❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Estación Visual A Coruña

Observa desde onde queiras a evolución da Coruña desde o Paleolítico ata a época romana a través da nosa recreación virtual

Galaicos

A project of

Category

Created in

0
seconds
222
Pledges
14.460€
From 13.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

ACTUALIZACIÓN!! - ACADADO PRIMEIRO OBXECTIVO!!! - SEGUNDO EN MARCHA!

Grazas por apoiar Estación Visual A Coruña, grazas por interesarvos pola historia da nosa cidade, grazas por difundir o noso traballo, grazas por soster unha investigación modesta en medios pero ambiciosa na cantidade de horas que leva detrás, na implicación do equipo e súa vocación de converterse nun proxecto de toda Coruña e para toda A Coruña.

Abrimos segundo obxectivo en 19.100 euros. Seguiremos entregando as recompensas habituais con cada nova achega pero, se acadamos este novo obxectivo, poderemos entregar a todos os que achegastes e a todos os que aínda acheguedes 15 euros ou máis un póster inédito da Estación Visual 100x33 cm percorrendo a historia do territorio da cidade!!

Aquí podedes ver un exemplo preliminar do que será. Agardamos sorprendervos co resultado final!

Queda moita historia por descubrir e estamos desexando amosárvola!!

ESTACIÓN VISUAL A CORUÑA. O PROXECTO

A Coruña a través do tempo e do espazo. É o que propoñemos con "Estación Visual A Coruña", un proxecto de reconstrución virtual da historia do territorio da cidade desde hai 350.000 anos. O traballo que estamos a desenvolver recrea territorio e edificacións en 3D en diferentes épocas, desde o Paleolítico inferior até o final do período romano, o que permite movérmonos nunha contorna web a través da urbe, desde moitos miles de anos antes da súa orixe. Ao acceder poderedes ver, entre outras cousas, o territorio urbano unhas cantas centenas de milenios antes, cando estaba dominado polo mar, antes de ser unha península, ou a Torre de Hércules orixinal no seu contexto xeográfico.

VÍDEO

O traballo está profundamente documentado e asesorado nas diferentes áreas que abrangue, principalmente a Arqueoloxía, a Xeoloxía e a Historia. Os resultados visuais da Coruña, que se obteñen desde os diversos Puntos de Observación establecidos sobre o territorio virtual, son completamente inéditos e bastante impactantes para calquera que a teña pisado algunha vez.

A TORRE COMO SÍMBOLO

A Coruña é unha cidade intimamente unida á súa costa e ao mar, pola súa morfoloxía e polo seu devir histórico. Pero, sobre todo, está ligada á Torre de Hércules como símbolo indiscutible. A cidadanía non só valora a transcendencia histórica da construción máis antiga que conservamos en uso desde que se poboou o noso territorio, senón que a ten feito súa a través dun uso intenso e ininterrompido ao longo do tempo en todo tipo de representacións gráficas sempre vinculadas á cidade, desde escudos, logos, rótulos e outras referencias. Por iso, calquera que se sinta parte da cidade entenderá o interese e o atractivo deste proxecto.

O EQUIPO

O equipo que desenvolve Estación Visual A Coruña ten xa experiencia en proxectos creativos e culturais. Somos “responsables”, entre outros proxectos, das reconstrucións arqueolóxicas recollidas nunha serie de pósteres, “Fotos non túnel”, que aínda hoxe é a referencia para calquera reconstrución visual do pasado da cidade e o seu principal monumento, e que formaron parte diversos libros e publicacións especializadas. A referencia foi incluída, por exemplo, na documentación da exitosa candidatura presentada pola Coruña perante a UNESCO para a consideración da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade, concedida en 2009.

Noutro dos nosos proxectos, este equipo elaborou o innovador deseño da camiseta do Deportivo da Coruña na época do SuperDépor, que foi nomeada en 2020 pola afección mellor camiseta europea dos anos 90 nun coñecido portal especializado.

Ademais, temos o apoio de figuras referenciais nos campos aos que atinxe o proxecto para asegurar o rigor do resultado. Para desenvolvelo, contamos co asesoramento de figuras como as de:

Juan Ramón Vidal Romaní. Profesor Emérito e Director do Instituto Universitario de Xeoloxía, Universidade da Coruña (UDC)

José María BelLo Diéguez. Licenciado en Historia pola USC. Arqueólogo, Director do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña desde 1997 ata 2017

Xan Luís Vázquez Gómez. Ex arqueólogo municipal da Coruña

Aurelia Balseiro García. Licenciada con Grao en Xeografía e Historia. Directora do Museo Provincial de Lugo

Miguel San Claudio Santa Cruz. Doutor en Ciencias da Antigüidade. Arqueólogo Submarinista. Director-xerente de Archeonauta

Francisco-Javier López Valo. Investigador Histórico-Membro da Asociación de Estudos Históricos de Galicia

Pablo Latorre Gozález-Mouro. Arquitecto encargado da restauración da Torre de Hércules en 1991. Especialista en Restauración

Urbano Fra Paleo. Doutor en Xeoloxía. Catedrático de Xeografía Humana da Universidade de Estremadura. Académico da Academia Europaea.

POR QUE ESTAMOS AQUÍ?

O proxecto para o que buscamos financiamento ten unha dimensión maior que os nosos traballos previos, xa que, nesta primeira fase, ofrecerá unha perspectiva completa do período que abrangue.

Trátase dun traballo que emprega tecnoloxía avanzada, con múltiples aplicacións en sectores como o educativo, o cultural, o científico ou mesmo o turístico, que está pensado para chegar a un público amplo e, en primeiro lugar, á poboación local, para que poida coñecer unha parte da historia da súa cidade que até o de agora non puidera observar. Así, a nosa idea incluiría a publicación de libros, exposicións, itinerarios didácticos de realidade aumentada, colaboración con publicacións académicas, visualización de novos achados científico-históricos ou vídeos didácticos con animación… Podería construírse tamén unha plataforma para actualizar o pasado ou itinerarios turísticos culturais que engaden unha dimensión máis ás visitas á cidade.

RECOMPENSAS

Unha das principais recompensas que queremos ofrecer ás persoas que apoien o noso proxecto será poder ver na web múltiples enfoques da cidade e da súa contorna ao longo de miles de anos e comprobar como a súa morfoloxía foi cambiando co tempo.

Pero, ademais, haberá distintas compensacións, como o libro do proxecto, con imaxes exclusivas e con prólogo de Juan Ramón Vidal Romaní, profesor emérito de Xeoloxía da Universidade da Coruña, e textos de Miguel San Claudio Santa Cruz, doutor en Ciencias da Antigüidade.

Ademais, tamén podedes optar por ter unha camiseta na que observamos o paso do tempo a través da Torre de Hércules, láminas dixitais de calquera imaxe da web, ademais de poder deixar a túa pegada na Estación Viusual con dedicatorias ou imaxes personalizadas, en función das achegas.

Para as empresas e institucións propoñemos incorporar o seu logo á web ou ao libro do proxecto, elaborar unha imaxe exclusiva patrocinada e referencial ou a oportunidade de recibir unha edición especial do libro ou a lámina como agasallo institucional.

Apetécevos algunha delas?

CALENDARIO PREVISTO

A nosa campaña está aberta desde o 21 de xuño e podedes realizar achegas e animar a outras persoas a que as fagan até o vindeiro 30 de xullo.

Co voso apoio poderemos facer que a web de Estación Visual estea accesible en outubro, xunto coas vosas dedicatorias, e nese mesmo mes poderemos tamén entregar o libro, as láminas e todas as vosas recompensas. Esperamos sorprendervos cos resultados inéditos do proxecto!

Durante o mes de agosto remitirémosvos todos os formularios para que fixedes as vosas preferencias sobre as recompensas personalizadas. E quen teñades pedido as camisetas, xa as poderedes lucir ese mes!

Avisarémosvos uns días antes por e-mail para que teñades unha idea máis precisa de cando poderedes recibir as vosas recompensas.

SEGUE COÑECÉNDONOS

Se queres coñecernos mellor, podes visitar a nosa web Galaicos, a web de Enrique JP Cabarcos e, sobre todo, o prototipo da web de noso proxecto Estación Visual A Coruña, onde xa podedes ver desde un computador (non optimizada aínda para móbil) algúns dos resultados do noso traballo e tamén facervos unha idea do que poderemos conseguir se nos apoias.

E para estar ao tanto das novidades do crowdfunding, síguenos nas nosas redes sociais, onde verás imaxes moi especiais da Coruña e da súa contorna:

Estación Visual en Twitter

Estación Visual en Instagram

#Divulgación #Xeoloxía #Arqueoloxía #Historia # ACoruña #Galicia # TorredeHércules # HistoriaTúa # CoruñaEterna

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

15 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Jacobo Manuel García Roura

    Jacobo Manuel García Roura

    almost 2 years

    Hagamos que nuestra ciudad tenga su Historia SIEMPRE VIVA :)

  • JUANCINHO

    JUANCINHO

    almost 2 years

    Un lujo y un placer el poder colaborar con este proyecto.

  • Margarita Queijo Rodríguez

    Margarita Queijo Rodríguez

    almost 2 years

    Gracias por dar a oportunidade de ver tan impresionante traballo.

    Forza, ánimo e saúde!!

  • Galaicos

    Galaicos
    Author

    almost 2 years

    Grazas a todos polas vosas achegas e polos azos!!

  • Manuel F Herrador

    Manuel F Herrador

    almost 2 years

    Moito ánimo!

  • bcurpra

    bcurpra

    almost 2 years

    Longo camiño...parabéns!

  • José Luis Rodríguez Brion

    José Luis Rodríguez Brion

    almost 2 years

    La creatividad y el trabajo merecen ser recompensados, por ello: Suerte!

  • Rubengarrote

    Rubengarrote

    almost 2 years

    Espero que este pedazo traballo acade o obxetivo canto antes. Moita sorte!

  • lorefuente

    lorefuente

    almost 2 years

    Deseando disfrutar del resultado!!

  • lorefuente

    lorefuente

    almost 2 years

    Deseando disfrutar del resultado!!

#07 / Estación Visual A Coruña. Novidades sobre o libro / Novedades sobre el libro

Remata novembro e non puidemos aínda repartir os libros, tal como pensabamos facer ao longo deste mes, polo que queremos desculparnos con todas e todos.

Debido a este adiamento, se calquera dos e das que escollestes Libro+Camiseta queredes ir recibindo a camiseta, por favor, avisádenos cun correo electrónico a [email protected] e estaremos encantádos de facérvola chegar.

Asegurámosvos que seguimos a traballar intensamente: esta semana os libros pasan a imprenta e posteriormente a encadernación. A nova previsión, agora xa máis clara, é enviárvolos antes da fin de decembro.

Unha boa nova: desde ás 40 imaxes e 56 páxinas previstas e grazas a que o voso apoio superou a cantidade inicialmente marcada, o libro medrou ata as máis de 50 imaxes e máis de 90 páxinas.

Cremos que dese xeito poderemos ofrecervos unha expresión mellor e máis completa desta etapa da Historia Visual da Coruña.

read more

#06 / Enviadas as primeiras camisetas! / ¡Enviadas las primeras camisetas!

Alédanos comunicar que esta semana repartimos por fin as camisetas da recompensa de 25 €. De feito xa foron enviadas a través de Correos e estarán a piques de chegar aos vosos enderezos.

Esperamos que vos gusten. Velaquí podedes ver o concepto tras do deseño!

A Estación Visual continúa avanzando e fican aínda moitas recompensas por repartir :)

Grazas de novo por todo o voso apoio

GALAICOS


Nos alegra comunicar que esta semana repartimos por fin las camisetas de la recompensa de 25 €. De hecho ya han sido enviadas a través de Correos y estarán a punto de llegar a vuestras direcciones.

Esperamos que os gusten. Aquí podéis ver desarrollado el concepto del diseño:

La Estación Visual continúa avanzando y quedan aún muchas recompensas por repartir :)

Gracias de nuevo por todo vuestro apoyo

GALAICOS

#05 / GRAZAS A TODAS E TODOS POR LANZARDES ESTACIÓN VISUAL A CORUÑA! / ¡GRACIAS A TODAS Y TODOS POR LANZAR ESTACIÓN VISUAL A CORUÑA!

Comeza unha nova etapa da viaxe ao pasado. Poñémonos en marcha para traervos de volta os resultados que grazas á vosa axuda estamos máis preto de acadar. Desde o rigor científico-histórico, veremos o territorio da cidade e a súa contorna a través dos milenios, desde antes dos primeiros indicios da presenza do Homo sapiens sobre a Terra. Veremos tamén, avanzando a través dos séculos, os primeiros asentamentos datados. E a chegada á paisaxe dunha poderosa civilización. Construcións humanas dun tempo remoto que aínda hoxe permanecen, total ou parcialmente, entre nós. A historia visual do noso pasado recoñecible e do noso pasado invisible.

Durante os próximos meses faremos actualizacións do avance destes traballos. Acometeremos os investimentos previstos para a actualización de ferramentas e materiais de apoio e, por suposto, os relativos é edición do Libro da Estación Visual, o lanzamento da web do proxecto, as camisetas, os retratos e as láminas dixitais.

read more

#04 / A polo derradeiro impulso/ ¡A por el último impulso!

A polo derradeiro impulso!

Xa non queda nada! No equipo de Estación Visual vivimos con emoción esta etapa final da nosa campaña. Primeiro, porque é toda unha experiencia ver medrar este proxecto no que tanto de nós temos posto ao carón de toda a xente que o está a sustentar. E tamén, temos que recoñecelo, polo orgullo de ter acadado o noso obxectivo e seguir sumando apoios ata o derradeiro momento.

Así que, unha vez máis, grazas e máis grazas por nos acompañar nesta viaxe fascinante ao noso pasado. Cada achega vosa servirá para mellorar os resultados que traiamos de volta do túnel ; ))

Tamén querémosvos lembrar que antes da vosa colaboración, Estación Visual A Coruña era un proxecto plenamente autofinanciado, así que a vosa participación foi e segue a ser decisiva para esta viaxe a través dos séculos, para esta iniciativa única sobre A Coruña Eterna, que contribúe a poñer a historia da nosa cidade na vangarda, descubrindo unha cara única e nunca vista.

read more

#03 / Grazassssssss! / Graciassssssss!

Grazas por apoiar Estación Visual A Coruña, grazas por interesarvos pola historia da nosa cidade, grazas por difundir o noso traballo, grazas por soster unha investigación modesta en medios pero ambiciosa na cantidade de horas que leva detrás, na implicación do equipo e súa vocación de converterse nun proxecto de toda Coruña e para toda A Coruña.

Hoxe podemos dicir que, a través das achegas de 193 mecenas, acabamos de acadar o obxectivo económico que nos marcaramos como mínimo ao inicio desta aventura. E facémolo con dez días de antelación, o que nos dá unha pequena marxe para seguir avanzando para poder mellorar e estender o noso labor, que polo momento acóutase á recreación en 3D dos cambios xeolóxicos e edificatorios da península coruñesa desde o Paleolítico inferior (hai 350.000 anos)¨ata o final do período romano (19 séculos atrás), pero que ten capacidade de ampliación, tanto temporal como a nivel espacial. A noso pasado ten tanto que ofrecer… 

AMPLIAMOS OBXECTIVO!

read more

#02 / No ecuador / En el ecuador

Ei! Así como quen non quere a cousa, acabamos de pasar o ecuador da nosa campaña e non podemos negar que o facemos felices polo apoio acadado até agora: un 78% do noso obxectivo económico inicial acadado e máis de 150 colaboracións, que nos reafirman nesta idea tola de que a historia propia, a da nosa cidade, interesa, e que hai moita xente que quere apoiar proxectos de investigación e divulgación como a nosa Estación Visual. Que marabilla!

Pero tampouco queremos deixarnos levar pola euforia. Quedan apenas tres semanas de campaña e aínda temos por diante un camiño longo ata conseguir os fondos que precisamos para poder soster este traballo inxente. Sabemos que sodes moitas as persoas que xa tendes feito un esforzo (grazas e máis grazas!), pero aínda precisamos un pouco máis, así que vos pedimos axuda para seguir difundindo a nosa proposta para que chegue alí onde haxa alguén que non a coñece. Dádelle!

Nós, para tentar chegar un pouco máis alá, lanzamos estes días un read more

#01 / Estamos de aniversario!

No nosotros, no, pero sí una de las protagonistas de nuestro proyecto. Hoy se cumplen 13 años desde que la Torre de Hércules consiguió el reconocimiento como Patrimonio de la Humanidad por ser, según reconoció la Unesco, “testimonio único, o por lo menos excepcional, de una tradición cultural o civilización” que, en el caso de A Coruña, sigue muy viva. Tanto como nuestro Pharum Brigantium.

Así que hoy toca felicitar a nuestro monumento máis icónico, este Pharum Brigantium, y agradeceros a quienes estáis apoyando la Estación Visual toda vuestra ayuda, imprescindible para un proyecto que quiere ser de todo el mundo, y muy en especial de la gente de A Coruña.

En esta primera semana de campaña hemos alcanzado casi el 50% del objetivo que nos marcamos, lo que para nosotros supone todo un orgullo. Y además, los medios han recogido al detalle nuestro arranque. Mirad!

GCiencia

La Opinión A Coruña

Quincemil

Radio Coruña (desde el minuto 58´25´´)

La Voz de Galicia

Praza

read more

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy