❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

"O Cárcere da Alma"

A busqueda da identidade galega, agochada nunha historia de cine negro propia dos 40, son a carta de presentación deste ambicioso proxecto..

Galeguiza-T

A project of

Category

Created in

0
seconds
24
Pledges
445€
From 400€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Sinopse

A vida dunha moza de clase alta coruñesa cambiará radicalmente ao ter que afrontar unha investigación que involucra directamente a súa familia, xunto co seu “némesis”: un mozo galegofalante de condición moito mais humilde.

A mentira, os luxos, a corrupción e o narcotráfico serán as claves desta historia que homenaxea claramente ao cine negro propio dos anos 40 e 50. Esta búsqueda da verdade axudará á protagonista a comprender unha realidade que lle fora ocultada dende sempre, a identidade galega.

Motivación

Pretendemos acadar un obxectivo moi claro coa realización desta curta, que é visibilizar os prexuizos presentes na sociedade galega cara o uso do galego.

Nun mundo no que tendemos a ser todos iguais cultural e lingüísticamente, pensamos que debemos aproveitar o feito de poder diferenciarnos.

Creemos que se pretendemos visibilizar un problema coma este, debemos realizar un traballo profesional e da maior calidade posible. Motívanos o reto, pero precisamos da túa axuda para poder convertilo nunha realidade.

Exemplo caseiro do formato
Exemplo caseiro do formato

Por outra banda atopamos a orixinalidade do formato. A obra será realizada en branco e negro, e en 4:3 (cadrado). Estas decisións baséanse en pautas narrativas e simbólicas.

Sobre as recompensas

Estaremos moi agradecidos de que decidas apoiar este ambicioso proxecto, polo que te recompensariamos con algunha das seguintes gratificacións:

  • Presencia do teu nome nos creditos para agradecer a túa donación

  • Entradas ao estreno da curta Poderías ser o primeiro en visualizar o traballo, xunto coas explicacións acerca da orixe e desenvolvemento do proxecto.

  • Poster oficial da curta como recordo do proxecto Quén sabe, pode que nuns anos sexa considerado unha reliquia... ;)

  • Experencia cinematográfica En caso de estar interesado, poderás acudir ao set de grabación ou mesmo aparecer como extra nalgunha toma.

  • Acceso a material exclusivo Imaxes e videos acerca do proceso creativo

Quénes somos

Os nosos nomes son Eduardo Xavier e Mateo García, e somos productores da curtametraxe.

A pesar da nosa idade, xa temos experiencia no campo. O primeiro contacto foi no 2019 nun programa da Xunta cun realizador coruñés. Realizamos unha segunda curta de forma independente, esta vez a cargo de Mateo García no 2020.

Na producción participa tamén Galeguiza-T. Este colectivo pretende elevar a lingua e cultura galega ao lugar que merece. Como recoñecemento pola súa labor foi premiado pola “Coordinadora de Normalizadores de Galicia” este ano 2021. Ademais, dispón de moitos contactos para a distribución da curta.

A qué destinaremos as vosas achegas

Grazas ao gran traballo realizado na fase de preproducción, dispoñemos da meirande parte do material para a realización da curta.

Porén, non dispoñemos de presuposto para pequenos pero imprescindibles gastos, como:

  • Desplazamento as ubicacións nas que se roda

  • Catering para actores e equipo técnico

  • Atrezzo (vestiario e elementos decorativos)

  • Inscripción a premios e concursos (o noso obxectivo é transmitir a nosa mensaxe ao maior número posible de persoas)

Calendario previsto

Levamos meses preparando a curtametraxe, polo que imos comezar xa co rodaxe.

Está previsto que estrenemos a curta en decembro de este ano, 2021, momento no que teríamos preparadas as túas recompensas por darnos o teu apoio.

Contacto

Instagram: @galeguiza_T

Podes poñerte en contacto connosco pinchando debaixo destas lineas, en Pregunta ao autor/a ou deixando un comentario

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

5 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Reyes Caparrós

    Reyes Caparrós

    over 2 years

    Sorteo non, sorteeeee 🍀😂

  • Reyes Caparrós

    Reyes Caparrós

    over 2 years

    Sorteo e parabéns!

  • Reyes Caparrós

    Reyes Caparrós

    over 2 years

    Sorteo e parabéns!

  • Reyes Caparrós

    Reyes Caparrós

    over 2 years

    Sorteo e parabéns!

  • lorefuente

    lorefuente

    over 2 years

    Desexando que sexa unha realidade

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy