❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Lidia India e Latexo "Nas rúas"

Primeiro traballo discográfico de Lidia India e Latexo, sentimento e ritmo transformados en cancións que evocan a alegría de sentirnos vivas

Lidiaindiaelatexo

A project of

Category

Created in

0
seconds
117
Pledges
4.205€
From 3.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

NOVO OBXECTIVO: 4.200€

Co recadado a partir do obxectivo inicial gravaremos un videoclip no que figurardes todas as persoas que nos apoiastes neste proxecto. Sodes parte da nosa historia e queremos que quede constancia!!

Somos Lidia India e Latexo, un novo proxecto musical que nace en 2020 entre Ferrol e Santiago, formado por 8 intérpretes.

Estamos moi ilusionadas co noso primeiro disco, "Nas rúas", que constará de 9 cancións de composición propia cheas de maxia, alegría e unha mensaxe que fala da necesidade de conectar co natural e o humano. Podemos atopar elementos de reggae, funk, samba, maracatú... sempre sen esquecernos das nosas raíces galegas.

A percusión dos Blocos Afro de Salvador, o samba carioca, os ballets nacionais africanos ou as formacións cubanas, atopan o seu lugar acompañando as melodías e harmonías da banda, dándolle un carácter moi especial.

O disco será gravado por César Yáñez no Home Studio de Lidia India e mesturado e masterizado por Israel Lima en Salvador de Bahía.

Contaremos con colaboracións especiais que vos iremos desvelando pouco a pouco.

Traballaremos unha imaxe corporativa e o deseño do CD durante a súa gravación.

Queremos facer posible este soño e compartilo con todas vós!!!

Sobre as recompensas

Temos preparadas unhas recompensas moi chulas e variadas!!!

  • Descarga dixital anticipada.

  • Cd.

  • Entrada para o concerto de presentación.

  • Camiseta con logotipo exclusivo.

  • Bolsiña de tea con logotipo exclusivo.

  • Concerto acústico privado.

  • 3h Obradoiro de percusión afrobrasileira con Andrés Rivero.

  • 3h Obradoiro de percusión afrocubana con César Yañez

Lidia India e Latexo somos:

Lidia India

  • César Yáñez (batería e percusión)

  • Jorge Medina (teclado)

  • Tonino (baixo)

  • Lidia (voz, guitarra, percusión e danza)

Latexo percusión

  • Andrés Rivero (percusión e coros)

  • Claudia Álvarez (percusión, coros e danza)

  • Bea González(percusión e danza)

  • Irene Visos (percusión e danza)

Lidia India é unha cantante e compositora da comarca de Ferrolterra; no norte de Galicia. Despois da súa estadía en Sudamérica, principalmente en Brasil, a súa música vese influenciada polos ritmos afrobrasileiros, que se mesturan coas súas raíces musicais galegas.

Fai aproximadamente un ano comezou un importante proceso creativo onde naceron as nove cancións que compoñen o disco, inspiradas no momento que estabamos a atravesar. Xurde o desexo de poñer en valor as pequenas cousas, os encontros, a esperanza do renacer e o goce da vida.

Durante o proceso, recibe unha chamada de Andrés que busca voz e melodías para facer un repertorio escénico con latexo percusión. A maxia estaba asegurada.

Nese momento foi cando decidimos xuntar as dúas propostas e comezamos a perfilar o que sería Lidia India e Latexo.

Da fusión entre a banda Lidia India e Latexo Percusión xurde un formato único que eclosiona nesta proposta musical de World Music, que inclúe entre os seus principais instrumentos: batería, baixo, guitarra, teclado, voces e un amplo conxunto de percusión africana, brasileira, cubana e galega.

O baile e unha coidada posta en escea son os outros dous grandes piares do noso proxecto.

Foto da preestrea en Merza en Xuño de 2021
Foto da preestrea en Merza en Xuño de 2021

Facebook
Instagram
Facebook
Instagram

A qué destinaremos as vosas achegas

Todo o que se consiga con este crowdfunding irá destinado integramente á gravación, produción, edición e masterización do disco. Tamén se pagará a súa fabricación, maquetación, distribución, merchandising e subida a plataformas de streaming. Para rematar, faremos un concerto de presentación para que poidades gozar do noso traballo en directo.

! Destino das túas contribucións

Horario programado

  • Inicio crowdfunding : decembro de 2021

  • Comezo da gravación : decembro 2021 / xaneiro 2022

  • Fin da gravación : xaneiro / febreiro de 2022

  • Concerto de presentación : marzo/abril 2022

  • Entrega de recompensas : marzo/abril de 2022

Visita as nosas redes

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

32 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Lidiaindiaelatexo

    Lidiaindiaelatexo
    Author

    about 2 years

    Grazas compas!!!! Conseguímolo grazas a todas vos!!!!

  • Daniel

    Daniel

    about 2 years

    Mucho animo y mucha suerte Chuku

  • ErThaNilow

    ErThaNilow

    about 2 years

    Moito ánimo rapazadaa, un último empurrón vamos ahíii

  • ivolank

    ivolank

    about 2 years

    Moita merda 💪💪😘

  • Lidiaindiaelatexo

    Lidiaindiaelatexo
    Author

    about 2 years

    Esa Leti!!!Gracias irmanciña!!!unha apertaaa

  • Leti

    Leti

    about 2 years

    Ánimooo!! Disco a la vista!! ☺️☺️

  • Lidiaindiaelatexo

    Lidiaindiaelatexo
    Author

    about 2 years

    Esa Euge, graciñas!

  • Eugenia Sanmartín

    Eugenia Sanmartín

    about 2 years

    Os meus mellores desexooos e moito amor

  • Lidiaindiaelatexo

    Lidiaindiaelatexo
    Author

    about 2 years

    Graciñas Lucía!

  • Lucía

    Lucía

    about 2 years

    Moita sorte!! 😉

#02 / NOVO OBXECTIVO: 4.200€

NOVO OBXECTIVO: 4.200€

Co recadado a partir do obxectivo inicial gravaremos un videoclip no que figurardes todas as persoas que nos apoiastes neste proxecto. Sodes parte da nosa historia e queremos que quede constancia!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy