En Agosto deste ano comezamos a preprodución-composición do disco nos Estudios Mafia do Carballiño, da man dun vello amigo de NAO: Óscar Fernández "Chichi".
Logo de máis de 4 meses podemos afirmar que o que comezaron sendo ideas soltas agora son un disco sólido e sen fisuras.
POR QUE CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE?
Porque iso mesmo é o que leva facendo NAO oito intensos anos. Este pretende ser o noso disco definitivo, é por iso que resume no seu título dun xeito tan directo a filosofía da banda.
Agora mesmo temos 10 cortes gravados e imos comezar en Xaneiro a mistura.
Do mesmo xeito temos xa escomenzada a gravación dun videoclip coa produtora audiovisual Oitoemedio produccións.
A nosa idea é ter todo listo e editado o 26 de ferbreiro de 2013. E comezar unha xira de presentación por Galiza en marzo.
Para isto precisamos que nos botedes unha man. A cambio tedes recollidas aquí a vosa dereita os agasallos que recibiredes por ser con nós partícipes deste novo disco.
AS VOSAS APORTACIÓNS IRÁN DESTINADAS A PAGAR:
A produción, gravación e masterización do disco nos Estudios Mafia Records (O Carballiño).
Edición física de 1000 Cds en formato digipack
Deseño do disco, web e social media.
Fabricación de 100 camisolas, 500 cartaces da xira e 200 colantes.
Gravación dun videoclip.
O que vos pedimos non é o total do que isto custa senón só unha parte.
Xustamente o que nos falta por pagar.
Temos dous discos no mercado. Un deles editado co selo Kamikaze Producións "As palabras espidas". O noso 2º disco "Coas túas mans" auto-editado. Para poder gravar estes discos a banda tivo que poñer unha boa cantidade de cartos nos dous casos. Para "As palabras espidas" pedimos un crédito a unha entidade bancaria, e para "Coas túas mans" os membros do grupo puxemos gran parte do orzamento.
Nós preferimos, desta volta, pedir axuda a quen confiou en nós todos estes anos, mercando os nosos disco, vindo ós concertos, os que realmente sodes a esencia da banda e o motor que fai que isto siga igual de quente que nos seus comezos.
Colaborade con nós: Non vos decepcionaremos!!!
ADIANTO DO DISCO
A NOSA PRESENZA NA REDE:
Faite amigo de NAO en Facebook
Dalle ao "GÚSTAME" na nosa Fanpage
Síguenos en Twitter
Web de NAO
Facebook da Santa Guerrilla
Adiante compañeiros!
20 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
NAO
Author
Moi boas, nesta opción enviámosche todo a túa casa: cds e camisola; nun paquete ben xeitoso.
En canto o cd "Coas túas mans" non imos ter problema coas existencias e todos os mecenas que optaron e opten por esta opción van a ter o seu cd sen problema.
pirata
Boas, na opción dos 25 euros mandádelo novo cd ó domicilio? e o do cd anterior "Coas túas mans" coma vai iso de até fin de existencias? e tamén o mandades ó domicilio? é a opción que máis me interesa, unha aperta, xa me comentades ;)
NAO
Author
Non queda nada Román. Un soño feito realidade. É unha pasada sentir este apoio!!!
Román Cerqueiro Landín
Ai estamos redondeando a cifra: só quedan 100€!!! Parabéns que isto xa está feito.
NAO
Author
Ese Meralho!!! Moitas grazas pola túa aportación. Xa estamos as portas de conseguilo. As guitarras tronan coma nunca, xa o escoitarás. Unha aperta
meralho
bom, pois cá tedes umha ajudinha para mais um projecto musical em galego!! que troem as guitarras!!
NAO
Author
Nós desexamos o mesmo , e grazas a xente coma vos estamos seguros de que o conseguiremos !!
GONTXU
Ahi vos queda a minha aportacion rapaces ¡¡¡¡¡ queremos ese discazo na rùa xa ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ apertas ¡¡¡¡¡¡¡
NAO
Author
Mil grazas !!
www.catrogatos.com
Vamos chicos que xa vos falta menos. Eu xa puxen o meu graniño de area.
E tamén tedes publi na páxina:
http://www.catrogatos.com/2012/12/19717/