❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Unha mirada subxectiva do cotián

Exposición de 30 obras de fotografía de rúa ou "street photography". A intención é facela itinerante por Galiza e norte de Portugal.

Alberte A. Pereira

A project of

Created in

0
seconds
47
Pledges
1.515€
From 1.400€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

OBXECTIVO INICIAL CONSEGUIDO!

Conseguido o obxectivo inicial grazas ao voso apoio. En breve empezarei coa producción, impresión e enmarcado.

Aínda faltan días para que remate o prazo de publicación en Verkami, polo que vamos ver se conseguimos aumentar a recadación aos 1600 euros, e así, en vez das 30 fotos previstas, chegamos ás 35.

E para premiar o voso compromiso, dos actuais e dos novos mecenas, de acadar o novo obxectivo, recibiredes, ademais do xa anunciado, un libro dixital en formato pdf, gravado nun CD coas fotos da exposición!

En breve dareivos xa data, lugar e hora da inauguración.

Moitísimas grazas e... continuamos!

As rúas das nosas aldeas, vilas ou cidades, son inmensos escenarios do teatro da vida. Cada día, as persoas na súa andaina vital, escenifican múltiples actos que normalmente nos pasan desapercibidos. Se por un momento nos paramos e observamos, veremos cantidade de situacións cotiás dignas de plasmar e documentar.

As imaxes deste proxecto/exposición foron tomadas en vilas e cidades de Galiza, Portugal, República Checa, Alemaña e Hungría durante os últimos dous anos.

QUE PIDO?

A túa colaboración económica para financiar este proxecto. Tentei reducir os gastos ao máximo, mais para conseguir unha impresión cun mínimo de calidade, enmarcado en passepartout e marco de aluminio, custa cartos. A cantidade necesaria para financiar a exposición é de 1400 euros. O ideal sería máis, pero con esta cantidade poderei levar a bo porto a miña idea.

Todo o que se consiga a máis, repercutirá directamente nunha mellor presentación das obras, na impresión de máis obras e nunha mellor e maior difusión pública do evento. O orzamento óptimo ascendería a 2000 €.

Se tes dúbidas de como colaborar visita a FAQ de Verkami.

Se tes problemas para realizar a túa achega a través deste método, ponte en contacto comigo a través dunha mensaxe, e arranxamos o xeito de facelo.

A QUE DESTINAREI AS VOSAS ACHEGAS

  • Impresión das 30 fotografías en tamaños 30x40, 40x60 e 50x75 en papel fotográfico de alta calidade, Cansas Photo Satín Premiun RC 270 gr, montado sobre passepartout e marco de aluminio negro.

  • Realización e impresión das recompensas.

  • Adecuación da sala de exposicións, música, iluminación, etc.

  • Soportes publicitarios, folletos, carteis e papelería en xeral.

  • Convites e ágape para o día da inauguración.

CALENDARIO

A idea é ter todo listo para abril ou como moi tarde a principios de maio.

ENTREGA DE RECOMPENSAS

As recompensas entregaranse unha parte, no mesmo acto de inauguración. O resto durante un periodo de tempo posterior, pois teredes que escoller parte das vosas recompensas na propia exposición, vendo as obras.

MÁIS INFORMACIÓN
flickr.com/photos/bertorosal
facebook.com/alonsopereira
@albertealpe
www.alberteapereira.com

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

6 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Alberte A. Pereira

    Alberte A. Pereira
    Author

    about 10 years

    Ola, Fernando.

    Pois a idea é facer itinerante a exposición, na medida en que consiga onde colgala.

    Agora mesmo teño seguro O Rosal, Carballiño e Chantada.

    Estou vendo no norte de Portugal, resto de concellos do Baixo Miño, Vigo, Monforte...

    A Coruña non teño ningún contacto nin sei onde poder levala, e si ma aceptarían. Se tes algún contacto ou me podes dar algunha idea, encantado.

    Grazas polo teu interese no proxecto.

    Saúdos!

  • Esetoscano

    Esetoscano

    about 10 years

    Hola Alberte !. Interésame moito o teu proxecto e desexo que chegue a bó porto. Xá verei o xeito de colaborar. Mais, agora, te pregunto si tedes idea dos lugares a percorrer na " viaxen " ? Eu vivo ná Coruña...Moita sorte !!!

  • Alberte A. Pereira

    Alberte A. Pereira
    Author

    about 10 years

    Olá, grazas polos teus desexos, estou seguro que sairá, pois o ritmo é moi bon.

    A inauguración vai ser pública. O convite fareino por correo a todos e cada un dos mecenas. Obviamente, podes traer contigo a quen queiras.

    Moitas grazas e un saúdo.

  • Tuzaro_GZ

    Tuzaro_GZ

    about 10 years

    Boas, espero que saque adiante este proxecto. Teño unha dúbida, o convite a inaguración é pra unha persoa ou pode ser pra duas?

  • Alberte A. Pereira

    Alberte A. Pereira
    Author

    about 10 years

    Ola Montserrat,

    A data fixa aínda non a sei, pero a idea é que sexa en abril, na semana anterior a semana santa. O lugar, espero poder facelo no Rosal e senón, en algún dos concellos do Baixo Miño.

    As fotografías claro que se poden escoller, tanto as que se darán en formato papel como nas que se ofrecen descontos polacompra ou de regalo das expostas, e enmarcadas sobre passepartout e marco de aluminio negro.

    Moitas grazas a ti por interesarte polo proxecto.

    Un saúdo.

  • Montserrat

    Montserrat

    about 10 years

    Hola Alberte, sabes a data e o lugar da inauguración? Nas recompensas que inclúen fotografías pódense escoller as fotografías? grazas e moita sorte!!!

#08 / Comeza a producción da exposición!

O próximo sábado remata a publicación do proxecto en Verkami, co obxectivo xa conseguido.

Xa teño todo o material preparado para empezar coa producción. Mañá levo as fotos a imprimir. Para a semana, a enmarcar.

En breve anunciarei día, hora e local da inauguración. Todo en marcha!

Unha vez máis, moitas grazas.

#07 / Obxectivo incial practicamente cumprido

O obxectivo inicial de acadar os 1400 euros, está practicamente cumprido grazas ao voso apoio. É por iso que vos quero agradecer o voso compromiso con este proxecto que, xa podo dicir, é unha realidade.

Faltan aínda 16 días para que remate o prazo de publicación en Verkami, polo que vamos ver se conseguimos aumentar a recadación aos 1600 euros, e así, en vez das 30 fotos previstas, chegamos as 35. Material para colgar teño abondo!!

En breve dareivos xa data, lugar e hora da inauguración.

Moitísimas grazas e ... continuamos!

#06 / Xa non falta nada

Quedan 19 días para rematar a publicación, pero xa non falta casi nada para acadar obxectivo. Un pequeno empurrón final e estará conseguido.

Moitas grazas polo apoio!

#05 / Apenas dúas semanas publicado, xa levamos o 79%

Aínda faltan 27 días para o remate da publicación e o obxectivo xa está case conseguido.

Como xa explico no propio texto do proxecto, de acadar máis da cantidade proposta para levar adiante este proxecto, investirei eses cartos en mellorar a presentación e a difusión, mais tamén, en engadir máis obras e, se é posible, en vez de 30 montar 35 fotografías.

Así que vamos seguir adiante sen presa pero sen pausa.

E moitas grazas a todas as persoas que dun xeito ou doutro, xa colaboráchedes.

Saúdos.

#04 / 57 por cento acadado en 7 días

Nin nas mellores previsións pensei que a estas alturas xa tería acadado o 57% do obxectivo. Moitas grazas a todos e todas que xa fixéchedes unha achega!

Agora seguimos adiante, por que de seguir así, o proxecto resultado final mellorará seguro. Con máis fotos e cunha mellor presentación. Se cadra, tamén coas recompensas ;)

Vamos lá!

#03 / Bo ritmo...e aclaracións

Ben, dificil imaxinar que xa levaria comprometido o 40% a estas alturas. Así que agradecer as vosas achegas e o voso compromiso co proxecto.

Aclaracións

Como me teñen preguntado por outras vías, ademais de nesta mesma páxina, se se poden escoller as fotos de regalo dos mecenas, pois claro que si, faltaría máis.

En todo caso, sempre serán no tamaño estipulado segundo a achega feita. E dicir, se alguén achega 25 euros, a recompensa da foto, será en papel fotográfico e sen marco, tamaño 30x40, ainda que a foto esollida este na expo en tamaño 40x60 ou 50x75.

No caso dos descontos pola compra dunha foto exposta, será, obviamente, a foto tal cual esta exposta.

Saúdos

#02 / 36% do obxectivo cumprido.

A verdade é que non me esperaba esta resposta. A 24 horas da súa publicación, xa está o 36% do obxectivo cumprido. 505 dos 1400 euros. E estou levando gratas sorpresas coas persoas que se están implicando neste proxecto a nivel económico, e a a outros niveis tamén. Empezo a ter claro que será unha realidade grazas a vos. Moitas grazas.

#01 / 29 por cento do total, en 12 horas

A verdade é que non me esperaba esta resposta, en tan só 12 horas xa vai o 29 por cento do total. A este paso seguro que vai adiante este proxecto.

Moitísimas grazas pola vosa achega!

Seguimos adiante, faltan 39 días e algo menos de 1000 euros. Seguro que sairá adiante.

Grazas!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy