❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

SOMOS O QUE SOMOS - Primeiro álbum de A Banda Senlleira de Robacallos

Proxecto musical en acústico que mestura diferentes estilos como folk, pop e punk; con letras cercanas, un tono desenfadado e moita enerxía!

Category

Created in

0
seconds
82
Pledges
3.080€
From 2.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O proxecto

A Banda Senlleira de Robacallos é un proxecto que comezou alá por finais de 2019 coas primeiras ideas e xuntanzas, pero non foi ata xaneiro de 2021 cando acadamos a nosa formación actual; con Bruno Cerviño, Martín Gonzalez e Xulián Santiago. Comézase entón a xerar un proxecto de banda ao cal adicamos moito tempo e esforzo para poder conseguir o mellor resultado posible, a través dun traballado proceso no ámbito musical pero tamén no artístico, audiovisual, etc.

Somos o que Somos, o noso primeiro LP, será o resultado de todo este proceso onde, a través de 7 temas cantados en lingua galega, plasmamos as nosas preocupacións, alegrías e penas nun ton desenfadado, cercano, e con moita enerxía; a través dun formato acústico no cal se empregan diversos instrumentos coma: guitarra acústica, violín, saxofón, melódica, ukelele, diferentes percusións, etc. Desta forma tentamos xerar nunha atmosfera innovadora a través dunha linguaxe natural e traballadas melodías e armonías.

A Banda Senlleira de Robacallos (Bruno, Xuli e Tin)
A Banda Senlleira de Robacallos (Bruno, Xuli e Tin)

O LP tamén nace das nosas diferentes inquedanzas musicais, partindo cada un de nós coa súa particular bagaxe musical de máis de 10 anos. Desta forma, o proxecto mestura elementos de folk con toques de punk, de pop ou de rock.

Que é iso de "Robacallos"?

O noso nome, A Banda Senlleira de Robacallos, fai referencia a un lugar ficticio, Robacallos. A historia deste lugar vén dunha experiencia persoal nosa cando, estando na Ribeira Sacra, comezamos a camiñar cara un pobo de nome similar sen saber nin que era este sitio, nin que había, só polo feito de camiñar cara o descoñecido en boa compañía. Alí non atopamos nada especialmente reseñable, pero o vivido no camiño xerou para nós ese concepto, ese lugar chamado Robacallos, onde o que importa é o camiño, a compañía e as vivencias.

E por iso que, para nós, todo este camiño cara este primeiro álbum é o camiño cara Robacallos, desfrutando de colaborar, crear, rir, chorar e compartir con toda a xente que participou no proceso, sendo este o derradeiro punto do mesmo. Este é o punto no que vos animamos a que vos unades a nós na procura do noso obxectivo, en alcanzar o noso primeiro gran paso con este primeiro álbum: Somos o que Somos.

A que destinaremos as vosas aportacións?

As aportacións que nos fagades serán fundamentais para acadar o noso obxectivo de 2500€. Estes cartos irán destinados aos seguintes fins:

  • Gravación e mezcla das cancións, por La Cortina Roja Estudio (A Coruña).

  • Masterización do álbum, por Mistery Room Mastering (Wisconsin, EEUU).

  • Creación, deseño e fabricación dos CDs.

Correndo nós, ademáis, con múltiples gastos engadidos da banda e de levar a cabo o proxecto.

Recompensas

As recompensas son o noso agradecemento polas vosas aportacións, habendo unha amplia variedade en función das mesmas.

Estas recompensas poderán ser dadas en man ou enviadas por correo (seleccionando a opción de envío na recompensa). Podemos xestionar entregas en man en case todo o territorio de Galicia se vos poñedes en contacto con nós.

De todos modos, a primeira entrega en man será realizada nun evento previsto para finais de verán onde tocaremos todos os temas e no cal esperamos montar unha boa festa de presentación xunto a todos vós!

No caso das camisetas, poderase elexir a cor entre a opción branca ou negra.

+ Info

Para máis info seguídenos nas redes sociais. A través delas manterémosvos informados de todos os progresos e, ademáis, iremos desvelando moitas sorpresas que temos preparadas e toda a información relativa a este o noso primeiro álbum.

Podedes escribirnos calquera dúbida a través de ditas redes sociais ou a través do mail. Estaremos encantados de respondervos e facer que todo sexa o máis doado que esté na nosa man.

Contacto: [email protected]

Moitísimas gracias por participar, por compartir e por apoiarnos sempre!
Moitísimas gracias por participar, por compartir e por apoiarnos sempre!

Xa formades parte da familia Robacallos! 💙

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Martmotilla

    Martmotilla

    almost 2 years

    Daaaaaaalle!

  • stopxthink

    stopxthink

    almost 2 years

    Luuuume 🔥

  • Non me entendes o asunto

    Non me entendes o asunto

    almost 2 years

    Hai máis bandas senlleiras por aí adiante, pero ningunha fundada nas inclementes rúas de Robacallos.

  • 777_rarara

    777_rarara

    almost 2 years

    Inda por riba con mercha xa! A tope!!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy