❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

'Frankenstein', de Mary Shelley. Ilustrado por Miguel Robledo (nova edición)

Axúdanos a volver publicar esta obra mestra nunha edición revisada, con novas ilustracións e moitos extras.

Aira Editorial

A project of

Created in

Allariz
0
seconds
92
Pledges
10.055€
From 9.999€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Queremos publicar unha nova edición de Frankenstein, o gran clásico de Mary Shelley, nunha nova edición. Acompáñasnos?

Aira publicou no 2020, dentro da colección 'Clásicos ilustrados', esta grande obra, traducida ao galego por Samuel Solleiro e ilustrada a toda cor por Miguel Robledo. O libro esgotouse en poucos meses.

A colección 'Clásicos Ilustrados' publica cada ano un libro imprescindible da literatura mundial en galego e en edición ilustrada grazas aos máis de 130 mecenas que nos apoian.

Agora aumentamos o noso compromiso co micromecenado co obxectivo de pór á disposición do público galego grandes clásicos na mellor edición posible. Queremos publicar unha nova edición revisada do Frankenstein, con máis ilustracións e material extra, mais co mesmo espírito daquela primeira. Contamos contigo?

A qué adicaremos os cartos?

Ademais de axudar a imprimir o libro e complementos, Miguel Robledo creará novas ilustracións, faremos unha nova maquetación e pagaremos a % correspondente ao tradutor. E se superamos o obxectivo nun 20% crearemos a axenda Frankenstein, cun prezo moi asequible para aquelas persoas que apoien o proxecto.

Consigue recompensas exclusivas

Podes escoller a recompensa que máis che guste. Combinar o teu exemplar do novo Frankenstein con algún dos outros títulos da colección 'Clásicos Ilustrados'.

Es máis de Edgar Allan Poe, Umberto Eco ou Wilkie Collins?

O teu é a literatura infantil de Heidi ou Unha noite no tren da Vía Láctea?

Gústanche as historias curtas? A túa recompensa é a Schwob.

As novelas emocionantes?: Encantarache Suite francesa.

Se elixes o Drácula desfrutarás da arte de Miguel Robledo por duplicado.

Faite coa bolsa e coa lámina, exclusivas para quen participen neste proxecto.

Quen somos

Aira naceu en Allariz no 2017. Desde entón levamos publicados máis de 130 títulos, principalmente en lingua galega, de todos os xéneros, para todo tipo de públicos.

Calendario previsto

-22 de outubro do 2025: Inicio da campaña. Duración 40 días. Remata o 30 de novembro.

-De xaneiro a abril do 2026: Preparación do proxecto.

-Xuño do 2026: Publicación do libro e entrega das recompensas.

O pvp será de 35 euros xa que tivemos que facer nós unha aportación importante. E a tirada será numerada para darlle máis valor ao produto.

+ Info

Sigue o proxecto tamén no Instagram

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Cristóbal Sánchez

    Cristóbal Sánchez

    3 months

    It is alive¡¡¡¡

  • Porfirio Cede

    Porfirio Cede

    4 months

    Moitos ánimos co proxecto. Benvida é toda iniciativa a prol da literatura e do galego.

#03 / Retomamos o proxecto tras o Nadal 🌱

Tras o parón habitual do Nadal, retomamos o traballo na reedición ilustrada de Frankenstein. Entramos agora nunha fase de preparación e coordinación que resulta esencial para orientar o conxunto do proxecto e garantir o seu correcto desenvolvemento.

Nestes días estamos a organizar o calendario e a coordinar os distintos aspectos do proceso: o traballo co ilustrador, a revisión dos materiais, o deseño da edición e a planificación da produción. Trátase dun momento menos visible, pero necesario, no que se toman decisións que condicionan o conxunto da edición.

Neste contexto, aproveitamos para presentar brevemente o Club Aira. O Club Aira xorde como unha maneira de prolongar no tempo a experiencia de mecenado literario que sostivo durante anos a colección de Clásicos Ilustrados, e como unha vía para reforzar a relación entre as lectoras, os

read more

#02 / Grazas, de corazón ❤️

Hoxe queremos deternos un intre, como a criatura que contempla o mar, para dicir algo sinxelo e esencial: grazas.

Grazas a todas e a todos os mecenas que apoiastes este proxecto, aos que estivestes desde o inicio e a quen se sumou polo camiño. Grazas tamén a quen compartiu, comentou ou falou del. Sen vós, esta edición ilustrada revisada de Frankenstein non sería posible.

Cada achega é unha mostra de confianza no noso xeito de entender a edición: coidada, atenta ao detalle e feita con paixón polos libros e pola ilustración. Detrás de cada páxina hai moito traballo, pero tamén a certeza de que non camiñamos sós.

Agora comeza a fase final: pechar detalles, dar forma definitiva ao libro e preparar con mimo as recompensas. Se todo vai segundo o previsto, os envíos comezarán a partir de xullo de 2026, respectando os tempos necesarios

read more

#01 / Obxectivo conseguido!!!

Boas mecenas.

Grazas por axudar a facer realidade este proxecto.

Xa vos enviei un formulario cos datos que necesito.

Seguirémosvos informando do proceso ata que vos chegue a recompensa.

Unha aperta moi grande.

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy