❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Da un paso ao frente e alístate, faite soldado da cultura_MÚSICA N´ALDEA 2M26

Esto está feito con anacos de tempo, e ilusión, de Manolo, Jacobo, Julio, Gho, e como non, familia e amighos.

Category

Created in

New York, United States
48%
7
days
23
Pledges
1.616€
From 3.300€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O NASEMENTO

Música N´aldea naseu nun ano no que non era fásil naser: o 2020. Era o primeiro verán respirando a través dunha máscara, véndonos ao lonxe e acostumándonos ás canselasións de todos os eventos. Neste contexto de restrisións e de aprender a vivir no medio dunha pandemia botou a andar Música N’aldea, para que a vesiñansa de Rois non quedase sen as festas patronais. Xa que a xente non podía ir á festa, se cadra a festa si que podía achegharse a ela. Fixémolo da forma máis sinxela posible, con música en acústico e pequenos ghrupos que podían desprasarse de aldea en aldea. Ao longo do día, as diferentes formasións visitaron os núcleos da parroquia actuando en espasos acolledores das mismas.

O éxito do formato, así como o amor pola vida na aldea e pola música, empurráronnos a dar un paso máis e outorgharlle vida propia a esta historia.

Para isto foi nesesario deslighala das festas patronais e convertilo nun evento cultural con identidade e nome de seu. Desta desisión deriváronse alghúns cambios, máis a esensia permanese. Se algo queremos manter, e coidar, é o carácter íntimo e acolledor das aldeas.

O LUGHAR

A Aldea, este formato responde á nosa vontade de poñer en valor os espasos que a Aldea dispón e que foron testigos e sentro da vida que nos presedeu, ás veses reinterpretandoos e dándolles un novo uso (eiras, horreos, establos...). Queremos devolverlle o protaghonismo que tiveron, aínda que sexa unha ves ao ano, porque seghuro que as notas e os bailes aínda resuman na súa memoria.

O FORMATO

Non consebimos este evento como un festival temático, abrímoslle as canselas a calquera tipo de música. Tradisional, jazz, rock, blues… Todos os estilos teñen cabida. O noso selo identitario estará nas maridaxes musicais, promovendo colaborasións entre artistas e bandas que nunca antes actuaran xuntas. Como casan as melodías tradisionais coas bases do rap? E a improvisasión do jazz coa da regheifa? Así como o espaso -as nosas aldeas- é singular, queremos que a música que soe nelas tamén o sexa. O noso obxectivo é ofreser consertos únicos e espesiais, para que o público se vaia coa sensasión de ter desfrutado dun momento que non vai volver aconteser.

POR AQUÍ PASARON

Caamaño&Ameixeiras, Raül Refree, Èlia Bastida, El Nido, Elizabeth Davidson and Daniel Quayle, Tralo Valo, Abril, Aksak, Sempasuchil, Cardelina, Celso Fernandez Sanmartín, Zumaque, Lideira, Pandereteiras de Buxán......

2M26

VENRES17,

Ven cando poidas que serás ben resibida, pero nos arrancamos ás 20:30 con:
MISURIA_Quinteto inspirado nas vellas "street band" sureñas norteamericanas, de cando os músicos ghañaban a súa reputasión nas rúas. Son Alba Furacán (Vos e kazoo), David Poncela (Taboa de lavar), Rafa Mississipi (Armónica), Nano Combo (Slider guitar e mandolina) e Luis Fuca (Baixo.

JUYMA ESTEVEZ QUARTET_Na súa música danse a man o jazz mais tradisional e a modernidade. Cunha profunda cargha Hardbop, non descarta por momentos adentrarse noutros territorios pra xerar un mundo propio que non deixa a ninguén indeferente, co único fin que o que escoite desfrute dunha viaxe sonora. Eles son: Javi Gdjazz (Trompeta), David Regueiro (Ghitarra), Juyma Estevez (Contrabaixo) e Brais Lorenzo (Batería)

BANDA SORPRESA que iremos anunsiando

SÁBADO 18**

  • 09:00/09:30 resepsión e almorso pra os partisipantes da andaina.

  • Arredor das 13:00 vermú e música. Ao rematar xantar, traede comida!!!

-Pola tarde actividade que desvelaremos nestes meses que faltan.

-Ás 20:30 abrímoslle á música con:

TESHUVA_ "Teshuva literalmente é a volta á orixe. No noso caso esta teshuva non son unicamente as músicas de estilo Klezmer senon tamén contaxiar este sentimento como banda sonora da nosa actualidade. Tuba, saxo soprano, acordeón, guitarra e voz fan a mixtura indespensable desta viaxe de culturas que supón tamén unha viaxe no tempo. E para isto somos: Vadzin Yukhnevich (Acordeón, voz e guitarra), Fausto Escrigas (Saxo) e Oscar Prieto (Tuba)"

OBAL_ "A música de Obal é trad, folk, atlántica e unha proposta visrtuosa e innovadora. Os seus instrumentos sorprenden pola súa singularidade, arroupados en direto por bombos, cordas octavadas e efectos, creando un power trío espectacular". Obal son: Jaime Rebollo (Nyckelharpa), Ivan Costa (Zanfoña) e Diego Langarika (Bouzouki).

BANDA SORPRESA que iremos anunsiando

-Coma cada ano as camisolas serán solidarias, unha parte do seu valor irá destinado á unha ONG, este ano a elexida é a Fundasión Andrea.

-A choiva, en caso de querer acompañarnos, non vai ser mal acollida, temos aghro auditorio na Aldea!!!


MOITAS GHRASIAS A CADA UNHA DE VOS POR COLABORAR, SODES AS QUE FASEDES ESTO POSIBLE. SEN ESTE MICROMESENASGHO O MÚSICA NA ALDEA SERÍA IMPOSIBLE FASELO.***

*

El Nido
El Nido

Caamaño&Ameixeiras e Raül Refree
Caamaño&Ameixeiras e Raül Refree

Elizabeth Davidson&Daniel Quayle no auditorio
Elizabeth Davidson&Daniel Quayle no auditorio

O vermú no audditorio
O vermú no audditorio

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy