❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Heliotropo - Cine de ciencia-ficción en galego

Unha curtametraxe de ciencia-ficción rodada íntegramente en Galicia e en galego por cineastas novos e actores locais.

Lámbrica Producciones

A project of

Category

Created in

0
seconds
68
Pledges
2.840€
From 2.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O noso proxecto

Heliotropo é unha curtametraxe de ciencia-ficción rodada en galego e en Galicia por actores novos e cienastas locais.

Nela, preséntase un futuro distópico no que uns extraterrestres invaden o planeta e comenzan a terraformalo para facelo habitábel para eles mesmos. A humanidade, tras intentar enfrontalos e fracasar nun primeiro momento, comeza a descender nunha espiral de desesperación e decadencia. Esther, unha rapaza que perde á súa nai na invasión, vai apañando para sobrevivir, pero non pode evitar descender ela mesma tamén aos infernos da corrupción moral aínda tendo nas súas mans o artiluxio que podería salvar o planeta. Ante esta nova esperanza, aparece o Redentor Vermello, unha figura ambigua e controvertida, que intentará liderar ao que queda da humanidade cara a salvación.

Esther apunta cun arco
Esther apunta cun arco

Unha nave inxectora baixo a luz do lóstrego
Unha nave inxectora baixo a luz do lóstrego

A ciencia-ficción é un fío condutor que permite presentar temas moi diversos dende unha perspectiva orixinal. Así, nesta curta, propóñense dúas lecturas a diferentes graos de profundidade: aínda que na superfice atopemos extraterrestes e acción bélica, no fondo formúlanse cuestións filosóficas e morais que nos fan reflexionar e preguntarnos que faríamos nós chegada unha situación similar. Deste xeito, non só intentamos que o espectador goce visualmente da curta, senón tamén conmovelo. É por isto que é un dos nosos xéneros favoritos: a flexibilidade que che da, permíteche deixar voar a túa imaxinación, pero ao mesmo tempo, sempre reposa sobre temas reais, o cal nos mantén cun pé no chan.

Naves orbitais arrodean a Terra
Naves orbitais arrodean a Terra

A cantidade de traballo que hai detrás dun proxecto cinematográfico é inmensa: uns poucos minutos na pantalla implican meses de traballo. En particular, neste caso, tras realizar formación en diversos aspectos da produción audiovisual, estamos poñendo todo o noso saber facer, o noso tempo e sobre todo, o noso agarimo, en "Heliotropo": en primeiro lugar, escribir o guion. A continación, a preprodución, coa busca dos actores, localizacións, preparación do vestiario, props e outros obxectos, e preparación de todo o material cinematográfico.

Proceso de creación dunha arma de fogo ficticia: impresión, montaxe, pintura, remate.
Proceso de creación dunha arma de fogo ficticia: impresión, montaxe, pintura, remate.

Resultado final
Resultado final

Só entón lévase a cabo a produción e, en particular, a rodaxe:

Un par de intres da rodaxe
Un par de intres da rodaxe

E finalmente, o que neste caso levará máis tempo, a posprodución, proceso no cal estamos inmersos actualmente. É aquí onde realizaremos a revisión do material rodado e a montaxe, a cal inclúe, entre outras cousas, os efectos visuais, un elemento moi importante nun proxecto de ciencia-ficción, así como a banda sonora, a cargo de Aaron Castiñeira.

Mans arriba!
Mans arriba!

Nave patrulladora de rolda nocturna
Nave patrulladora de rolda nocturna

Por que axudarnos

Como podedes entender, todo o traballo mencionado anteriormente involucra a moitas persoas, pero desafortunadamente, na actualidade, o sector audiovisual é bastante precario, sobre todo para os que estamos comezando, e que os proxectos saian adiante adoita depender, en gran medida, das boas intencións e a ilusión da xente. Polo tanto, con esta campaña, preténdese axudar a tódolos participantes desta curtametraxe a dar os seus primeiros pasos na súa profesión con certa dignidade.

Ademáis do apoio económico para retribuir a tódolos participantes así como axudar a recuperar parte da inversión xa realizada, hai moitos outros gastos que aínda están por vir, que están asociados sobre todo a posprodución e, en particular, aos efectos visuais.

Finalmente, con este proxecto apóstase tamén polo talento local, xa que non só está rodado en galego, senón que é 100% producido en Galicia e, dende a nosa pequena produtora Lámbrica Producciones, pretendemos continuar nesta liña en proxectos futuros.

Se concretamos un pouco máis, velaquí embaixo o listado dos principais gastos que xa tivemos e os que prevemos ter antes de finalizar o proxecto:

  • Preprodución: equipo cinematográfico; vestiario, props e outras ferramentas.

  • Produción: loxística e desprazamentos; honorarios actores e equipo técnico.

  • Posprodución: honorarios do compositor da banda sonora; licencias de software de efectos visuais; compra de tempo en granxas de renderizado; compra de modelos 3D, librerías de son e vídeos de stock.

  • Distribución: inscrición en festivais.

Calendario

Como comentamos, a preprodución e a produción xa están rematadas.

Agora estamos en plena posproducción, a fase máis longa, xa que inclúe montaxe, efectos visuais, corrección de cor, son, banda sonora, etc.

A nosa intención é rematar a curtametraxe en torno a marzo de 2023 e comenzar entón coa entrega das recompensas.

Quen somos

Pero, quen está realmente detrás de todo isto?

Lámbrica producciones é unha pequenísima, diminuta e incipiente produtora audiovisual viguesa. Tras este nome atópanse Rubén Suárez, director e produtor, así como Alicia Pérez, distribuidora e community manager.

Rubén e Alicia
Rubén e Alicia

A nosa toma de contacto inicial co sector cinematográfico foi con Abismo, a nosa primeira curta, que realizamos cun reducido equipo de sete persoas, includos tódolos actores e persoal de produción.

Agora, con Heliotropo, lanzámonos a un proxecto moito máis ambicioso no que colaboran moitas máis persoas. A complexidade do proxeto medrou rapidamente, de xeito que decidimos apostar por primeira vez por levar a cabo un crowdfunding, co obxectivo de podermos implementar todo o que temos en mente.

En Heliotropo contamos cun elenco e un equipo técnico marabilloso:

María Francelina: produtora, directora de actores e actrices. Veterana do sector, danos sempre mil consellos e recursos que tentamos aproveitar ao máximo.

Sergio Alfonso: ademáis de grande actor, axúdanos sempre no que sexa preciso (produción, son, organización, etc).

André Costal: director de arte da curta. Tamén fixo de figurante e, en xeral, botounos unha man co que foi preciso.

Ademáis deles tres, no elenco contamos cos actores e actrices galegos Sergio Macías, Ara García, Raquel Meleiro, David Carbó...

Agás Sergio Macías, veterano do cinema e a televisión nacionais, e María Francelina, o resto do elenco son actores e actrices novos, a meirande parte estudantes ou graduados da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, ou membros de grupos de teatro de Vigo.

Máis información

Se queredes coñecernos un pouco mellor e botarlle un ollo ao noso traballo, velaquí tedes algunhas ligazóns intersantes:

A nosa web oficial: https://lambrica.com/

Aquí podedes visualizar o tráiler de Heliotropo que temos xa preparado: Tráiler Heliotropo

A rede social na que máis nos movemos agora mesmo é en Instagram, onde imos subindo fotos e vídeos do noso traballo, tanto do proceso coma do resultado: Instagram

Aaron Castiñeira é o compositor que vai realizar a banda sonora da nosa curta, botádelle un ollo á súa web oficial: Aaron Castiñeira.

Na seguinte ligazón pódese visualizar o tráiler de Abismo, a primeira curtametraxe que realizamos:
Tráiler Abismo

E finalmente, por se vos interesa, deixámosvos aquí embaixo algunhas imaxes máis de todo o que xa temos feito de Heliotropo:

Vestiario. Un colar de heliotropo, a pedra que da nome á curta
Vestiario. Un colar de heliotropo, a pedra que da nome á curta

Impresión 3D en curso
Impresión 3D en curso

Corazón impreso en 3D e posteriormente pintado e rematado para dar realismo
Corazón impreso en 3D e posteriormente pintado e rematado para dar realismo

André axustando o vestiario do Redentor Vermello e Rubén dando indicacións sobre o guion
André axustando o vestiario do Redentor Vermello e Rubén dando indicacións sobre o guion

Soldados alistándose, felices, ao exército do Redentor Vermello
Soldados alistándose, felices, ao exército do Redentor Vermello

Plano curto do Redentor Vermello cun corazón na man
Plano curto do Redentor Vermello cun corazón na man

Esther e o seu pai tendo unha conversa difícil
Esther e o seu pai tendo unha conversa difícil

Foto de fin de rodaxe con Sergio Macías
Foto de fin de rodaxe con Sergio Macías

Mans arriba!
Mans arriba!

Rodaxe en plena natureza
Rodaxe en plena natureza

Esther, pensativa
Esther, pensativa

André retocando maquillaxe e Rubén preparando o seguinte plano
André retocando maquillaxe e Rubén preparando o seguinte plano

Foto de fin de rodaxe na ESADg
Foto de fin de rodaxe na ESADg

Recreación artística do Big Bang
Recreación artística do Big Bang

Contrapicado de Esther
Contrapicado de Esther

Primeiro plano do pai de Esther
Primeiro plano do pai de Esther

Membro do exército do Redentor Vermello
Membro do exército do Redentor Vermello

O Redentor Vermello, entrada dramática en escena
O Redentor Vermello, entrada dramática en escena

Nave inxectora traballando no mar
Nave inxectora traballando no mar

Explosión nuclear nunha cidade costeira
Explosión nuclear nunha cidade costeira

Modelo de nave orbital
Modelo de nave orbital

Modelo de nave patrulladora
Modelo de nave patrulladora

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

6 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Luis Mateo

    Luis Mateo

    about 1 year

    Suerte!!!

  • alvaro

    alvaro

    about 1 year

    Al principio hay mucha materia de trabajo y estudio, después todo se arregla.

  • Toñi Caseiro

    Toñi Caseiro

    about 1 year

    Sorte rapaces e moitos éxitos!

  • Airis e Isma

    Airis e Isma

    about 1 year

    Que a forza vos acompañe!

  • Fitus

    Fitus

    over 1 year

    Mucha suerte

  • Juan Suarez Pousa

    Juan Suarez Pousa

    over 1 year

    Good Luck

#03 / Novidades

Ola meceas!

Levamos 3 meses medio desaparecidos pero podedes crer que non vos esquecemos!

Dunha banda, xa todos deberiades ter recibido as recompensas salvo que vos dixeramos que volas dábamos en man e aínda non quedásemos convosco; ou no caso das pistolas... que seguen a piques de estar rematadas pero non atopamos o tempo de sentarnos a darlles os derradeiros toques!

Cal está rematada xa e cal non?
Cal está rematada xa e cal non?

Pola banda da curta, a posprodución está a ser moi longa e require moitísimo traballo así como moitísima potencia de ordenador, que tódalas noites queda renderizando algún efecto visual.

Aínda que sexa con retraso, temos o corazón posto neste proxecto e máis tarde ou máis cedo acabará saíndo adiante. Agardamos que a próxima vez que vos escribamos sexa con novas máis alentadoras!

Grazas unha vez máis polo voso apoio e a vosa paciencia.

Unha aperta moi, moi grande,

Alicia e Rubén.

#02 / ¡Por fin! As recompensas están camiño

Bo día,

Pois non, non nos esqueceramos de vós aínda que o parecese... Pero a verdade é que a cousa está tomando un chisco máis de tempo do que contabamos.

Así que queremos excusarnos por este retraso e tamén poñervos ao día coas novidades, que por fin temos algunha.

Comenzando pola curta en si mesma, a posprodución estase facendo máis longa do que pensabamos e aínda imos ter que traballar durante o verán para poder rematala definitivamente.

A boa noticia é que, en canto ás recompensas, ¡a meirande parte xa están xestionadas! O xoves pasado fomos a Correos a enviar os paquetes dos que estades máis lonxe, e ao longo da semana pasada xa comenzamos a entregalas en man aos que estades máis preto. Velaquí as probas!

Menuda lea para preparar os paquetes
Menuda lea para preparar os paquetes

Pero o conseguimos
Pero o conseguimos

A única excepción, polo de agora, son os nosos dous marabillosos meceas que pediron a recreación da pistola de Esther: esto ten moito máis traballo detrás, pero estamos niso:

Xa están impresas e montadas, queda pintalas e rematalas
read more

#01 / Obxectivo conseguido

CASTELLANO ABAJO


Ola a todos e todas!

Tiñamos MOI pendente escribir esta entrada do blog dende fai xa varios días porque... efectivamente!! Acadamos o noso obxectivo de financiación!!

E se estamos aquí, é sen dúbida grazas a todos vós: grazas ao voso apoio, a que credes en nós e no noso proxecto. Tódalas veces que vos digamos GRAZAS non serán abondo.

Agora, despois duns días un pouco intensos pola nosa ofi e a nosa casa, podemos por fin comezar a contarvos como segue todo con Heliotropo e a contarvos das recompensas. En breves (probablemente esta semana) empezaremos a encargar as chapas, as tazas, as bolsas... Ao longo do mes de marzo iremos organizando todo para podérvolo enviar o antes posible.

En breves tamén recibiredes un email para que nos deades os datos loxísticos esenciais para poder facervos chegar as recompensas. Non deixedes de responder!

Grazas unha vez máis e ata pronto!


¡Hola a todos y todas!

read more

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy