A chegada de turistas a Vilagarcía de Arousa esperta en Iago dúbidas sobre a súa identidade de xénero. Este proceso de introspección afecta ao vínculo que ten coa súa nai e seu irmán. Iago, sen sabelo, emprende o seu propio camiño da mesma forma que os turistas atravesan a ruta da Traslatio, o único Vía Crucis marítimo fluvial do mundo.

Translatio é unha curtametraxe de ficción que explora a complexa relación entre nai e fillo, enfocándose na dualidade entre o amor e o trauma. A maternidade, entendida como algo inmenso e desafiante, é resignificada, mostrando tanto a beleza como os conflitos inherentes. A narrativa aborda a independencia mutua e a perda de inocencia que xorde coa adolescencia, destacando a importancia da escoita e a verdade no vínculo. A historia pretende provocar unha reflexión sobre a figura materna, tradicionalmente malinterpretada, e a súa evolución na relación co fillo.
Santiago Pereira, escritor e director desta obra, reflicte en Translatio unha introspección persoal e emotiva, onde se entrelazan os desafíos do autodescubrimento co complexo vínculo materno.
Esta obra, que marca o seu debut como director, conta coa subvención de Talento de AGADIC e foi seleccionada nos laboratorios 1to1 de Intersección - Festival Internacional de Cine da Coruña e no Queercinelab, organizado pola Fundación Triángulo co apoio de SEMINCI.
A produción realízase xunto con Mala Herba, unha cooperativa audiovisual fundada integramente por mulleres novas no ano 2021. Comprometidas co empoderamento das mulleres e a promoción de novos talentos, apostan por proxectos con enfoque de xénero, destacando a súa web serie Nómades, dirixida por Marta Insua, ou a curtametraxe Curmán de Alejandro Jato.

QUE É A TRASLATIO?
A familia de Iago vive moi preto dun camping, nun pequeno pobo costeiro de Galicia por onde pasa a Traslatio.
A lenda conta que foi na Ría de Arousa onde se fixo a traslación dos restos do apóstolo Santiago por mar. Así os dezasete cruceiros que sinalan o camiño compoñen o único Vía Crucis marítimo fluvial do mundo.

Esta idea universal de traxecto, ás veces conmovedora, impregna toda a obra. Igual que os peregrinos que voluntariamente emprenden esta viaxe, os protagonistas e os turistas do camping súmanse de xeito involuntario a ela: os primeiros nos seus percorridos cotiáns, e os segundos practicando o turismo de sol e praia nas costas galegas.
Sen decatarse, todos percorren a orixe de tódolos camiños. Iago e Carme, súa nai, non só realizan breves desprazamentos físicos, senón tamén unha viaxe vital que transformará a súa relación.
A NOSA EQUIPA
Iago e Carme serán interpretados por Alberto Abal e Susana Sampedro.

Santiago Pereira Lorenzo, director, guionista e produtor executivo
Elena Mansinho, produtora executiva
Marta Marinhas, ax. direción
Marta Insua, asistente de direción
Laura Piñeiro, script e DIT
Marina Cores, xefa de localizacións
Andrea Louzao, directora de fotografía
Thomas Schwarz, foquista
Paula Varela, gaffer
María Costas, auxiliar de cámara
Samuel Lago, son
Eva Pereira, directora de arte
María Selgas, maquillaxe e perruquería
Claudia Berro, foto fixa, making of e deseño gráfico
Mala Herba Producións, empresa produtora

DESTINO DAS APORTACIÓNS
Despois de recibir a subvención a Talento de AGADIC a equipa necesita completar o orzamento para poder sacar adiante a rodaxe nas condicións máis dignas.
Non só a produción a capitanea xente moza e queer, tamén o fai no resto de departamentos involucrados.
Estamos convencidos de que cada un dos vosos grans de area permitirá facer realidade uns obxectivos que as novas xeracións buscamos.
Voso apoio servirá para costearmos:
Material de iluminación, cámara e son.
Aloxamento da equipa durante a rodaxe.
Gastos de posprodución: montaxe e mezclas de son, correción de cor, composición da banda sonora.
Temos organizado un sistema de recompensas moi variado que esperamos vos anime a colaborar connosco.
AS RECOMPENSAS
Coas recompensas queremos achegar un pouco das rías galegas e o proxecto a aquelas persoas que nos axuden.
Non son moitos os proxectos que visibilizen esta paisaxe, nos falen dos cruceiros e da Translatio por mar, e por iso queremos resaltar a importancia de colocar o punto de mira noutros lugares e tradicións.
Ao mesmo tempo queremos reafirmar a inmensa e desafiante experiencia de ser nai, de ser queer e por suposto, de ser familia.
Camisetas personalizadas, deseñadas pola nosa compañeira Claudia Berro. Podes conseguir esta camiseta por 20€ como complemento extra en calquera recompensa, a partir de 50€ vai incluída unha unidade nas propias recompensas. 100% algodón, tallas dende a XXS a 4XL.

Pack de fotos "ORIXE DO PROXECTO" son unhas fotografías analóxicas feitas por Santiago Pereira, o director. Estas fotos foron a semente da curtametraxe. Podes conseguir dúas postais en formato físico por 10€ como complemento extra en calquera recompensa, a partir de 20€ vai incluído nas recompensas o pack en formato dixital.

+ Info
Podes seguir o proxecto no Instagram do director ou de Mala Herba Producións
Tamén podes falar connosco a través do propio Verkami, na seción Preguntas e Respostas, ou enviarnos un e-mail a [email protected]
5 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Chémi Pérez
‘Translatio’ está a punto de conseguirlo. ¡Vamos!
Antia Ropé
Mucha suerte con el proyecto, chicos❤️
Loli Rodríguez
Xa falta menos 😘
Bxxs
Por máis campañas coma esta, feita con tanto amor e cariño
Isabel
❤️