Retrancos: a retranca galega que aínda ten moito que dicir.
Co teu apoio, este libro de viñetas de Kiko da Silva farase realidade e traerá ao século XXI o espírito crítico que nunca deberiamos perder.
Non é só un libro de viñetas. Retrancos é unha forma de mirar o que pasa ao noso redor… e dicilo sen rodeos. Con humor, si, pero tamén con intención. Se este proxecto sae adiante, será porque hai xente que cre que a retranca galega segue sendo necesaria. E aí entras ti.
Apoia Retrancos e forma parte de que estas viñetas existan.
**** E se Castelao seguise debuxando hoxe?****
RETRANCOS nace desa pregunta. Durante tres anos fun publicando na revista LUZES unha serie de viñetas inspiradas no seu estilo e na súa mirada: humor aparentemente sinxelo, pero cargado de intención, crítica e identidade.
*Agora esas máis de 100 viñetas queren converterse nun libro. E para iso, precisamos de ti.*
RETRANCOS é un libro de Kiko da Silva que recolle máis de 100 viñetas publicadas na revista LUZES ao longo de tres anos, nas que o humor galego, a retranca e a** crítica social dialogan co presente.**
Un proxecto que mira ao pasado para entender o que somos… e o que estamos a ser.

SOBRE O PROXECTO
RETRANCOS é unha recompilación de** máis de 100 viñetas feitas ao longo de tres anos**, nas que se aborda a realidade galega contemporánea desde a retranca: política, cultura, lingua, sociedade…
Non é unha copia nin un exercicio de nostalxia, senón un diálogo co legado de Castelao: unha forma de preguntarnos como sería hoxe esa ollada crítica, comprometida e fondamente galega.
O resultado é un libro que busca facer rir, pero tamén pensar. Porque aquí, moitas veces, o humor é a maneira máis seria de dicir as cousas.

POR QUE UN VERKAMI
**En Galiza somos 2,7 millóns de habitantes... pero tan só oito de cada 100 libros que se venden nas librarías están en galego.
En Retranca cremos que pódense facer bos libros en galego, e queremos que éste sexa un deles!!!
Con só 300 galegos/as que merquen un exemplar xa conseguiríamos facer RETRANCOS unha realidade!!!**
Queremos editar RETRANCOS co coidado que merece:
Unha boa edición en capa dura con acabados en UVI
Papel de calidade
Deseño á altura das viñetas
Este crowdfunding permitirá cubrir os custos de edición e impresión, facendo posible que o libro exista sen depender de grandes editoriais e mantendo a esencia do proxecto.
Ademais, será unha maneira de crear comunidade arredor del desde o primeiro momento.
EN QUE IMOS EMPREGAR OS FONDOS
Os fondos recadados destinaranse a:
Impresión do libro
Maquetación e deseño
Corrección de textos
Produción e envío das recompensas
Comisións da plataforma
Se superamos o obxectivo, poderemos mellorar acabados, aumentar tiraxe e incorporar contidos extra

CONSEGUE OFERTAS EXCLUSIVAS
👉 Libro RETRANCOS
👉 Libro asinado polo autor
👉 Láminas con viñetas seleccionadas
👉 Packs KIKO DA SILVA - RETRANCOS + OS BERROS DA MOTOCICLETA (Debuxado por Pablo Prado con guión e storyboard de Kiko da Silva)
👉 Viñeta orixinal feita con tinta chinesa asinada por KIKO DA SILVA

QUEN SOMOS
Retranca Editora é unha editorial galega independente fundada en 2007 e dirixida polo debuxante e editor Kiko da Silva. Especializada en banda deseñada, nace coa vocación de apoiar e visibilizar o talento dos autores e autoras galegos, apostando por edicións coidadas e por construír unha identidade propia dentro do cómic feito en Galicia.
Ao longo dos anos, consolidouse como un proxecto de referencia no ámbito do humor gráfico e a novela gráfica, combinando creación contemporánea, recuperación de obras e aposta por novos formatos e voces.

O AUTOR
Kiko da Silva, Vigo 1979.
Historietista, Ilustrador, editor, e director da primeira escola Profesional de Banda Deseñada de
Galiza, O GARAXE HERMÉTICO.
Comezou a debuxar de maneira profesional con tan só 16 anos, traballou como humorista
gráfico en La Voz de Galicia, no semanario satírico El Jueves e actualmente publica viñetas
diarias na súa sección A SILVEIRA de El Correo Gallego.
Publicou nas principais editoriais galegas e nacionais e foi traducido a idomas como o inglés, o
francés e o coreano.
É o ilustrador de Cando Mariño tivo ganas de mexar na noite de Reis, A memoria das árbores,
Moncho e a mancha e Que contan as ovellas para durmir?
Creou a ORBIL o lobo lector mascota do Salón do Libro de Pontevedra. Tamén é o pai de **Fiz, o
neno máis porco do mundo*, que comezou a publicar na revista *Golfiño** no 2002.
Gañou moitos premiso de banda deseñada, entre os que destaca o **Premio Castelao de Bd no
2014** pola súa obra O INFERNO DO DEBUXANTE.
No 2007 recibiu o Premio Xoan Manuel Pintos pola promoción da lingua galega.
Coma editor, creou a revista BD banda,a revista Retranca (Ambas premiadas no **Salón do
Cómic de Barcelona*), publicou *As Serpes cegas, de Cava e Seguí que recibiu o Premio
Nacional de cómic 2010, coordinou a coleccón de bd de Faktoría K de Libros e a sección de bd
da revista Oink! do Xabarín Club.
Dirixe a editorial Retranca dende o 2007, e dende o 2018 a revista de bd galega*** A Viñeta de
Schrödinguer*** editada pola **MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA.
**
Actualmente dirixe e imparte clase de cómic en** O GARAXE HERMÉTICO** dende o 2012 e está
traballando no seu proxecto de bd máis longo a Novela Gráfica ***BAIXO A SOMBRA DAS
PEDRAS FLOTANTES*** que publicará en galego XERAIS **e en castelán **NORMA Editorial.

CALENDARIO PREVISTO
Campaña VERKAMI: 40 días
Peche e produción: 1-2 meses
Envío de recompensas: estimado en setembro 2026
PREVIEW do LIBRO:
***Se algunha vez sorriches cunha viñeta de retranca…
Se cres que o humor tamén constrúe país…
Este libro tamén é teu.***
+INFO
10 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Marina Couto García
Agardamos telos en Aviones de papel. Sorte!
Lucía Flora
Avante ;)
rugidoiro
Avante esses Retrancos!!!
Fani & Fuco
Agardamos gozar do libro canto antes, boa sorte e grazas
Fani & Fuco
grazas polo teu traballo.
Cristina
Estoy deseando leerlo. No soy gallega, pero entiendo el gallego y me encanta.
RETRANCA EDITORA
Author
Moitas grazas polo apoio!
Anxo_Gz
Ánimo, xa falta menos.
Andrés Castro
👌🏻
Clara
💙🤍