❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Videoclip "Under the moon" de Belén Portela

Axúdanos a conseguir financiación para levar a cabo o primeiro videoclip oficial de Belén!

Tania Ríos López

A project of

Category

Created in

0
seconds
29
Pledges
526€
From 500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Ola a todxs!

Antes de nada agradecemos que decidiras pasarte por aquí e esperamos que te quedes a lernos ata o final para coñecer esta iniciativa un pouquiño mellor.

Como xa poderedes intuir, o noso obxectivo con esta campaña é o de poder financiar o videoclip da primeira canción orixinal da artista Belén Portela, a cal se pode atopar actualmente en Youtube.

Este proxecto nace inicialmente co propósito de ser o Traballo de Fin de Grado de varias das integrantes que conforman o equipo, máis as intencións non se reducen só a iso.

O primeiro contacto que tivemos con Belén foi a través das súas covers anos atrás, e unha vez tanto a coñecimos en persoa como descubrimos a existencia de Under the moon, quixemos ter a iniciativa de adentrarnos na produción dun videoclip que lle fixese xustiza á canción. É por iso que, ademáis de poder elaborar un bo TFG, queremos aportarlle os nosos coñecementos do sector realizando un traballo profesional adecuado (o que incluirá a realización do propio videoclip e a re-grabación da canción nun estudo).

O videoclip contará a historia dunha parella de mozas, Belén e Lúa. Nel, quixemos facer unha interpretación diferente da letra para tratar certos aspectos das relacións de parella, como pode ser a falta de comunicación e o sentimento de inferioridade por unha das partes.

Belén Portela, nacida en Vigo en 1997, leva sendo unha amante e apaixoada da música dende que naceu. Con tan só 10 anos, comeza a dar os seus primeiros pasos no mundo grabando de forma caseira as instrumentais de cancións para logo facerse os seus propios discos de covers. Posteriormente, cando se estandarizou o uso de Youtube e a aumentar os seus coñecementos sobre tecnoloxía, puido invertir máis tempo e dedicación á súa paixón.

Belén para a sesión de fotos de @henardetorres.
Belén para a sesión de fotos de @henardetorres.

Un dos seus obxectivos dende pequena foi o de chegar a compoñer unha canción propia, algo que comezou a florecer un día de neve en 2018, durante a súa estancia en Vienna de Erasmus. Así naceu Under the moon, a súa primeira e única canción, que lle levaría un total de ano e medio compoñela e grabala.

A partir de ahí, o seu camiño continuou sendo o de grabar covers de diversos artistas, máis a ilusión de retomar un proxecto tan persoal e importante para ela sigue estando ahí.

«Faime moita ilusión grabar o videoclip para Under the moon. Teño moitas ganas de saber o que é traballar con todo o equipo, xa que é un campo bastante descoñecido para min [...] pero intentarei facelo o mellor posible.»

Nova Ondiña Producións é unha pequena produtora novel formada por estudantes de audiovisuais que decidiron xuntarse para poder levar a cabo diferentes tipos de proxectos.

Malia que temos experiencia na produción de reportaxes, videotutoriais e curtametraxes, é a primeira vez que nos enfrentamos á realización dun videoclip.

Esta é para nós unha oportunidade única coa que, ademáis de conseguir un traballo onde demostrar do que somos capaces, poderemos experimentar co formato e deixar voar a nosa creatividade.

Todas as vosas aportacións irían destinadas principalmente para o departamento de arte e vestiario, así como para os gastos de transporte e dietas de todo o equipo.

Ademáis, tamén incluiríamos o aluguer dos sets de gravación, as recompensas destinadas aos mecenas, os gastos de distribución, etc.

En resumidas contas, o diñeiro distribuiríase da seguinte forma:

Nestes intres atopámonos en fase de pre-produción, a cal leva en marcha dende febreiro.

Esta fase continuará ata finais de abril, xa que a rodaxe realizarase o último fin de semana de abril e o primeiro de maio.

Posteriormente, o proxecto comezaría a súa fase de pos-produción, que durará unhas 3 semanas aproximadamente.

A partir de ahí, traballaremos nas recompensas dos mecenas, que estimamos que estarán listas para principios de xuño.

Se tendes interese por seguir tanto o noso proxecto como á nosa equipa máis de cerca, aquí vos deixamos os enlaces para que non vos perdades nada:

Mil grazas por chegar ata aquí. Esperamos que vos animedes a aportar o voso graniño de area a este pequeno e apaixoante proxecto!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

1 comment

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Toni Moreno

    Toni Moreno

    about 3 years

    Bonito proyecto , suerte a todos y ganas de ver vuestro videoclip !!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy