❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Xosé Constenla - DISCO AO VIVO

O 28 de xuño de 2013 o cantautor Xosé Constenla gravará ao vivo e en directo o seu terceiro disco no Salón Teatro de Compostela. Estará acompañado por unha banda e por artistas convidados. Para iso, pide a vosa colaboración participando nesta campaña de crowdfunding no portal Verkami.

xconstenla

A project of

Category

0
seconds
114
Pledges
3.435€
From 3.150€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

En moitas ocasións, amigos e compañeiros de oficio, téñenme comentado o moito que gaña a miña música cando a interpreto en directo; que os discos non reflexan a potencia das composicións. Levaba pensando nisto un tempo longo, tratando de buscar solucións para o meu novo disco. Desa reflexión xurde este proxecto!!

O 28 de xuño de 2013 pecho -no Salón Teatro de Santiago dC- unha xira de 18 concertos que me levaron por todo o país xunto ao pianista Javier Constenla. Quero aproveitar está ocasión para rodearme dunha banda de músicos de primeiro nivel e gravar ao vivo e en directo ese concerto que se convertirá no meu terceiro traballo discográfico.

AQUÍ podedes ver un novo video cun tema inédito.

Para que esa noite sexa aínda máis especial, voume acompañar doutros cantautores, músicos e artistas convidados entre os que xa están confirmados Javier Bergia (Madrid), Litus (Barcelona), Roberto Sobrado (Santiago dC) e César de Centi (A Coruña). Agardo que aínda haxa algunha sopresa máis!!

A banda está composta por músicos como Javier Constenla (piano), Leo Gianetto (guitarras), Rober Vázquez (batería) e Kike Calzonetii (baixo). Tamén contarei con artistas solistas para temas puntuais.

Ademais, para este proxecto non estou só. Conto coa colaboración e experiencia de Pablo Barreiro do Servizo de Producións da Radio Galega (que se encargará da gravación do audio). Bocixa Rei e Paco Gallego, a través de Tingalaranga e PICNIC Ideas Felices, van levar a cabo a gravación e a edición do video.

Os servizos técnicos do Centro Dramático Galego encargaranse a noite do 28 de xuño do son e da iluminación do evento. Xa están dispoñibles as entradas en A Reixa Tenda ou en www.xoseconstenla.com

RECOMPENSAS

Hai diversos produtos que compoñen as nosas recompensas e que vos poden interesar. Velaquí a información detallada:

DESCARGA AUDIO: trátase dun servizo on line de descarga do material de audio do conxunto do concerto.

CD: o disco de audio que imos editar e que sairá conxuntamente co DVD, terá unha duración de 80 minutos. O material completo de audio estará ao voso dispor a través dun servizo de descarga on line.

DVD: o video do concerto que imos editar e que sairá conxuntamente co CD (80 min) recollerá o concerto íntegro.

CAMISETA: o obradoiro MARUJAS CREATIVAS de Compostela traballaron nun deseño chulo de camisola para lembrar o concerto (nada da miña cara...algo que poidades poñer sen vergoña!!). Velaquí o deseño.

FESTA: despois do concerto do 28 de xuño realizaremos unha festa onde participarán músicos e artistas convidados e agardamos que moitos de vós. Será nun establecemento no centro da cidade e próximo ao Salón Teatro. Boa maneria de "comentar a xogada" e as impresións ademais de disfrutar dun viño, unha caña ou petiscos variados. Pronto desvelaremos o lugar.

TEMA INÉDITO: podes conseguir un video con adicatoria personalizada dun tema inédito ou do que máis che mole dos meus!! (claro está!).

CONCERTO ACÚSTICO: pois iso, que se che apetece (para o teu cumple, festa ou celebración) podes ter un concertiño na túa casa, bar, xuntanza...a guitarra, as cancións póñoas eu (se é fóra de Santiago...haberá que falar do desprazamento!).

CEA DESGUTACIÓN: como complemento do anterior, pensamos que estaría ben desgutar unha cea elaborada na túa casa por un chef galego. A cea tería petiscos, 1º e 2º prato, postre e viño. Sería para 10 persoas.

A QUÉ IMOS DESTINAR OS CARTOS

Os cartos recadados das vosas aportacións estarán destinados fundamentalmente a dous fins: a produción e postprodución do video do concerto e á edición do (CD+DVD) como produto final. Nestes produtos buscamos a calidade e profesionalidade.

Outros elementos complementarios como as camisolas, a festa, a promoción nos medios, as viaxes dos artistas convidados ou a remuneración dos músicos poderán ser completadas con estes cartos (no caso de que sobre algo).

Contamos con outras tres vías de finanzamento: o patrocinio de produtos concretos (por exemplo, agradecemos infinitamente á Imprenta Plana que nos agasalle coa cartelería), a recadación da entrada do concerto (moi moi reducida por causa do IVE cultural ao 21% e outras fiscalidades) e un fondo de aportación propia (escaso, escaso...).

CALENDARIO

Para que teñades unha idea dos tempos aproximados de produción e saibades cando ides recibir as recompensas, velaquí tedes un calendario aproximado:

28 de xuño: gravación

30 de xullo: fin postprodución

31 de agosto: material editado

A entrega das recompensas podería comezar a primeira semana de setembro.

En todo caso, algunhas recompensas como as camisolas poderanse recoller o día do concerto. A recompensa da festa disfrutarémola o día 28 de xuño.

Finalmente, os acústicos e as ceas deixarémolas para o outono, para organizalas con tino e desfrutar dos produtos gastronómicos daquela época (setas, caza, legumes...)

MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR

MÁIS INFO, NOVAS E ACTUALIDADE:
xoseconstenla.blogspot.com
Myspace

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#07 / Descarga on line...en breve!!!

Prezadxs co-produtores e amigxs!!!

Teño o pracer de comunicarvos que, despois dun pequeno espazo de demora, por fin en menos de 10 días ides podes descargar on line o audio completo mp3 do concerto como anticipo do disco CD-DVD SINECISMO que estará listo en vindeiras datas.

Recibiredes na vosa conta de mail asociada un usuario e un contrasinal, ademais dalgunhas pautas a seguir.

Despois debedes entrar na web www.xoseconstenla.com onde poderedes facer a descarga introducindo eses datos.

Moitas grazas a todos!!!

Xosé Constenla

#06 / novidades....SINECISMO

Moi boas!!!

Algúns amigos están a preguntar incisivos pola evolución do novo disco que gravamos no mes de xuño pasado e que será publicado finalmente entre finais de setembro e principios de outubro.

Por iso, como estamos a piques de comezar un novo curso, infórmovos de que os traballos progresan adecuadamente. Bocixa Rei e Paco Gallego seguen a traballar na postprodución do DVD; Pablo Barreiro e un servidor pasamos algunhas horas no estudo da RG para que o son estea a altura e a edición e maquetación da portada e libreto do disco van vento en popa.

Como mostra, déixovos un video dunha "rancherita" que me pasou un colega do concerto. Loxicamente nin calidade da imaxe nin do son serán as do CD-DVD, pero servirá para que sintades que non vos teño abandonados!!!

Apertas infinitas!!!

#05 / Todo listo e conta atrás...

Prezadxs!!!

O 28 de xuño achégase tan rápido como o final deste CROWDFUNDING que será o domingo 23 ás 15:20 horas!!!

Están a ser uns últimos días intensos e cheos de emoción...pero aínda podedes participar neste SINECISMO que está a emerxer do sumatorio de vontades!!!

Pídovos que divulguedes e participedes activamente nesta conta atrás!!!

Todos os detalles están listos e velaquí o cartaz do evento!!!

Moitas moitas grazas!!!

#02 / Primeiras impresións!!

Prezadxs!!

Pasou a primeira finde de crowdfunding con festivo engadido (Letras Galegas). En 5 días de campaña, temos acumulados 765 euros (que supoñen case o 25% do obxectivo), 33 co-produtores, máis de 23 euros de media por mecenas e 153 euros aportados ao día. O día de maiores achegas foi o 15 de maio con 260 euros acumulados....datos que me emocionan, todos eles!!!

Mentres, na porta do Salón Teatro xa está pendurado un cartaz coa programación das vindeiras semanas que reflexa o noso concerto: XOSÉ CONSTENLA AO VIVO + CONVIDADOS. Fíxome moita ilusión pasar por alí diante e levar a sorpresa...tanta que non puiden non tirar unha foto...

Están sendo días moi intensos: ensaios, concertos (como o de Poio do xoves pasado, incríbel!!), preparativos, fotos, conversas, pensamentos, novas composicións...antesala deste grande sinecismo que estamos a argallar entre todos e preludio dunha noite que será inesquecíbel para un servidor!!

read more

#01 / Comezamos o proxecto...ilusión!

Ilusión...palabra que define o meu estado de ánimo nestes momento.

Agora mesmo, van 18 horas dende que lanzamos o meu crowdfunding. Levamos 10 achegas e 190 euros recadados. Está moi ben para ir quentando motores e collerlle o pulso á maquina.

Quedan por diante 39 días intensos. Redes Sociais, Medios de Comunicación, Mails e boca a boca...sobre todo boca a boca...(na bar, na casa, no traballo, no ximnasio, na rúa, etc...)

É emocionante ollar como na badexa de entrada aparece unha "boa nova" de Verkami. Para min o importante non é canto nin quen...o importante é sentir o apoio, o sustento, o sumatorio de vontades!!!

Pídovos de corazón que divulguedes e difundades a campaña entre as vosas amizades...entre aqueles que gosten da música, da canción de autor, da cultura do país...aqueles que teñan interese en proxectos autoxestionados e que poidan sentir o impulso de participar no mesmo!!!

Moitas moitas grazas a todos...vouvos estar eternamente agradecido!!

Xosé

read more

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy