❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

DHOGS [longametraxe]

DHOGS é un proxecto cinematográfico protagonizado, entre outros, por MARTA LARRALDE, CELSO BUGALLO E IVÁN MARCOS. Unha longametraxe de ficción feita dende Galicia e que parte dunha inversión inicial propia. Impulsada por Gaitafilmes e Pixel films, dúas produtoras cheas de forza e ilusión.

GAITAFILMES

A project of

Category

Created in

0
seconds
158
Pledges
12.685€
From 7.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Seguimos en WWW.DHOGSFILME.COM

CONSEGUIMOS O OBXECTIVO INICIAL DE 7000€!!. Estamos encantados, é xenial!! Seguimos empurrando as máquinas,se queres aínda podes continuar apoiándonos para intentar achegarnos o máis que poidamos a un presuposto máis cómodo e folgado que repercuta nun mellor traballo e nunhas mellores condicións Moitas, moitas gracias!!!!!

· Levamos (crowdfunding+aportación propia+patrocinio): 35.000€
· Presuposto estimado: 75.000€ (mín. 15.000€ capitalizado)

O PROXECTO DHOGSFILME

Ola e benvido! Gracias por achegarte ó noso proxecto en Verkami. DHOGS é a primeira longametraxe realizada por Gaitafilmes e Pixel Films, dúas produtoras do audiovisual galego formadas por xente nova chea de ilusión e con moitas ganas de demostrar a súa valía: "Queremos realizar un filme de ficción sen complexos que che faga disfrutar tanto coma nós!".

>>Mira o teaser en HD

Gustaríanos que soubeses que nós somos os primeiros en apostar polo proxecto, porque estamos convencidos da súa calidade e rendemento (20.000€ é a nosa aportación privada de diñeiro). Pensamos que é a maneira máis honesta de recibir a túa aportación e comprometernos a dar o mellor de nós mesmos. Que máis quixeramos que poder realizalo pola nosa conta... pero non chegamos, precisamos da túa colaboración para continuar, para achegarnos ó presuposto buscado! ese que ofrece condicións dignas para o equipo e para a rodaxe, e que nos abre as portas para lograr construir unha atmosfera cinematográfica especial.

Se che gusta o que facemos e como o facemos, este é o momento ideal para que nos botes unha man. Sen máis preámbulos: Adéntrate no universo DHOGS!

  • DHOGS

Trátase dun filme un tanto peculiar: algo de intriga, un pouco de drama, un chisco de acción... non saberiamos definila ó 100%. Sen descoidar a narración, poñeremos o til nas imaxes, no visual, que os silencios conten tanto como as palabras dentro dunha coidada estética visual e sonora (grabaremos en dixital de máxima calidade, tecnoloxía RED a 4K). Con todo, non buscamos facer cine experimental dirixido a sectores moi concretos do público, queremos realizar un traballo que guste e entreteña ó respetable, pero sen renunciar ó noso estilo.

DHOGS será un proxecto moi galego pero non sacrificaremos calidade por facelo todo na casa. Por exemplo, unha das localizacións é unha zona árida e chá, que deberá rodarse forá (probablemente no deserto de Monegros).

O idioma orixinal de rodaxe será galego. Pero, tranquilo, o filme dobrarase (ou como mínimo subtitularase) a castelán e temos intención tamén de subtitulala polo menos en inglés. Seremos fieis ás nosas raíces pero non pechamos fronteiras. Queremos que todo o mundo poida ver a película.

  • SINOPSE

Nunha realidade paralela á nosa, quizais converxente, a figura de Alex, unha fermosa rapaza que desborda personalidade, eríxese como epicentro dun conglomerado de historias que se suceden nun breve lapso de tempo e que se resolven do modo máis inesperado.

Unha serie de peculiares personaxes van competindo en protagonismo según avanza o filme. As diversas situacións nas que se ven envoltos conducen directamente a unha ruda mensaxe que, sutilmente, invita a meditar sobre os propios fundamentos da realidade, o libre albedrío e as ríxidas imposicións da censura social.

Se queres podes ler o: PRIMEIRO CAPÍTULO DO GUIÓN

  • **UN EQUIPO ARTÍSTICO CARALLUDO

"Unha película de personaxes peculiares..."

· MARTA LARRALDE: É a protagonista total do filme. Unha muller de carácter coas ideas moi claras, que se verá envolta en todo tipo de situacións.
· CELSO BUGALLO: Gañador, entre outros premios, dun Goya de reparto por Mar Adentro. Celso interpreta a un escuro personaxe, un vello testalán que vive afastado da gran urbe.
· IVÁN MARCOS: Un ex de Alex, aparece de súpeto na trama para trastornalo todo. Un actor altamente creativo que utiliza o corpo de marabilla.
· SUSO LÓPEZ: Un mozo desganado que bota o día mergullado na fantasía dos seus cómics e atendendo de mala gana ós poucos clientes que se deixan ver na gasolineira. Actor fetiche de Gaitafilmes cunha presencia moi especial.
· MARÍA COSTAS: É a nai de Tedi, unha señora de certa idade que vive no interior dunha infelicidade crónica.
· MILO TABOADA e ALEX CARRO: Dous personaxes tanxenciais, cuxa historia é necesaria para reafirmar a trama. Dous actores xeniais que se encargan de iniciar a película e deixarte pegado á butaca.
· O TAXISTA (DIALOGANDO...): O taxista é un personaxe tanxencial cuxa historia se entrecruza coa dos protagonistas axudando a explicar a mensaxe. Buscamos un gran actor con amplo bagaxe no audiovisual, que de seguro descolocará ó espectador.
...

  • COMO VAI A FINANCIACIÓN DO PROXECTO?

Podemos dicirvos con feitos que imos en serio, imos a por todas e non hai marcha atrás. O obxectivo é facer un filme de calidade profesional cun presuposto axustado coa intención de que vexa a luz a finais deste ano ou comezos do que vén. Neste momento estamos en avanzada fase de preprodución, con vistas a iniciar a rodaxe a comezos ou mediados do verán.

Chegados a este punto unímonos a Verkami para lanzar este crowdfunding coa esperanza de completar un presuposto que nos permita afrontar o proxecto con garantías. Un custo realista para este tipo de filme superaría fácilmente os 150.000€. Non obstante axustamos e preparamos un presuposto estimado de 75.000€, que se convertirían en 60.000€ ó restar o que capitalizamos as dúas produtoras. Se cumprimos este obxectivo os técnicos e os actores cobrarán honestamente polo seu traballo, e os gastos de preprodución e rodaxe estarán cubertos. Pulsa aquí para ver o presuposto máis detallado.

E se só conseguimos ter 30.000€ en total? imos facelo igual? vai perder calidade?

*- Por suposto que o imos facer! Sacrificaremos moitas cousas, probablemente non poidamos rodar nas localizacións que desexamos e a atmósfera non sexa 100% o que imaxinamos. Pode que os tempos vaian máis apurados e espaciados, que a estrea sexa máis tarde e que os bocadillos resulten de mortadela... pero a calidade técnica será moi boa, a ilusión será a mesma e intentaremos disimulalo todo o mellor que poidamos! Se tivesemos o presuposto estimado todo sería máis sinxelo e poderíamos respirar moito máis tranquilos. Ogallá cheguemos!

Máis preguntas? FAQ do proxecto
Grande dossier sobre DHOGS

>Canal de Vimeo onde goteamos videos sobre Dhogs

  • EQUIPO TÉCNICO DE BOA XENTE BOA

· DIRECTOR: ANDRÉS GOTEIRA
· AXUDANTE DE DIRECCIÓN: SARA HORTA
· PRODUTORES EXECUTIVOS: SUSO LÓPEZ E ADRIÁN FOLGUEIRA
· XEFE TÉCNICO, CÁMARA E WORKFLOW JAIRO IGLESIAS.
· DIRECTORA DE FOTO: LUCÍA C. PAN
· DIRECTORA DE ARTE: en negociación.
· DIRECTOR DE ACTORES: CARLOS OSSORIO
· MAQUILLAXE E PERRUQUERÍA: en negociación.
· XEFE DE SON: en negociación.
· COMPOSICIÓN BSO: ÓSCAR TRIGO E GERMÁN DÍAZ
· COMUNICACIÓN: LAURA DOVAL
· ESCENOGRAFÍA: LAURA PÉREZ E CARLOS RUBIO
...


CRÉDITOS do filme · Sobre o EQUIPO

  • *CALENDARIO ESTIMADO *

Preprodución: de primavera de 2013 a verán de 2014.

Comezo de rodaxe: verán de 2014.

Posprodución: finais de 2014 comezos de 2015.

Estrea: durante 2015.

Mira o TIMELINE da nosa web.

  • EN QUE SE INVIRTE A TÚA APORTACIÓN? (video)

Eres un "produtor" máis, a túa achega irá destinada a sufragar parte dos gastos de produción e rodaxe. Será un dos eixos fundamentais de financiamento. Pedimos 7.000€ porque **temos que ser realistas, pero soñamos con superar a cifra establecida para dotar a DHOGS da atmósfera desexada, esa visión idílica do filme que se proxecta nas nosas cabezas :)

Queremos ser o máis transparentes posible, así foi que fixemos un oco na web para ter actualizado, na medida do posible, o proxecto en todos os seus aspectos, entra na:
>>>ZONA DE XESTIÓN.

  • SOBRE AS RECOMPENSAS

Podes elexir entre unha gran variedade de curiosas aportacións/recompensas: ** Un coidado guión de bolsillo, cervexa artesá Áncora edición especial Dhogs, camisetas ó teu gusto, descargas de contido, DVD's, escapadas rurais, festa co equipo, estreas, packs, inversións, saír de extra...**

Sexa cal sexa a opción que escollas para axudarnos, xusto despois de rematar esta fase de crowdfunding, recibirás na túa casa unha tarxeta acreditativa e de gratitude que certificará a tua colaboración co filme e onde tamén se indicarán as túas recompensas como: Produtor Xenial, Fetén, Cojonudo, Fóra de Serie, Alfombra Vermella...

Uns meses despois, logo de rematar o traballo de produción do filme, encargarémonos de facer chegar a cada produtor as súas recompensas materiais e tamén as invitacións para eventos.

Cada detalle será coidado ó máximo, aquel que confíe en nós merece da nosa parte total devoción e agradecemento.

Ah! Os gastos de envío están incluidos en todas as recompensas.

  • QUE SIGNIFICA SER INVERSOR/PATROCINADOR DE DHOGS?

A figura do investidor/patrocinador é a de alguén que confía plenamente en nós e no proxecto. Alguén que avoga pola rendibilidade de DHOGS mercando unha participación nos beneficios proporcional á cantidade achegada ou que poñan a súa imaxe (ou produto) no caso do patrocinador. Como dixemos, somos os primeiros en arriscar co noso capital privado, considerando que é o modo máis honesto de honrar a aposta dun investidor. As inversións parten de 500€, todo baixo un contrato legal.

Escríbenos a [email protected], estaremos encantados de ofrecerche toda info e de responder calquera dúbida ou curiosidade.

  • APORTACIÓN DAS PRODUTORAS

A aposta das produtoras é clara e firme. Somos os primeiros que confiamos no proxecto, arriscamos e apostamos forte:
Breve historia das productoras aquí

O capital privado invertido polas produtoras dende o primeiro momento ascende a 20000€.

Aportación de bens. Ambas produtoras poñen a disposición do proxecto todo o equipamento técnico do que dispoñen para rodaxe e posprodución.

Os socios (e algunha figura técnica máis) capitalizan o 100% do traballo dende o primeiro día (que non será pouca cousa: guión, dirección, produción executiva, operador de cámara, dirección técnica, montaxe, comunicación, música, workflow...).

Significa que non cobraremos nada ata o momento en que o filme comece a recuperar diñeiro, será, por tanto, a calidade e rendibilidade do produto final a que nos diga se merecemos gañar algo polo noso traballo.

  • DIFUSIÓN, DHOGS NOS MEDIOS

Sabemos que non todo o mundo pode aportar, son tempos difíciles, pero tamén podes axudarnos coa difusión: podes compartir nas redes sociais este proxecto e tamén a nosa web! Podes falarlles ós teus amigos de DHOGS ou referirte a nós nese blog no que escribes!! Quizais coñezas un xornal no que poidamos saír ou unha radio independente!!

Coñeces algún medio que poida estar interesado no proxecto? Escríbenos a [email protected].

Velaquí as primeiras noticias sobre o filme que saíron nos medios de comunicación:

El Progreso: 21-05-2014.
La Voz de Galicia - A Mariña: "Cupcakes" de Ledicias. 18-05-2014
Sermos Galiza: 15-05-2014
RG: Entrevista a Andrés Goteira en Sala 5(Min. 39:30)
TVG2: Zigzag Diario
TVG2: Reportaxe en Zigzag Diario
TVG2: Moncho Lemos fala de DHOGS en Zigzag EIRADO (min: 47')
Entrevista ó Director: 14-01-2014.
El Progreso: 13-08-2013.
El Progreso: 26-09-2013.
Sermos Galiza: outubro de 2013.

  • DISTRIBUCIÓN.

Cando finalice a realización do filme faremos algunhas presentacións privadas (ás que poderás asistir elixindo algunhas das recompensas) en diversas salas e teatros, e presentaremos DHOGS a cantos festivais de cine nacionais e internacionais nos sexa posible.

Segundo a aceptación que vaiamos tendo plantexaremos os seguintes obxectivos: Proxeccións itinerantes? Venda a televisións? Utopicamente proxectado en salas? Distribuílo por nós mesmos ou acudir a distribuidoras que se interesen na película, todo dependerá do resultado final pero estamos seguros de que atoparemos a forma de que chegue a moitos sitios.

En última instancia o filme será aloxado nunha plataforma de cine online (que ben podería ser o noso proxecto: filmito) onde se poderá ver, con diversos contidos e en HD.

Todo sen esquecer a propia distribución en dvd dende a tenda online en www.dhogsfilme.com, algún establecemento convencional ou contactando cos realizadores.

  • CONCLUSIÓN

Así que, se confiades en nós, se confiades neste proxecto, se vos apetece formar parte dun filme de características atípicas, se nos queres axudar a remar neste mar de odiseas... estaremos encantados e moi moi orgullosos de que sexas un mecenas máis! Transmitir un simple "Ei, coñeces DHOGSFILME?", xa será de enorme agradecer. Nunca se sabe ata onde podemos chegar! Únete á nosa comunidade e síntete partícipe, xa levamos tempo detrás deste soño...

FACEBOOK · TWITER · VIMEO

Moitas gracias compañeiros!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

10 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • GAITAFILMES

    GAITAFILMES
    Author

    almost 10 years

    Ola! Moitas gracias por ver interesante o noso proxecto :) e polos ánimos!!! Calquera opción que elixas pra nós é fantástico! e se quixeras ser Produtor Caralludo non habería ningún problema (eliximos cojonudo porque na nosa zona emprégase máis deste xeito, supoño que pola influencia de estar préto dos lindes), as tarxetas son persoais e pódense adaptar, non terías máis que dicírnolo no mail en que pideremos os datos :) Que vaia todo moi ben!!

  • eu

    eu

    almost 10 years

    Eu preferiria ser un produtor "caralludo", o de ser "coghonudo" non me fai moita graza, asi que vou ficar no de ser "fetén" por agora. Moita sorte e ánimos.

  • GAITAFILMES

    GAITAFILMES
    Author

    almost 10 years

    Moi boas e moitas gracias polas túas verbas! Pois a festa é un dos eventos que máis ilusión nos fai, xa que será indicativo de que a rodaxe finalizou felizmente. O certo é que aspectos como o lugar ou a data non están fixados aínda, pero o que si che podemos adiantar é que será unha noite moi especial, con música en directo, comida, bebida e diversión para todo o mundo, e coa compaña de xente do equipo e do reparto.

    Así que si estás pensando en escoller unha recompensa con festa animámoste a que o fagas! ;)

  • ACA

    ACA

    almost 10 years

    Moi boas fenómenos, vendo como vai o proxecto, superando as expectativas con creces e ainda que queda moito por percorrer, xa vou un pouco máis aló, permitídeme a licencia de preguntarvos onde sería a Gran Festa Final do Film porque esto promete.

  • GAITAFILMES

    GAITAFILMES
    Author

    almost 10 years

    Hola de nuevo Victor,

    Suponemos que no lo has visto pero las figuras técnicas de director de foto y comunicación sí que aparecen en la descripción de verkami y en la web (fallo nuestro que no estén en el presupuesto estimado, disculpa). La parte de arte estamos en contacto pero no podemos poner lo que no está totalmente cerrado y la iluminación es algo que dependerá del presupuesto final pero que también está considerado. Cierto es que todas ellas son de suma importancia.

    Es cierto también que no es mucho dinero nuestro presupuesto, como decimos en la descripción, 150.000€ sería un montante lógico, pero por desgracia es utópico para nosotros hoy en día llegar a él. La producción y el rodaje serán muy espartanos aprovechando al máximo nuestras posibilidades, respetamos mucho a todo el equipo y daremos el do de pecho por que tengan las mejores condiciones. Algunos de nosotros llevamos mucho tiempo trabajando por amor a este proyecto, poniendo dinero de nuestro bolsillo y con muchísima ilusión por llevarlo a cabo del modo mejor y más honesto. Es nuestra mayor garantía a este sueño. Ojalá en el futuro podamos hacer una película de un modo más convencional y con mayor tranquilidad, en este momento es cine de guerrilla.

    Esperamos haber resuelto lo mejor posible tus dudas, si quieres que te expliquemos algo más detalladamente puedes escribirnos a [email protected], estaremos encantados de responderte.

    Gracias y esperamos haber aclarado un poco nuestro planteamiento.

  • Víctor

    Víctor

    almost 10 years

    No sé conoce quien se encargará de iluminación, foto, dirección de arte o comunicación/marketing. Evidentemente son datos muy importantes en una película (sobre todo los primeros), parece una locura querer rodar todo eso solo con 76.000,00€...

  • GAITAFILMES

    GAITAFILMES
    Author

    almost 10 years

    Hola Víctor, gracias por interesarte en nuestro proyecto.

    Creemos que consideres escaso el capítulo del equipo artístico puede deberse a varios factores:
    · El guión está escrito para que sea lo más factible posible conscientes de las limitaciones que íbamos a tener, hay pocos personajes y muy ajustados días de rodaje.
    · Algunos de los personajes (como Tedi) capitalizan su trabajo al formar parte de la productora.
    · Es en limpio, habría que sumar una parte del cap.10 de seguros.

    Debes tener en cuenta que hablamos de presupuesto estimado, puede cambiar en función de las necesidades y de lo que podamos conseguir, pero ten por seguro que no vamos a pagar 4 duros al día a los actores, son un gran activo y lo respetamos al máximo, ojalá podamos contratarlos más días y pagarles más dinero, el presupuesto de 76.000€ son sueldos ajustando mucho los días de rodaje.

  • Víctor

    Víctor

    almost 10 years

    ¿El orzamento para el equipo artístico es de 12.159,00 €?

    Que se supone que el elenco que proponéis va a trabajar por 4 duros al día, me sorprende y mucho vuestro presupuesto, teniendo en cuenta que ese apartado suele ser, el que más dinero se lleva.

  • GAITAFILMES

    GAITAFILMES
    Author

    almost 10 years

    Moi boas! Pois en principio, e a maiores dos mecenas "Fóra de Serie", só precisaremos extras (moitos, eso si) para rodar varias escenas nun teatro cheo de público, así que si che interesa estaremos encantados de avisarte cando concretemos o lugar e as datas da rodaxe.

  • vilaosende

    vilaosende

    about 10 years

    Hola, son un chaval de Ribadeo que participou na producción da mediometraxe de celtas e romanos: Eternia da productora lucense Cool Films Galicia, tamén de extra; que hay que facer pa salir de extra?

#10 / ENTREVISTA A SUSO LÓPEZ NO BLOG!

Moi boas! Para que coñezades un pouco mellor a función do produtor do cine e a importancia do seu papel para o correcto funcionamento dun proxecto audiovisual, deixámosvos coa persoa que máis sabe disto. Que faríamos sen ti, Suso! :)

Suso López
Suso López

ENTREVISTA:

- Como produtor de Dhogs, cales foron os maiores retos aos que te enfrontaches?

No meu caso particular foi aprender sobre a marcha o máximo posible sobre o que debe facer un produtor dunha longametraxe, xa sabíamos cousas e tiña unha certa experiencia, pero foi un mundo novo afrontar un proxecto así. Máis concretamente os maiores retos que nos atopamos foron os de ir conseguindo o orzamento e os apoios necesarios, e tamén a xestión económica do proxecto. E logo, de cara a rodaxe, o máis difícil é cadrar os plans de rodaxe, atopar datas que cumpran os requisitos de todos os involucrados: equipo… read more

#09 / AS COUSAS VAN INDO BEN / LAS COSAS VAN BIEN

*Día de chuvia en Almería

Ola amigos,

As cousas van indo ben. Xa quedaron atrás as rodaxes de Galicia e tamén a aventura da rodaxe por Almería. As cousas non foron fáciles en ningún dos casos, pero tampouco foron imposibles, así que, como bos galegos... imos indo!

Agora estamos onde queremos estar... Estamos editando a peli, a pouquiños, sen présa pero sen pausa. O de que vaia despacio... é maiormente porque non nos podemos permitir dedicarnos exclusivamente a isto.

Ata o de agora, do que temos montado, pinta bastante ben, sen deixar de ser unha peli un tanto peculiar... pois hai moi boas sensacións!

A 3ª e última.

Quedounos por rodar un par de escenas que queríamos deixar para o final, e a iso andamos! Arrancando os motores para rodar os dous últimos días en Bastiagueiro.

A esa frase mítica que no seu día manifestou Alfred… read more

#08 / SOBRE AS RECOMPENSAS, SOBRE A PELI

SOBRE AS RECOMPENSAS

Xa fomos entregando ou enviando gran parte das recompensas de crowdfunding: As que podemos entregámolas en man, así abaratamos costes e falamos un pouco sobre diversos temas da actualidade. Outras enviámolas por correo ordinario aló onde sexa, Inglaterra, San Sebastián, BCN.. así que se eres de lonxe e non temos posibilidades de vernos, deberíache chegar un paquetiño DHOGS estes días. Se non fose así, podes escribirnos a [email protected] e xa solucionamos o tema.
·Aqueles que levan un ou varios packs de CERVEXAS artesás debedes saber que antes do Nadal xa as poderedes degustar, as cousas van máis lentas do que tiñamos pensado, pero van!
·Os DvDs será o último que entreguemos, deberíamos rodar antes! Pedímosvos paciencia ;)
·Para os que asistades á Gran festa final de filme, crearemos unha plataforma sinxela onde poderedes ver o que vai pasar alí dentro. Avisaremos!

SOBRE A PELI

read more

#07 / IMOS TIRANDO: SOBRE O PROXECTO E O CROWDFUNDING!

Como bos galegos, imos tirando! E din os que xa levan experiencias nesto de facer longametraxes que é necesario estar ó 100% de enerxía, ou incluso máis, para afrontar un proxecto de tales características. Son tantas as variables que che poden frustar o proxecto que necesitas dunha forza maior para levantar o ánimo cando as cousas non van como un pensa. E así é, as cousas non son o ideais que algún día soñamos, uns días avanzamos e chocamos a man a peito inchado e outros temos que tirar desa enerxía para levantarnos o ánimo.

É un proxecto difícil, en situacións complicadas, e é por iso que as datas se van retrasando lixeiramente no tempo. As ganas de querer sacar o proxecto adiante son do peso dun xigante, pero como non se fan películas todos os días preferimos coller dous metros de distancia, pensalo ben e mirar de facer as cousas do… read more

#06 / ¡Verkami finalizado! ¡Gracias a todos, por todo!

(galego)

Ola amigos! Bo luns a todos! :D

A campaña de Dhogsfilme en Verkami rematou e estamos moi felices por recibir tanto apoio, gracias á axuda de todos vós conseguimos superar con creces o noso primeiro obxectivo e recaudar unha cantidade de diñeiro que será de vital importancia nos presupostos da peli e moi necesaria para levar a cabo todo o que nos aveciña. Sodes xeniais, caralludos, fóra de serie... e toda a retahíla de adxetivos das nosas recompensas!! :) olé!!

Non nos cansaremos de agradecer a todo o mundo a axuda prestada estas últimas semanas, i é que non se trata só de mecenas que poñen diñeiro, senón de moita xente que nos botou unha man desinteresadamente coa difusión en redes sociais, compartindo e falando da peli, repartindo flyers e poñendo carteis, comentándoo no bar, seguindo as noticias en prensa, levando con… read more

#05 / SOBRE A PRODUCIÓN DE DHOGS. CAPÍTULO 2.

Ben, estamos entrando na recta final desta campaña de crowdfunding, co obxectivo principal superado e traballando coa ilusión de conseguir un último pulo que nos leve a unha cifra final desas que, nun principio, nin nos atreviamos a mencionar máis que nalgún “Bua! Imaxinas se chegásemos aos...”. A verdade é que non hai palabras que cheguen para agradecerlle tanto a tanta xente, esperamos estar á altura.

Pero esta campaña non é o único que avanza, neste tempo non deixamos de teimar en asuntos diversos: buscar patrocinios, barallar localizacións, ir pechando o equipo técnico... Máis nesta entrada queremos compartir a nosa experiencia cun dos aspectos que máis alegrías nos está dando, a formación do reparto.

Algúns, na nosa ignorancia, esperabamos que a cousa fose máis complicada... falamos, nos máis dos casos, de artistas de sobra contrastados.… read more

#04 / PRIMER OBJETIVO ALCANZADO!! MIL GRACIAS!!

Ola amigos!!! Acadamos o noso obxectivo inicial!! 7.000€ nos primeiros 27 días gracias a todos os que nos axudastes!! Sodes caralludos!!

O apoio que recibimos nestas últimas semanas foi incrible en todos os aspectos, e non poderiamos estar más contentos coa evolución do proxecto. Gracias totais!!!

Pero isto aínda non rematou...

Como comentamos na descrición do proxecto, os 7.000€ son só unha parte do que precisamos para completar o orzamento, unha meta que consideramos realista e que gracias a vos xa conseguimos! Yeah!! Acadar este obxectivo asegúranos recibir as vosas aportacións e chegar aos mínimos para realizar a película!!

Con todo, aínda quedan 13 días e precisamos de todo o apoio posible!! Pasar dun orzamento de mínimos a un algo máis folgado pode marcar a diferenza: mellores localizacións, mellor atrezzo, retribucións máis xustas… read more

#03 / SOBRE DHOGS - HACIA DONDE VIAJAN LAS MIRADAS DEL DIRECTOR.

“Influenciado por buenas y no tan buenas películas, por buenos y no tan buenos narradores, intento estar atento a todo lo que rodea un filme y guardar aquello que más me estimula o emociona de cada uno de ellos. Sea la manera de contarlo, la manera de plasmarlo o simplemente un detalle casi imperceptible, un “click” en mi mente que se transportó automáticamente a mi particular base de datos de los pequeños detalles.

Considerándome un ecléctico total, y siendo la mezcla, como nombre propio, una de las fórmulas básicas de casi todo, puedo referenciar este filme a muchos y muy dispares estilos del arte contemporáneo.

Siempre desde la parte oscura de la realidad, por veces la ternura o por veces la parte desapiadada de la vida, mi gusto gira siempre entorno a maestros de estos mundos oscuros. Casi con seguridad pueda decir que… read more

#02 / SOBRE A PRODUCIÓN DE DHOGS. CAPÍTULO 1.

Non cabe dúbida de que, para unha pequena produtora como Gaitafilmes, o salto da realización de humildes curtametraxes á dunha longametraxe destas características é inmenso, e supón un enorme reto a todos os niveis. Unha das facetas que máis evidencia esta realidade é a das labores de produción.

Acostumados como estabamos a encarar as rodaxes exentos de presión, onde todos faciamos case de todo, onde os matices das curtas se debatían cos amigos tomando cañas nalgún bar e o atrezzo se conseguía preguntándolle a aquel ou aqueloutro, a nova tarefa pareceunos, ó principio, abafadora. ¿Por onde empezar?

Pois ben, o certo é que a cousa non cambiou tanto... os detalles da peli son motivo habitual de conversa (as cañas seguen aí), boa parte do atrezzo segue aparecendo entre os amigos dos amigos e aínda que dividimos o traballo en parcelas para organizarnos un pouco, ó final todos metemos os fuciños na eira dos demais.

read more

#01 / SOBRE LAS RECOMPENSAS

Puedes elegir entre una gran variedad de aportaciones/recompensas: Un cuidado guion de bolsillo, cerveza artesana Áncora edición especial Dhogs, camisetas a tu gusto, descargas, DVD's, escapadas rurales, fiesta con el equipo, estrenas, packs, inversiones, salir de extra...

Sea cual sea la opción que elijas, al finalizar esta fase de crowdfunding recibirás en tu domicilio una tarjeta acreditativa que certificará tu colaboración con el proyecto como: Productor Genial, Fetén, Cojonudo, Fuera de Serie, Alfombra Roja...

Unos meses despues, tan pronto como finalicemos el trabajo de producción, nos encargaremos de hacer llegar las recompensas a cada productor.

Cada detalle será cuidado al máximo, somos plenamente conscientes de la consideración y respeto que merecen quiénes confíen en nosotros.

Ah! Los gastos de envío están incluídos en todas las recompensas.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy