❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

O FAIADO DAS PAPOULAS

Un libro de poesía intimista que abre xanelas a memorias da linaxe feminina. Este libro é como sandar con palabras cada doenza profunda

Category

Created in

Cuntis
0
seconds
158
Pledges
5.436€
From 5.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

DESCRIPCIÓN

O Faiado Das Papoulas é un libro de poesía libre, en tódolos seus aspectos.

Libre á hora de compoñer a estructura dos textos así como á de escoller, intuitivamente, cada unha das palabras que o forman.

Liberdade tiven eu, a autora das letras, e tamén foi así para a ilustradora e o deseñador, aos que enseguida vos presentarei.

Teño que recoñecer que este último, o meu ben querido Martinho Picallo Fontes (Luscofusco), estivo un chisco máis condicionado pois debía partir dunha premisa, unha necesidade miña:

"necesito aire, limpeza, pensa que denso xa é o que conto, preciso branco para poder soster o relato."

E así o fixo, coma sempre escoitou as miñas palabras, o meu sentir e, a partir desta indicación puxo en marcha a súa xenerosa creatividade para facer deste faiado un lugar no que querer quedarse a vivir.

Neste libro, ao que tanto amor lle teño, aparecen salpicadas ilustracións a toda cor, acuarelas creadas por Paula Pereira, muller á que admiro, coñecida como Cavalinho do Demo. Atopalas de xeito casual ao pasar as páxinas é como recibir un sopro de aire fresco que acariña e adoza o percorrido por este faiado cheo de emocións.

Aínda sendo intimista, esta obra non deixa de ter un carácter reivindicativo e mesmo social con poemas como "TÍTULO 2", onde falo do traumático que nos pode resultar ás mulleres, cando aínda somos nenas, comezar a sentirnos obxecto das olladas lascivas; ou "PARASITOS (Indefensión aprendida. Un fogar no que afogar)" que, como o seu nome indica fala de como nos ensinaron a normalizar os abusos; hai tamén outros máis revolucionarios coma "CABREO, FACERSE CARGO" , un chamado á rebeldía ou "TÍTULO 3" onde me dou o meu lugar nesta sociedade sen agardar a que mo veña dar ninguén.

Poderiamos dicir que hai nestas páxinas unha especie de catarse que desemboca nun lugar de calma onde se fai presente a beleza, o acubillo amoroso e a comprensión profunda.

Este poemario non só fala de min, fala, dun ou doutro xeito de TODAS.

QUEN SOMOS?

Baia Fernández

Escribo contos onde prima a atención ao emocional e o amor pola lingua e a natureza; adoro perderme e atoparme nos versos, a poesía é un recurso para expresarme dende o máis íntimo; combino esta paixón con outras como acompañar a persoas no seu proceso de autocoñecemento como adestradora emocional e facilitadora do Sistema Ludocorporal e a Terapia Corporal Evolutiva; deseño a caracterización de personaxes de teatro e son creadora de contido.

No ano 2016 tiven a honra de resultar primeira finalista no Certame aRi[t]mar Galicia e Portugal polo poema "Engano" recollido no libro "Unha Viaxe de Ruminantes" (2015). Neste 2025, co gallo do décimo aniversario, presentamos a terceira edición desta publicación que conta con poemas inéditos, ademáis dunha imaxe totalmente renovada e especialmente coidada, obra de Martinho Picallo, que poderás encontrar entre as recompensas deste proxecto.

Como podes ver a creatividade está moi presente na miña vida e o meu obxectivo é poñela ao servizo dos demais, especialmente das crianzas con dificultades para a lectura coas que me sinto moi identificada. Compartir o que me fai medrar dálle sentido ao meu paso por aquí.

Foto: Marcello Santos
Foto: Marcello Santos

Se queres saber máis sobre min, podes facelo na miña páxina web

Ou nas miñas RRSS:
@verme_editora
@baiafernandez_talternativas
@baiafdlt

Martinho Picallo Fontes

Deseñador gráfico e fotógrafo de profesión, alma inqueda de vocación onde habería que engadir traballos en investigación histórica, debuxo, tipografía, etc. O seu labor remóntase xa desde hai case 30 anos, comezando de xeito autodidacta. Na actualidade realiza traballos de carácter publicitario que aparecen en tendas e feiras internacionais no sector das telecomunicacións grazas á empresa para a que traballa.

Del son, ademais, “Laia” e “Caracol, cara de col” de Baia Fernández de la Torre; “Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohán Xesús González”; imaxe gráfica do colectivo “Alento esbravexo” (do que é tamén un dos fundadores) e a súa campaña “Unha manda de pezas para Isaac” (na que se reivindicou a figura de Isaac Díaz Pardo a nivel internacional); o grafismo para as “XX Xornadas de homenaxe a Valle-Inclán” celebradas na Pobra do Caramiñal; ou a imaxe gráfica e deseño da maqueta para “30 castelos e torres galegas para descubrir un reino” publicado por Nós Diario e Sermos Galiza (coordinado por Héitor Picallo Fontes) entre moitos outros.

@luscofusco_gz

Paula Pereira

Son Paula Pereira, ilustradora e ceramista.

Fixen varios cursos de cerámica e estudei Belas Artes e desta mestura naceu a minha marca Cavalinho do demo onde creo pezas ilustradas.

Tenho feito distintos traballos de ilustración tanto para editoriais, autoedicións, exposicións ou colaboracións con outros proxectos como etiquetas para produtos.

Vivo nunha aldea e este entorno inspírame moito no meu traballo.

@cavalinhododemo

EN QUE IMOS INVERTIR OS CARTOS?

  • Imprimir o libro (que xa non é pouco), coma sempre coa mellor das calidades, con papel procedente de bosques sostibilidades, impresión ofset con tintas libres de metais pesados e con ilustracións a toda cor.

  • Pagarlle aos artistas, tanto á ilustradora como ao deseñador que ben o merecen. Se me coñeces un chisco sabes o importante que é para min dignificar o traballo creativo.

  • Pagarlle ás persoas que me axudan na xestión da campaña, moi merecido tamén, se non eu tolearía.

  • Facer as recompensas.

  • Gastos de VERKAMI.

  • Pagar impostos. Si, amigas, pagamos impostos pois isto é unha pre-venda.

  • Envíos, agardo que sexan moitos jijiiii... ogallá!

Se aportades abondo poderei ofrecer máis cousiñas bonitas que ideas teño a moreas hahaahah!

CALENDARIO

  • Xuño: Fase de deseño e maquetación.

  • Xullo: Finalización da maquetación.

  • Setembro: Fase de impresión.

  • Outubro: Entrega das recompensas.

Se fose posible realizar a impresión con garantías no mes de agosto, adiantaríase a entrega ao mes de setembro pero... non prometo nada.

POR QUE LER O FAIADO DAS PAPOULAS?

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

18 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Montserrat Pereira Pena

    Montserrat Pereira Pena

    about 1 months

    sempre apoiando a Baia, gran creadora

  • TDAH Salnés

    TDAH Salnés

    about 2 months

    Hermoso proxecto! Estamos desexando telo e ler aos nenos!

  • LIDIA PENA

    LIDIA PENA

    about 2 months

    Aló vai Baia! 💜

  • Alfonso Cuadros

    Alfonso Cuadros

    about 2 months

    Todo irá bien Baia, porque todo es hermoso

  • Nani Matos

    Nani Matos

    2 months

    Moita forza!

  • Cédricd LEZAISx

    Cédricd LEZAISx

    2 months

    Enhorabuena Baia! De parte de Xiana, Cecilia, Fátima y Cédric.

  • Martiña

    Martiña

    3 months

    Moitos èxitos! 😘

  • Héitor

    Héitor

    3 months

    Veña que ten que ser unha alfaia das verdadeiramente brillan!

  • Fátima Martínez González

    Fátima Martínez González

    3 months

    Pepa a Loba Editora desexa ver este proxecto feito unha realidade!

  • Isabel Ures

    Isabel Ures

    3 months

    Emocióname sentir o teu camiño nas tuas palabras, a importancia de saber que son parte como muller dun camiño paralelo e como moitas de nós desexando avanzar a un lugar donde o sentido dos procesos se aclare. Desexando ter entre as miñas máns O faiado das papoulas . Unha aperta amiga.

#05 / NOVIDADES

Ola, querida mecenas!

Veño contarche como imos coa edición de "O FAIADO DAS PAPOULAS", peza que se fai grazas a ti, lembra!

Pois anda Martinho inmerso nese labor e, como é tan creativo, eu sempre estou á espera de que me sorprenda.

E iso mesmo fixo na nosa última xuntanza. Comezamos, abro o documento e... sorpresa! hai modificacións na portada!!! hahahhaah...

Si, eu que pensaba que a portada era o único que estaba rematado... pois non! Con Martinho é sempre así, e eu adoro que o sexa.

O caso é que, aínda que as modificacións sememellan pequenas, para min acaban por facer que este deseño colla todo o sentido e me leve, directamente, ao meu faiado antes mesmo de abrir o libro. Precisamente por ser sutíl é tan poderoso.

Antes de contarche máis vou deixar que vexas a imaxe:

read more

#04 / GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!

GRAZAS, GRAZAS, GRAZAS!

Si, querida mecenas, xa sei que esta expresión está moi manida mais non atopo palabras mellores para expresar o meu profundo agradecemento.

Este éxito é voso, e parte deste libro, tamén!

Antes de comezar a campaña descubrinme nerviosa, máis que outras veces, aínda que, probablemente noutras ocasións o estivera máis pero non me dera permiso para sentilo ou recoñecelo, esta vez foi así. O caso é que me permitín ser libre co que había, gustárame máis ou menos, e puiden traspasalo e activar en min unha capacidade para ir á calma activándose á vez unha confianza profunda.

Dúas semanas despois de comezar o proceso volveron as voces: "e se estou sendo unha ilusa?" "E se desta vez non vai?". Mais, aínda que expresara eses medos, o certo, é que dentro seguía esa confianza profunda de que, fora como fose, este faiado ía saír á luz, inevitablemente.

Que sorte, tamén, estar tan ben rodeada como eu o estou con persoas que me brindaron a súa escoita, compaña e

read more

#03 / NOVO OBXECTIVO!

Moi boas, queridas mecenas!

Estiven vendo as vosas respostas á miña consulta da anterior entrada sobre en que vos gustaría que investira os cartos no caso de alcanzar un novo obxectivo.

Pois ben, a cousa debátese entre as opcións A e C, é dicir, mellorar a edición ou facer máis exemplares e facer unha festa/recital para os mecenas.

Tanto é así que algunha persoa (máis de unha) elixiu as dúas opcións hahhahahaa...

Por tal motivo, e como me debo ao meu público hahhaha... Véxome na obriga de facervos caso, así que, se chegamos ao novo obxectivo marcado en 6.000€, melloraremos a edición e faremos un encontro ben fermoso que nos quede para o recordo, con música, poesía e algunha sorpresa máis...

Así que anima a quen creas que lle pode apetecer ser parte deste proxecto, e a quen penses que non, tamén! Pois nunca se sabe hahahhah...

Fagamos este faiado ben grande e... QUE MEDREN AS PAPOULAS!

Grazas por estar aquí e por ser parte deste FAIADO DAS

read more

#02 / ALEGRÍA MÁXIMA!

Moi bos días!

Escríboche moi contenta, como sabes, esta noite conseguimos o obxectivo marcado de 5.000€ e iso faime moi feliz.

Saber e sentir que tantas persoas estades aí poñendo da vosa parte para que este proxecto saia adiante emocióname. GRAZAS INMENSAS!

Quero contarche que Verkami confirmoume hai escasos minutos unha prórroga de 10 días máis. Esta é unha oportunidade para, ao mellor, alcanzar un obxectivo máis elevado que nos permita realizar melloras no proxecto, ou que cada mecenas reciba un agasallo extra ou, mesmo que faga unha festa-recital especial para mecenas por todo o alto, iso sería xenial! non che parece?

Que che parece se me contas, cal che gustaría que fora o seguinte obxectivo? Elixe unha opción das seguintes e déixama en comentarios:

a) Mellorar a produción do libro e facer máis exemplares.

b) Agasallo extra para mecenas.

c) Festa para mecenas con recital e música en directo.

En función de cal sexa a resposta maioritaria fixaremos o novo

read more

#01 / PRIMICIA NA RECTA FINAL

Ola, querida mecenas,

Quero contarche que está sendo un porceso ben intenso este de levar a cabo unha campaña de mecenazgo mais teño que recoñecer que estou podendo levalo de xeito tranquilo, axudándome de moitos exercicios de meditación e centramento.

Teño confianza en que as papoulas agromen, así como tamén o fan nos aroios e camiños, de forma orgánica e sen que ninguén as empurre a saír, desexo e confío en velas, tamén, florecer neste faiado.

Por outra banda, taio un agasallo para ti. Estou tan agradecida polo teu apoio que decidín compartir contigo uha imaxe máis do libro. Xa che compartira un par de papoulas, a muller voando e a que bota lume pola boca. Pois ben, aquí vai unha nova imaxe que ve a luz.

Realizada por Paula Pereira (Cavalinho do Demo) e dixitalizada por *Martinho Picallo *(Luscofusco) acompaña ao poema "A ÁRBORE"

read more
We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy