❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

'Follas de herba' de Walt Whitman en galego!

Consegue o teu exemplar en exclusiva e faino realidade!

Category

Created in

Bueu
0
seconds
6
Pledges
165€
From 5.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Follas de herba, a obra canónica do autor estadounidense Walt Whitman, chega ao galego da man de Alejandro Tobar –creador de Hugin e Munin – e Ignacio Chao –coordinador en Edelvives– baixo o selo Boulevar Libraría Edicións.

Farao na derradeira das súas edicións (a chamada do leito de morte (1891-92)), nunha luxosa edición bilingüe de tapa dura. Acompáñasnos para que este proxecto sexa unha realidade?

A que dedicaremos o voso apoio?

Con calquera das vosas colaboracións, estaredes facilitando que este libro se comercialice a un prezo moi competitivo e ao alcance de calquera peto.

A vosa axuda servirá para cubrir custos de imprenta, tradución, maquetaxe e corrección, permitindo que publiquemos unha obra de 1000 páxinas por tan só 19,95€.

Ademais, no caso de superar a contía, confeccionaremos tamén materiais didácticos para os centros de ensino e universidades do país ao redor desta obra.

O voso apoio ten tamén unhas recompensas a prezo de ganga!

Neste 2025 tiraremos do prelo obras como a do primeiro gañador do prestixioso Goncourt ou de Thoreau, unha voz referencial que inspirou politicamente durante décadas!

Faite con Follas de herba, unha fermosa tote bag e outras obras en galego a moi bo prezo mentres apoias un proxecto de fondo de armario, un clásico na nosa lingua.

Quen somos

Boulevar Libraría Edicións naceu no 2025 en Bueu, tendo como primeira publicación Inventaria, unha poesía reunida da poeta Emma Pedreira, voz referente da xeración dos 90.

Hoxe traballamos xa desde Santiago de Compostela e Bueu para verquer 5 obras ao galego, mentres publicamos outras obras que encaixan coa nosa personalidade desenfadada en galego.

Calendario

  • 22 de febreiro de 2026: Inicio da campaña. Estará dispoñible até finais de marzo.

  • Ano 2026 e primeiro trimestre do 2027: tradución da obra a man de Alejandro Tobar e Ignacio Chao.

  • Agosto de 2027: Publicación do libro e entrega de todas as recompensas.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy