❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Festival Sons do Coto

Un crowdfunding para levar adiante o proxecto dun novo Festival na Terra de Montes (Cerdedo). Concertos, artesanía, actividades de lecer e na natureza, acampada libre... toda unha novidade na Terra de Montes!

Festival Sons do Coto

A project of

Category

Created in

0
seconds
28
Pledges
2.005€
From 2.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

Estamos a organizar un festival con concertos, actividades na natureza, zona de acampada, postos de artesanía, actividades infantís e xogos tradicionais. Todo isto nun terreo no concello de Cerdedo, en Pontevedra, do 23 ao 25 de maio de 2014. (Podes consultar o programa completo na web do festival: www.sonsdocoto.org).

Temos confirmada a asistencia de, entre outros: Champurrada, The Grave Dolls, The Trunks, French Connection Quartet, Charanga (Portugal), A Máquina de Meter Medo, Primordiais... Ao fondo tedes algunhas ligazóns aos perfis dalguns dos grupos que sonarán no festival.

Tamén a música tradicional estará presente: a xornada do domingo será integramente para o desfrute da nosa música, cos pandereteiros de O Tear de Llerena, as Rexubeiras (da A.C. Trépia) e as Pandereteiras do Suído. E como non podía ser doutro xeito nunha terra de músicos como a Terra de Montes, remataremos o festival cun serán (micro aberto) para todos aqueles grupos que queiran participar e botarmos uns bailes "ao xeito".

POR QUE O FACEMOS?

A idea de Sons do Coto nace da necesidade –por unha banda- de dar novos usos ao recinto; e por outra, de ofrecer alternativas de lecer e actividades a unha comarca moi castigada nos últimos anos pola despoboación e a falta de iniciativas deste tipo que fai que a cada vez máis escasa mocidade opte por desprazar-se a outros núcleos de poboación máis ou menos cercanos...

O leitmotiv do festival pasa pola defensa do médio ambiente e o entorno natural (charlas informativas, conferéncias, roteiros de sendeirismo...), a reivindicación da cultura tradicional da zona (música tradicional, visitas ao património arquitectónico, artesanía, etc...) e a oferta de música ao vivo (con grupos noveis e veteranos de diferentes estilos).

POR QUE PRECISAMOS A TUA AXUDA?

Ao ser unha experiencia piloto, xa que nunca antes se organizara un festival deste tipo na zona, os fondos dos que dispón a asociación Sons do Coto pra leva-lo adiante só alcanzan a día de hoxe pra cubrir unha parte mínima dos gastos.

Precisamos das vosas aportacións para a instalación do xenerador eléctrico para os concertos e poder aumentar -na medida do posible- as aportacións económicas aos grupos e colectivos participantes. Inda que todos eles se prestaron de bó grao a participar no festival, somos conscientes de que como mínimo deberiamos tentar cubrir os seus gastos de mantenza, desprazamento e equipo.

CALENDARIO

O calendario de produción está en marcha desde xaneiro de 2014 (contacto con colectivos e grupos participantes e con entidades e concellos da zona).

Desde febreiro mantemos reunións con representacións do Concello de Cerdedo, que xa teñen confirmado a súa colaboración co festival.

Inda así, Cerdedo é un pequeno concello que non dispón de un grande orzamento para a cultura. É por iso que a 5 de maio precisariamos ter acadado/confirmado o orzamento proposto.

As recompensas poderán ser entregadas nas propias datas do festival, "in situ" se os mecenas asisten; ou por servizo de mensaxería se non é así; xa que as recompensas consistirán en entradas para o festival xunto con stock xa existente de camisolas e publicacións en CD e libro-CD previamente creadas pola asociación.

[Soundcloud item unavailable]

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#06 / MIL GRAZAS A TODOS!

Coa vosa axuda conseguimos acadar o obxectivo de financiamento do festival. Doutro xeito tería sido moi difícil levar a bon porto esta iniciativa; asi que

MIL GRAZAS A TOD@S!!

Vemo-nos en Sons do Coto, do 23 ao 25 de Maio!

#05 / Novidades concertos

Imos contar tamén cos pontevedreses Champurrada, na noite do venres 23 de Maio no festival Sons do Coto.

Cada vez máis grupos e colectivos van facendo as súas achegas participando no festival. Mil grazas a todos!

#04 / Colectivos colaboradores


Asociación Agrocultural Toma de Terra

Estes rapaces instalarán o seu stand-carpa para ofrecernos mostras do seu variado traballo: desde degustación de cervexa artesana ata cata de tés, conservas artesanais, charlas e coloquios... Non o perdades!


Asociación Seiva de Conservación Ambiental

Seiva é unha plataforma sen ánimo de lucro que traballa para o fomento da ecoloxía e a educación ambiental. A asociación deseña e asesora proxectos de acción pro-ambiental entre individuos e grupos sociais que teñen por fin a fertilidade da paisaxe, a multiplicación dos recursos naturais e o aumento da calidade de vida das persoas. Dito douto xeito, a recuperación do rural galego mediante actividades sostibles: agricultura e permacultura, roteiros patrimoniais, ordenación forestal, etc.

Contaremos con eles para que nos falen da súa experiencia como colectivo e dende… read more

#03 / Artesanía en Sons do Coto

Velaqui un video de Obradoiro Hedra Ourives, que estarán connosco no festival de Sons do Coto. Iremos-vos achegando máis videos e promos nos vindeiros días:

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy