❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

O Camiño de Vieiras Amarelas

Lanzamento do noso primeiro album: "O camiño de Vieiras Amarelas". 10 temas en galego, a piano e voz, ó desnudo, pura emoción.

Antonio Barros e iAlma

A project of

Category

Pop

Created in

0
seconds
48
Pledges
1.963€
From 7.850€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

Todo camiño escomeza cun paso....

“O CAMIÑO DE VIEIRAS AMARELAS” é un album composto por 10 temas en galego, nos que viviremos “o camiño” a través de varias personaxes, conoceremos cal é a encrucillada ou a necesidade que os levan a iniciar o camiño e cal é a súa evolución ou a súa reflexión tras rematar esta aventura que non deixa de ser tamén unha viaxe interior. 10 temas a piano e voz, ó desnudo, coa intensidade de toda a emoción que supón esta experiencia vital.

É evidente que a inspiración nace do Camiño de Santiago e as vieiras que o marcan, xunto co paralelismo deste co Camiño de Oz e as súas baldosas amarelas, onde Dorothy camiña cos seus chapines vermellos.

Non podíamos olvidar o noso compromiso social, e a intención de poñer o noso gran de area para ter un mundo mellor, tocando temas candentes coma a tolerancia, o respeto por un mesmo e por poder ser quen un é sen temor a resposta dos demáis, os problemas mentais, a violencia domestica e de xénero....

Para nós, "O Camiño de Vieiras Amarelas" tamén é unha filosofía de vida, un xeito de entender o mundo, onde a tolerancia, o respeto e a empatía empoderan a nosa bandeira, a nosa música, a nosa vida.

Pero, todo isto non poderemos facelo sen a vosa axuda, por iso vos pedimos que camiñedes connosco.

Sobre as recompensas

Plasmar sobre algo material todo este pensamento, todo o que implica "O Camiño de Vieiras Amarelas" parecenos moi complicado. Tratamos de elixir cousas que poidérades levar a cotío con vos e que vos recordaran que o mundo pode ser mellor e que tedes que "Seguir o Camiño de Vieiras Amarelas"

  • Unha pulseira, que podedes levar cómodamente sempre que queirades con vos, para que poidades mirala cando dubidedes de que dirección tomar.

  • Un chaveiro, para acompañar as chaves que abrirán as portas dun futuro mellor.

  • Unha libretiña, onde apuntar todas as indicacións que marque o voso camiño interior.

Como nos encanta tervos con nos, coñecervos e que o voso andar nos acompañe no camiño, incluimos nas recompensas:

  • Entradas ó Concerto Presentación, para que nos acompañedes nunha parada tan importante do noso camiñar. Que poderedes completar co acceso a

  • unha "festiña" despois do concerto, para os mecenas que queiradas, con aperitivos, fotos e moita conversa!!

  • Experiencia VIP, unha tarde moi especial para tan só 20 mecenas, en ZEN SUITE & GARDEN ® (Mos, Pontevedra) onde faremos un "previo" ó concerto de presentación, onde poderedes disfrutar por primeira vez e en exclusiva, antes que ninguén e en directo de toda a música do album. Charlaremos sobre todo o que queirades. Teremos un taller de Coaching grupal para que saíades a facer os vosos camiños persoais con moitas ganas e enerxía. E remataremos a xornada, como non podía ser doutro xeito en Galicia, cunha ceniña entre amig@s! - E levaredes para casa o pack completo de merchandising e por suposto, o CD.

Zen Suite & Garden - Mos, Pontevedra
Zen Suite & Garden - Mos, Pontevedra

Quen somos

“Antonio Barros e iAlma” é un dúo acústico que nace neste ano 2021, logo de verse truncado o seu estreno pola pandemia, sumando xa máis dunha veintena de concertos por toda a xeografía galega. Aínda que é un dúo xoven, os seus compoñentes suman moitos anos de experiencia sobre os escearios de xeito individual.

Antonio Barros
Antonio Barros

Antonio Barros é un coñecido artísta galego polo seu paso por distintos programas da TVG coma Luar (gañador de Recantos 7, Recantos de Ouro ou artista convidado), Bamboleo, Inimitables ou A liga dos cantantes Extraordinaros onde, na última edición, quedou subcampión. Suma na súa vida musical máis de 15 anos de experiencia, entre música vocal e de verbena, pasando por diferentes formacións coma “ Os Trovadores” ou Kubo.

iAlma
iAlma

Ialma , leva toda unha vida estudando e traballando coa música. Fórmase na especialidade de Piano no Conservatorio Reveriano Soutullo de Ponteareas e na especialidade de canto no Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Completa a súa formación so estudio de diferentes instrumentos e de armonía moderna. Tamén foi recanteira no programa Luar da Tvg.

A que destinaremos as vosas achegas

Necesitamos as vosas achegas para poder levar a cabo todo o proxecto. E se repartirá así:

  • Un 43.5 % será para a creación do Cd: grabación, mezcla, mastering, deseño.... e a distribución dixital.

  • O 18 % invertiremolo no Concerto de Presentación, en todo o necesario para poder levalo a cabo.

  • O 22% será para a producción das recompensas, tanto materiais coma para os gastos das experiencias.

  • O 9% está destinado para os envíos.

  • O 6.5% é para Verkami, por todos os seus servicios: plataforma, asesoramento, xestión de pagos....

  • E deixaremos un pouquichiño, o 1%, para invertir en promoción en redes sociais ou o que faga falta.

Desglose de gastos
Desglose de gastos

Calendario previsto

Queremos facer as cousas ben, moi ben.

Por iso, destinaremos a primeira metade do ano (2022) a producción, grabación, mezcla e mastering dos temas... Todo o que se precisa para ó CD en sí.

Nos meses de verán queremos preparar todas as vosas recompensas, poñelas ben bonitas....

A nosa idea é poder organizar a "Experiencia VIP" entre Agosto e a primeira quincena de Setembro.

A partir de ahí escomenzaremos a enviar as recompensas.

O Concerto de presentación será en Outubro, onde tamén poderán recoller as recompensas quen así o queira.

+ Info

Podedes contactar con nos, coñecernos, preguntarnos todas as vosas dúbidas a través das nosas redes sociales ou do correo electrónico: [email protected]

Facebook Antonio Barros
Facebook iAlma
Instagram Antonio Barros
Instagram iAlma

Se queredes ver un dos temas do album, que presentamos como adianto no programa "Sabadeando" da Televisión de Galicia: O Camiño de Vieiras Amarelas na TVG

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

13 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Antonio Barros e iAlma

    Antonio Barros e iAlma
    Author

    over 2 years

    Moitas gracias a tod@s!!

    Seguimos loitando para conseguilo!

  • Belen Fontana

    Belen Fontana

    over 2 years

    Moita sorte¡¡¡

  • Alberto Castro Touron

    Alberto Castro Touron

    over 2 years

    Mucho suceso. Un abrazo

  • Maria Tania Domínguez González

    Maria Tania Domínguez González

    over 2 years

    Suerte Antonio y Ialma

  • Alejandro Pérez Davila

    Alejandro Pérez Davila

    over 2 years

    Mucho ánimo chicos!!! María y yo nos convertimos en mecenas, estamos deseando escuchar ese pedazo de disco y disfrutar del concierto. Un fuerte abrazo.

  • Francisco Marco Pombo Ferreira Da Silva

    Francisco Marco Pombo Ferreira Da Silva

    over 2 years

    vaMos ❤️❤️❤️

  • Antonio Barros e iAlma

    Antonio Barros e iAlma
    Author

    over 2 years

    Moitas gracias Blanca!! Que palabras máis bonitas!Moitas apertas!!!

  • Blanca Represas

    Blanca Represas

    over 2 years

    Bea e Antonio, mándovos moitísima enerxía positiva para este proxecto que creástedes e para que vaia todo fenomenal neste novo camiño musical que vos espera. Merecédolo moito porque sodes uns traballadores e uns currantes de pés a cabeza. Bicos e apertas a moreas!

  • Antonio Barros e iAlma

    Antonio Barros e iAlma
    Author

    over 2 years

    Moitas gracias Conchi, Jose Miguel, Elvira e Mercedes polas vosas verbas de alento para seguir co camiño!! Gracias @s primeir@s mecenas dispostos a camiñar con nós!!!

  • Mercedes Couto Carballido "nanofrida"

    Mercedes Couto Carballido "nanofrida"

    over 2 years

    💛

#01 / Unha paradiña no Camiño das Vieiras Amarelas

O camiño das Vieiras Amarelas ten que facer unha pequena parada. Pero, non sin darvos un GRACIAS enorme e infinito a tod@s @s mecenas que confiachedes no proxecto, que soñástedes con nos!! Non se pode explicar con palabras a emoción tan grande que se sinte cando recibes todo este cariño e sabendo que o teu soño é compartido!

Moitas gracias a tod@s os que puxéchedes ese pequeno gran de area para que o noso "camiño" fose posible!!

Seguiremos camiñando, seguiremos soñando...

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy