto directo con vós, agradecer e recompensa-lo voso apoio. Ademais será unha oportunidade única para facer que siga crecendo este proxecto coas vosas enerxías postas nel! Será toda unha experiencia.

Sabemos que é arriscado,pero, sempre teremos a ilusión de formar parte dunha vivencia única na vida e compartida convosco. Así que GRACIAS de antemán y estades todos convidados a abrir as XANELASpara gozar da música de*CLAVE DE FADO*!

Benvid@s!

O que contades é moi interesante. Pero quero saber... se conseguimos entre tod@s chegar aos 5000€, en qué serán invertidos exactamente e cando remataredes o proxecto?

Comezamos a gravar o 10 de marzo do 2014 nos estudos Mandeo Records. Escollimos a Mandeo Records pola confianza que nos deron, as facilidades e comodidades que nos ofrecen para gravar este disco sen presión pero con fluidez. Coñecemos o traballo destes profesionais do audiovisual e sabemos que o resultado será excelente.

Será un proceso intenso e relativamente longo, pois contamos con varias colaboracións (que de momento no podemos desvelar...queremos sorprendervos) e necesitaremos tempo para gravar con calma, pero sen pausa, para poder asegurar la mellor calidade. Por iso o final da gravación marcouse para o 15 de maio do 2014.

A partires disto, pasaremos a realizar as mesturas e la masterización no estudio Son Natural de Santiago de Compostela, porque queremos contar cos mellores equipos e profesionais. Sabemos que este proceso é tan importante como o anterior e confiamos no equipo de Son Natural pola ampla experiencia neste tipo de traballos.

A masterización finalizará o 20 de maio (aprox).

Posteriormente enviaremos o resultado a fábrica e teriamos as 1000 copias do Cd o primeiro de xuño (aprox).

E cando xa recibamos nosos (vosos) esperados Cd´s, coa súa fermosa portada, as cancións e todo o cariño que conterán, poderemos comezar a facervos entrega das vosas merecidas recompensas! E seremos absolutamente felices por ter acadado este soño coa vosa axuda!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

8 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • IRIA ESTÉVEZ

    IRIA ESTÉVEZ
    Author

    almost 10 years

    Moitísimas gracias!! Foi por tod@s vós!

  • Alex

    Alex

    almost 10 years

    Enhorabuena por conseguir el objetivo !! Muchos éxitos!!

  • IRIA ESTÉVEZ

    IRIA ESTÉVEZ
    Author

    almost 10 years

    Hola Pilar! los cobros los harán efectivos en cuanto acabe la campaña (20 de mayo), es decir, tú escoges la recompensa y en cuanto acabe la campaña, Verkami ordena los cobros a cada mecenas.

    El disco de las nanas es una recompensa que preparamos exclusivamente para esta campaña. Se trata de un trabajo menos costoso, en cuanto a la preparación implicación de personal, tiempo y equipo técnico, por lo que incluimos el coste dentro de los costes totales de las recompensas que os entregaremos.

    Espero haber contestado a tu pregunta! ;)

    Muchísimas gracias!

  • pilar juega

    pilar juega

    almost 10 years

    ¿Como nos informais de cuando hay que pagar ?y otra cosa ,el disco de las Nanas es otro proyecto ??no veo el tema de la financiacion.Besos

  • IRIA ESTÉVEZ

    IRIA ESTÉVEZ
    Author

    about 10 years

    Ola, Juanjo! A descarga do disco Xanelas (para o cal facemos esta campaña) corresponde á recompensa de 10€, o disco das nanas é unha recompensa, e só estará dispoñible en formato físico. Espero contestar á túa pregunta! Gracias e biquiños!

  • Juanjo

    Juanjo

    about 10 years

    Está incluida a descarga dixital de Xanelas e de Nanas (se procede) a parte dos discos físicos? Forza Clave de Fado!

  • IRIA ESTÉVEZ

    IRIA ESTÉVEZ
    Author

    about 10 years

    Efectivamente, querido José Lino, as xanelas son un símbolo moi amplo, neste caso ten moito que ver co que comentas e tamén vai máis alá;as xanelas de cada un cando son abertas e todo muda...

    Moitas gracias, Jose! Apertas!

  • josé Lino

    josé Lino

    about 10 years

    porque estiuveram tanto tempo fechadas as janelas do convivio dos dois povos?... parabéns ,pela ousadia e o bom trabalho...

#06 / Colaboracións!

Temos o privilexio de contar con colaboracións de luxo:

Uxía Senlle no estudio, despois de gravar as súas voces. Unha profesional das que aprender moito!

O Sapoconcho fixo unha suxerencia e... uf, cómo quedou o tema. Desexando amosárvolo.

As percusións corren a cargo de David Outomuro, percusionista de longa e exitosa traxectoria, un músico con gran gusto.

E todavía hai máis...

#02 / Lembrando a rodaxe do video de campaña

Esta foto pertence ao día no que rodamos o videoclip de promo da campaña de crowdfunding.

Estamos todo o equipo de rodaxe (de esquerda a dereita): Gonzo Piña, Iria Estévez, Dani, Pepe, Zeus e diante a nosa protagonista Eli

Dani e Zeus, do estudio Mandeo records, ofrecéronse a facer o video desinteresadamente para apoiarnos na campaña, porque cren no proxecto e no éxito do noso disco, Xanelas.

Despois dunha semana preparando todo o preciso, buscando ideas para o video, pensando atrezzo, localizacións, medios audiovisuais, textos, etc. (todo un proceso de creación e creatividade, un gran reto) Conseguimos definir o que sería o video de campaña.

Despois de moito buscar e asegurarnos de que non chovera, decidimos roda-lo video na fermosísima vila mariñeira de Combarro, en Pontevedra. Falamos cos responsables da Casa rural Noelmar para poder gravar as escenas de interior na súa fermosa casa e dende o primeiro momento colaboraron con nós para que todo saíse ben.

read more

#01 / CLAVE DE FADO NO TELEXORNAL

Ola queridísimos CLAVEFADISTAS!

Hoxe emitiron parte do video da campaña no telexornal de TVG. Para ver o podcast do programa onde se emitiu, podedes clicar co enlace de abaixo:

CLAVE DE FADO NO TELEXORNAL

Buscade o telexornal do 13/04/2014, e ide ao final do video para ver a nosa promo.

Imos a un bo ritmo na campaña.

Seguimos!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy