❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Campa

Xogo de cartas de temática "campamentil". Seredes quen de sacar adiante todos os campamentos antes de que remate o verán?

Category

Created in

0
seconds
195
Pledges
5.145€
From 4.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

Campa é un proxecto da nosa cooperativa sen ánimo de lucro, Aventeira S. Coop. Galega.

A raíz dunha idea dun de nós (Aitor), xorde a posibilidade de darlle forma a un xogo de mesa, outra das nosas paixóns a nivel persoal. A partir dunha primeira edición en fase beta, fixemos os testeos pertinentes e cambios para chegar ata onde nos atopamos agora, nunha fase alfa, coas dinámicas e modalidades de xogo pechadas case ao 100%.

Campa é o xogo do verán… literalmente! Neste xogo de cartas as xogadoras e xogadores póñense ao cargo de diferentes entidades que, chegado o mes de xullo, teñen un único obxectivo: sacar adiante todos os campamentos posibles antes de que remate o verán!

Neste vídeo podes ver, en poucos minutos, como se xoga a Campa:

O obxectivo de cada xogador ou xogadora é ter, ao final da partida, o máximo número de puntos posibles. Os puntos obtéñense dos campamentos que, ao final de cada rolda de xogo (chamadas meses), estean en marcha. Para iso, as xogadoras e xogadores terán que xuntar todos os compoñentes para poñer en marcha os campamentos e mantelos en marcha ata final de mes, ao tempo que impiden ou dificultan que os e as rivais o fagan.

Cada partida dura tres roldas, cada unha dunha duración aproximada de 10-15 minutos, e correspondentes aos meses de xullo, agosto e setembro. Cando setembro finaliza, o xogador ou xogadora que máis puntos ten gaña a partida.

O xogo ten un alto compoñente de interacción entre xogadoras e xogadores, con varias cartas que permiten dificultar os campamentos aos rivais e defenderse deses ataques. Ademais, presenta un sinxelo pero orixinal sistema de aleatoridade na duración das roldas, que fai que haxa permanentes decisións de risco/beneficio.


O xogo é moi sinxelo, co que che será doado empezar a xogar e divertirte. Na caixa do xogo atoparás:

  • 91 cartas de man, que inclúen os 4 tipos de elementos básicos do campamento (acampados/as, monitores/as, instalacións e actividades) e cartas especiais (inspeccións, permisos, etc.)

  • 4 cartas de Solpor, que afectan ao cambio de fase

  • As instrucións do xogo

As cartas terán un tamaño de 63 x 88 milímetros.

exemplos de cartas da categoría monitor/a, algunhas con diferentes especialidades
exemplos de cartas da categoría monitor/a, algunhas con diferentes especialidades

exemplos de cartas de acampados/as, actividades e cartas especiais
exemplos de cartas de acampados/as, actividades e cartas especiais

exemplos de cartas de ataque ou que afectan ao xogo
exemplos de cartas de ataque ou que afectan ao xogo

O xogo bríndache a posibilidade de alternar entre diferentes modalidades de partida, en función do número de persoas que xoguedes cada partida e tamén de se preferides xogar por equipos ou de xeito individual:

Tod@s contra tod@s

Número de xogadores/as. 2-4

Duración da partida. 30-50 minutos

Xogo por equipos

Número de xogadores/as. 4 ou 6. 2v2 - 2v2v2 - 3v3

Duración da partida. 40-60 minutos

En Aventeira somos profesionais da educación non formal en tempo libre, coñecemos o mundo dos campamentos e levamos moitos anos creando e desenvolvendo distintos tipos de xogos. Mais para este proxecto tan especial precisamos un pouquiño (mooooita) de axuda externa.

Contamos coa participación do estudo gráfico de Miguel Chaler para o deseño gráfico do xogo, así como as ilustracións da portada, as cartas e o logotipo.

Troquel Games serán as encargadas de realizar o traballo de impresión do xogo e os seus compoñentes.

Todo o traballo de deseño e produción ten lugar integramente en Galicia, xa que un dos nosos obxectivos é tamén contribuír a apoiar o tecido artístico e industrial da nosa terra.

Nesta campaña terás a oportunidade de contribuír á produción do xogo e por suposto esa tamén será a principal recompensa á que poderás optar por engadir máis copias do mesmo ou algúns dos seus complementos, como camisetas, pegatinas e carteis cos deseños do proxecto.

diferentes recompensas da campaña
diferentes recompensas da campaña

Aventeira S. Coop. Galega é unha entidade composta por 6 persoas amantes da educación no tempo libre que decidimos xuntarnos para traballar naquelo no que cremos.

Unha das nosas liñas de traballo como equipo, paixón e conexión persoal entre nós, previa á creación da cooperativa, son os campamentos.

Cremos que os campamentos son a máxima expresión da educación non formal no tempo libre, e por elo temos o convencemento de que estes espazos, construídos dende a participación e o asemblearismo, constitúen unha ferramenta útil á vez que atraínte para a educación en valores.

Levamos, ademais, por traballo ou por afición, moitos anos deseñando e preparando xogos moi diversos; dende sinxelos pasatempos para a infancia ata elaborados xogos de estratexia para actividades con persoas adultas. Aínda que este é o noso primeiro paso no mundo dos xogos de mesa, estamos familiarizadas cos aspectos mecánicos, técnicos e dinámicos que definen un bo xogo.

Podes saber máis sobre nós na nosa web e redes sociais:

Web
Facebook
Instagram

Os fondos recadados servirán, integramente, para cubrir os gastos de deseño, produción e promoción do proxecto. Dos 4500 € necesarios, aproximadamente un 20% vai destinado á ilustración, outro 20% ao traballo de deseño do xogo, un 35% á impresión e envío dos xogos e as recompensas e o 25% final a gastos de promoción, gastos de campaña, eventos e outros gastos xerais.

Ao sermos unha entidade sen ánimo de lucro, calquera beneficio obtido da venda do xogo ten que reverter, necesariamente, na propia entidade. Isto significa que os cartos recadados, unha vez cubertos os gastos, servirán para asegurar a continuidade do noso traballo neste e noutros proxectos.

Tomamos este proxecto con moito mimo, valorando e analizando cada paso realizado e sobre todo, xogando moito entre nós, con colegas, coa familia... Para acadar o resultado final do xogo.

Temos todos os elementos do xogo moi avanzados, aínda que seguimos pulindo algúns pequenos detalles para darvos o mellor producto posible.

Unha vez finalice a campaña, e se logramos acadar as metas marcadas, comezaremos inmediatamente a produción de tódolos xogos.

A nosa idea principal é poder comezar os envíos antes de finalizar o 2021.

Queremos ser, ante todo precavidos e non dar expectativas alonxadas da realidade, sempre poden aparecer imprevistos que propicien retrasos, pero somos optimistas e agardamos que poidades ter o xogo pronto nas vosas casas.

Queremos premiar o entusiasmo das persoas que nos apoiedes este proxecto durante a campaña con algúns elementos engadidos que poden facer da experiencia de xogo aínda algo máis variada, versatil e mesmo persoal.

Aquí vos deixamos as melloras do xogo, que se engadirán a todas as recompensas, segundo as metas de financiación que se vaian acadando nesta campaña. Confiamos en que vos gusten e vos animedes a difundir a campaña e atraer máis respaldos e así lograr que todas e todos recibades todas as posibilidades extra posibles!

O xogo estará dispoñible en dous idiomas: galego e castelán.

Cando finalice a campaña e nos indiquedes en que enderezo queredes recibir a vosa recompensa preguntarémosvos en cal dos dous idiomas preferides recibir as vosas copias do xogo.

Tanto as instrucións coma os textos que aparecen nas cartas estarán exclusivamente no idioma seleccionado.

Estaremos encantadas de contestar todas as vosas dúbidas ou curiosidades que nos fagades chegar a través do formulario de contacto. Non vos cortedes!

Ao longo da campaña iremos desenvolvendo diversos eventos para presentar e probar o xogo en tendas e/ou asociacións de Vigo, Ourense, A Coruña, etc. das que vos manteremos informadas a través das novidades. Estades todas e todos invitados a vir e coñecelo en directo!

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

9 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • O puto Farfalla

    O puto Farfalla

    over 2 years

    Dior mío, non me chega o día de poder xogar a Campa, e poder usar a carta do Socorrista pra pasarme o xogo dicindo "eh eh eh, no no no"! Que feliz son ☺️☺️

  • becqueriano

    becqueriano

    over 2 years

    Gran idea. Para los que amamos este modo de vida es un recurso maravilloso. Ojalá salga adelante. Contáis con mi mecenazgo. Suerte

  • Eco dos Teixos

    Eco dos Teixos

    over 2 years

    Parabéns por esta idea tan novidosa, en canto o vimos, sabíamos que tiñamos que apoiarvos, e auguramos moitos éxitos. Un tallarín....!!

  • Noemi

    Noemi

    over 2 years

    Enhorabuena por la iniciativa

  • Sara Ndonga

    Sara Ndonga

    over 2 years

    ¡Moitísima sorte!

  • Xulia

    Xulia

    over 2 years

    Estupendo xogo

  • Xulia

    Xulia

    over 2 years

    Estupendo xogo

  • Rial Games

    Rial Games

    over 2 years

    Juego imprescindible para cualquier moni! mucha suerte con el proyecto =D

  • Tania Vázquez Corbacho

    Tania Vázquez Corbacho

    over 2 years

    Noraboa e moita sorte! <3

#11 / Envíos en preparación

EN GALEGO (Más bajo en castellano)

Ben, pois xa estivemos a facer algunhas entregas en man e nestes días, se as cousas marchan de acordo ao previsto, estarán xa empaquetadas e camiño ao enderezo de entrega en cuestión de poucas xornadas.

Faríanos moita ilusión se nos etiquetarades nas vosas redes sociais cando vos chegue ou, mellor aínda, cando xoguedes a vosa primeira partida, para recibir as vosas impresións iniciais e sentir a ledicia de que o xogo está vivo!

Se nun par de semanas non vos chegase, por favor, contactade con nós para examinar e resolver a incidencia.

Unha vez máis, grazas polo apoio e ... a xogar!

EN CASTELLANO

Bien, pues ya estuvimos haciendo algunas entregas en mano y en estos días, si las cosas marchan de acuerdo a lo previsto, estarán ya empaquetadas y camino a la dirección de entrega en cuestión de unas pocas jornadas.

Nos haría mucha ilusión… read more

#10 / En breve

EN GALEGO (más abajo en castellano)

Saúdos prezadas e prezados mecenas!

Queríamos compartir con vos que xa queda moi pouquiño para que poidades ter o xogo nas vosas mans. A boa xente de "El Troquel", encargada da fabricación do xogo, xa ten a produción a piques de rematar e todo ten moi boa pinta.

Estes días estamos tamén recibindo os últimos elementos que forman parte das recompensas (pósters, camisetas, etc.) para telo todo a puntiño para facer os envíos ás vosas casas. Confiamos en que o teñades xa todo nas vosas máns antes de que remate o mes de febreiro.

Una vez máis, moitas grazas polo voso apoio e agardamos ter pronto máis novas para compartir con esta marabillosa comunidade.

EN CASTELLANO

¡Saludos queridas y queridos mecenas!

Queríamos compartir con vosotras y vosotros que ya queda poquito para que podáis tener el juego en vuestras manos. La buena gente de "El Troquelread more

#09 / Avances e presentación deseño final :D

EN GALEGO (más abajo en castellano)

Primeiro de todo, temos que pedir desculpas xa que, desafortunadamente, por motivos diversos, non chegamos a decembro cos xogos e o resto de recompensas xa de camiño ás vosas casas. Sabemos que algunhas de vós pensárades no xogo como agasallo para estas festas, e lamentamos que non fora posible. :(

Por outra parte, traemos boas novas! Pronto teremos nas nosas mans o primeiro xogo "Campa" definitivo, maquetado e impreso, e morremos de gaña de ensinárvolo. Por ese motivo faremos o próximo mércores unha presentación, á que estades todos e todas convidadas.

A presentación será non presencial para que calquera poda asistir, e durará tan só media hora. Ademais de ver o xogo final, quen queira poderá facer calquera pregunta sobre o xogo ou o proceso de creación do mesmo, e intentaremos responder o mellor que podamos.

Deixamos aquí o enlace:

https://us05web.zoom.us/j/86408719553?pwd=WmM3RlJITWQwUTVha0F2aDc1ZElRZz09

Boas festas e ata pronto!

read more

#08 / En marcha!

EN GALEGO (más abajo en castellano)

Como sabedes a campaña xa rematou e superamos o mínimo necesario para que o xogo entre en produción e estamos moi felices por todo o respaldo acadado. Pero non so iso, ao superar a recadación dos 5.000 euros acadouse tamén unha das metas que ten premio, e así o xogo contará cun deseño extra e as cartas de "acampados/as" terán dúas versións, o que fará que o xogo sexa aínda un pouco máis vistoso.

Confiamos en rematar esta semana coa parte de deseño que queda pendente e poder envialo axiña ao prelo. Xa vos iremos presentando as novidades segundo vaian xurdindo para que a espera sexa máis levadeira.

En breve recibiredes nos vosos correos o formulario para a recollida de datos precisos para que en canto o xogo estea listo vos poidamos facer chegar as vosas recompensas.

Grazas por todo!

EN CASTELLANO

Como sabéis la campaña ya finalizó y… read more

#07 / Meta superada

EN GALEGO *(en castellano más abajo)*

Estamos moi emocionadas! Foi moi axustado e mesmo confesamos que tivemos moitas dúbidas sobre se chegariamos a facelo posible! Pero si, logrouse, e iso foi sen dúbida ao voso apoio, á vosa xenerosidade coas vosas achegas e á vosa valiosísima implicación coa difusión. Grazas, grazas, moitísimas grazas! de todo corazón.

Se non fixeches a túa achega, non pasa nada! Aínda queda algo de tempo para que poidas formar parte do proxecto e ser dos primeiros en recibir o xogo e a un prezo reducido. E, quen sabe! igual ata se consigue algún obxectivo adicional!

EN CASTELLANO

¡Estamos muy emocionadas! Fue muy ajustado y mismo confesamos que tuvimos muchas dudas sobre se llegaríamos a hacerlo posible. Pero sí, se logró, y ello fue sin duda a vuestro apoyo, a vuestra generosidad en las aportaciones y a vuestra valiosísima implicación con la difusión.¡ Gracias, gracias, muchísimas gracias de todo corazón!

read more

#06 / Sorteos

EN GALEGO (en castellano más abajo)

Queremos agradecer a toda á xente que nos axuda a difundir a campaña deste proxecto con dous pequenos sorteos aos que te queremos convidar a participar.

Temos un sorteo para as persoas usuarias de FACEBOOK e outro para quen empregan INSTAGRAM.

As instrucións para participar, e as bases dos sorteo, están dispoñibles na cadansúa publicación na rede social correspondente que che deixamos por aquí:

Como se din nas bases, o prazo remata ao final do día do vindeiro domingo 31 de outubro, non te esquezas de participar e moita sorte!

EN CASTELLANO

Queremos agradecer a toda a la gente que nos ayuda a difundir la campaña de este proyecto con dos pequeños sorteos a los que te queremos invitar a participar.

Tenemos un sorteo para las personas usuarias de FACEBOOK y otro para quienes emplean INSTAGRAM.

Las instrucciones para… read more

#05 / Para convencerse, un vídeo demostración

EN GALEGO (en castellano más abajo)

Algunhas persoas nos fostes comentando estes días que para saber mellor se o noso xogo vos pode gustar necesitabades coñecer un pouco mellor como é a mecánica do xogo.

Canta razón tedes! Pois efectivamente vemos moi oportuno esa proposta e nos puxemos a traballar para elaborar un pequeno vídeo explicativo co que agardamos que vos resulte útil e vos namoredes tanto deste xoguiño como o estamos nós. Pois aquí tedes o resultado:

Confiamos en que vos guste o funcionamento do xogo, que levamos moitos meses testeando con moitas amigas e amigas. e que nos serviron para afinar o xogo e deixalo ben equilibrado. Estamos moi contentos co resultado e agardamos que gocedes con el tanto como o fixemos nós.

EN CASTELLANO

Algunas personas nos habéis estado comentando estos días que, para saber mejor si nuestro juego os podría gustar, necesitabais conocer un poco mejor como es la mecánica del juego.

read more

#04 / Evento de presentación en Santiago de Compostela

EN GALEGO (en castellano más abajo)

Nesta ocasión desprazámonos ata a capital galega para facer a nosa última presentación programada. Con ela poremos fin a esta pequena xira que fixemos por distintas lugares de referencia para os xogos de mesa en Galicia.

Nesta ocasión desprazámonos ata a tenda que Alita Comics ten no número 2 da rúa nova de abaixo, en Santiago de Compostela. A presentación comezará ás 18:00 h, así que igual é boa idea poñer unha alarma no móbil para que non se che pase.

Non deixes pasar a ocasión de gozar dunha partida de proba co noso novo prototipo (que inclúe un bo número de cartas xa co novo deseño) e probar algún dos seus variados modos de xogo. Poderás comprobar que o noso esforzo e facer un coidado deseño de mecánicas para que a experiencia de xogos sexa equilibrada e emocionante.

EN CASTELLANO

En esta ocasión nos… read more

#03 / Conexión scout

EN GALEGO (en castellano más abajo)

Xa sabedes que os campamentos son a nosa paixón, e queda bastante claro na temática do noso xogo de mesa, "Campa". Pero o que pode que non souberades ata agora é que moitas compartimos tamén un pasado e un presente vinculado ao scoutismo, movemento educativo onde algunhas temos as raíces e no que varias seguimos a colaborar.

Quixemos renderlle unha homenaxe ao mundo scout, ao que lle debemos moitas aprendizaxes e experiencias, incluíndo unha carta scout no xogo. E non é unha carta calquera porque fai que un campamento duplique o seu valor, e é así porque precisamente creemos que os valores educativos que se sementan nos campamentos scout son especialmente valiosos e transformadores ¡Por algo o lema mundial dos scouts é "construír un mundo mellor"!

EN CASTELLANO

Ya sabéis que los campamentos son nuestra pasión, y queda bastante claro en… read more

#02 / Eventos de presentación na Coruña e Ourene

EN GALEGO (en castellano más abajo)

Desta vez levamos a presentación do xogo durante esta semana ata as cidades de Ourense e A Coruña, este xoves 7 e venres 8 respectivamente. Así que tes dúas oportunidades de coñecer de primeira man o xogo e participar nunha partida de proba co noso prototipo.

Ourense

Lugar: Jupiter Juegos, Rúa Manuel Pereira, 20

Día: Xoves, 7 de outubro

Hora: 18:00

A Coruña

Lugar: Alita Comics, Ronda de Nelle, 120

Día: Venres, 8 de outubro

Hora: 18:00

Charlaremos sobre como xurdiu a idea, como está sendo o desenvolvemento e sobre todo das mecánicas do xogo e seus diversos xeitos de xogalo. Lembra que asistindo ao evento terás a posibilidade de participar nunha partida de proba co prototipo orixinal para que poidades adiantarte a producción para poder desfrutalo.

EN CASTELLANO

En esta ocasión llevamos la presentación del juego durante esta semana hasta Ourense y A Coruñaread more

#01 / Evento de presentación en Vigo

EN GALEGO (en castellano más abajo)

Se estás pola zona de Vigo este venres, tes unha cita que non te podes perder para coñecer en vivo o noso xogo.

Será ás 19:00 en Cheyenne Juegos! Alí falaremos un pouquiño de nós e, sobre todo, do xogo. Tamén faremos unha partida de proba co prototipo orixinal para que todas poidades probar e valorar as mecánicas e a xogabilidade de Campa.

Tamén falaremos das expansións e outras melloras do xogo que confiamos que se irán desbloqueando a media que avance a campaña e que ofrecerán unha experiencia de xogo máis diversa e abrirán aínda máis as posibilidades de diversión e entretemento.

Se estás lonxe de Vigo, non te preocupes! Haberá outros eventos na Coruña, Ourense e Compostela, que anunciaremos proximamente neste blog.

EN CASTELLANO

Se estás por la zona de Vigo este viernes, tienes una cita que no te puedes perder para conocer en vivo nuestro juego.

Será a las 19:00 en Cheyenne Juegosread more

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy