Bea a de Estrella Quen é?
Bea a de Estrella, é unha contadora de historias vividas e sentidas, sentir as palabras e acariñar melodías, crear lugares, e disfrutar dun momento único: a emoción e a música.
Cantautora de sentimentos e emocións propón unha viaxe musical, a súa voz cargada de forza e con variedade de rexistros propoñen un universo onde o público queira adentrarse. Son cubano, tango, notas de blues, jazz, pop e a fusión do son máis tradicional con outros estilos e letras líricas moi persoais, forman parte da sua estética.
Nominada aos Mestre Mateo, e os premios ALPE polo proxecto solidario e a visibilidade das enfermidades raras co vídeo Mi punto de vista do disco Mar de fóra. Participou entre outros no Festival Corazón e Bravura e Noroeste Estrella Galicia.
MAREIRA
Gustaríame que me acompañases nesta travesía, preséntovos Mareira.
Partindo da orixe de Mareira : Marea viva e movemento moi axitado do mar, con grandes ondas e sen borrasca.
Mareira é o traballo máis importante e máis emotivo do meu camiño, no que axitamos as emocións e a ialma e quitamos todo o bo que temos dentro de nós. Unha mareira de sons, de historias con moita vida e con ganas de navegar a carón de vos.
Colaboracións especiais:
Este libro disco será a conxunción de moitas colaboracións artísticas, diferentes e moi especiais.
A primeira delas un soño cumprido dende nena a colaboración de Pablo Milanés; a poeta Yolanda Castaño e a escritora Rosa Aneiros, serán a parte literaria deste traballo, poesía e relato. duas amigas e compañeiras na viaxe literaria de Mareira, mulleres comprometidas ca vida e ca palabra.
As voces de Paris Joel, Tato López, César de Centi, Emilia Arija, Inés Suárez, Taté Morales, Montse Candal e os arranxos de Tato López.
Adrián Rivas e Rafa Sánchez Agustino, sen dúbida compañeiros de viaxe que fan que sexa mellor música e mellor persoa.
A fotografía e o deseño estarán a cargo de Cristina Campos e Teresa Navarro, na pintura Susana de Bogo.
O video clip estará dirixido por Jairo Iglesias coa participación da actriz María Ángeles Iglesias.
A que destinaremos as vosas achegas:
Calendario previsto:
Mareira e as recompensas estarán nas tuas mans durante o mes de marzo de 2022.
54 comments
If you are already a sponsor, please Log in to comment.
Beaadeestrella
Author
Cristina, Javier siempre que necesitéis de mi, ahí estaré. Nunca nos olvidaremos de las personas que aquel 24 de julio se truncaron tantas vidas y tantos sueños. Estáis en todos nuestros corazones. Sabéis que Mareira también tiene mucho de vuestra honestidad, constancia y vida
Beaadeestrella
Author
Grazas Javi! Esa Mareira!
Beaadeestrella
Author
Moitas Grazas París!!! Poñeremos o empeño en que sexa o disco das nosas vidas
javier garcia municio
Gracias Bea por estar todos los años en Angrois regalándonos tu música, tu cariño y tu consuelo. Javier y Cristina.
Javi Flop
Veña que xa chega a Mareira!! A por ela! :**
ParisJoel
Parabens Bea! Será o disco da túa vida, estou seguro. Una aperta.
Lola
Família Codesido
Beaadeestrella
Author
Benquerida Carolina grazas!!! un besiño
Beaadeestrella
Author
Grazas Marisa! Navegamos!!!!!
Beaadeestrella
Author
Bea e Antonio, un pracer tanto compartido ao redor da música, Grazas de corazón!