❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

O tecido da memoria (My room number is cucumber)

O testemuño dunha persoa maior fronte a morte; a escritura da xuventude fronte a vida

Leo Pereiro

A project of

Category

Created in

Santiago de Compostela
0
seconds
47
Pledges
825€
From 800€
Contribute to the project

Choose your reward

Support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O tecido da memoria (I)

Unha mostra documental na que se retrata por unha banda as memorias dunha persoa maior galega, unha muller de 88 anos que sufriu a emigración a Inglaterra e o seu intercambio social e cultural. A partir das súas anécdotas, realízase unha reconstrución dos sucesos pasados así como a súa actual relevancia.

Mostra de material de arquivo. Á esquerda, con 2-3 anos, a protagonista da curta
Mostra de material de arquivo. Á esquerda, con 2-3 anos, a protagonista da curta

My room number is cucumber (II)

Por outra banda, a partir desta construción realízase un debate interxeracional. A través do formato entrevista, a protagonista ademais de ser preguntada tamén recibe a intervención do entrevistador. Deste xeito, da memoria pasada "técese" unha reformulación dos valores manifestados, así como se crea un novo recordo a través do formato fílmico.

- Presente. A casa de Magdalena -
- Presente. A casa de Magdalena -

Quen somos?

O proxecto forma parte dun Traballo de Final de Grao de Comunicación Audiovisual da USC, polo que o equipo técnico trátase esencialmente de estudantes. A idea xurdiu a raíz dun traballo dunha asignatura no ano 2021, e culmina neste último traballo do grao.

Presenta un importante compoñente persoal xa que o director da obra é o neto da protagonista, nacendo a idea das conversacións mantidas ao longo dos anos.

Cal é o fin das aportacións económicas?

O diñeiro recadado empregarase para as necesidades de rodaxe (aluguer de equipo, dietas, desprazamentos), material complementario de arquivo, así como o envío ou inscrición da curta en festivais de ámbito nacional e internacional do sector audiovisual. Así mesmo, outra parte destinarase á elaboración das recompensas, que teñen como fin facer do proxecto unha creación colectiva, razón pola que todxs xs meceas formarán parte dos créditos da curtametraxe, así como se pretenderá tamén transmitir o carácter persoal da obra.

Calendario previsto

A rodaxe da curta terá lugar a finais de maio, así como a entrega das recompensas será nunha primeira instancia durante o mes de setembro. O percorrido de exhibición comezará a finais de ano, e principios de 2024, acorde ao calendario de festivais relativos á temática e xénero da curta, así como futuras proxeccións concretas en diversos lugares e centros por definir.

Redes + Info

As redes sociais de O tecido da memoria son:
Instagram
Twitter

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Eva Sánchez

    Eva Sánchez

    about 2 years

    Muchísimas ganas de ver este proyecto!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy