❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Fronteiras de papel

Conto infantil ilustrado no que da man de Fátimah coñecemos a inmigración, traballando a empatía e sensibilidade nos máis cativos.

Antela Editorial

A project of

Category

Created in

0
seconds
113
Pledges
2.598€
From 2.000€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Primeiro obxectivo conseguido!

Segundo obxectivo en marcha, 2.500 euros para mellorar a portada do libro. Empregaremos laca UVI para mellorar o seu aspecto, dando un salto de calidade.

Fronteiras de papel é un álbum ilustrado infantil no que coñecemos a Fátimah, que coa súa familia embarcarase cara a Utopía nun viaxe cheo de perigos, onde descubrirá as fronteiras e o seu significado, e que ás veces as máis difíciles de traspasar están feitas de papel.

Un conto cargado dun forte carácter educativo, que o convirte nunha ferramenta esencial para a educación en valores, o respecto e a interculturalidade.

Páxina interior do álbum ilustrado.
Páxina interior do álbum ilustrado.

Por que é necesario este libro?

A crise das migracións actual é unha das máis acuciantes da historia. Vítimas da migración forzosa, con motivos laborais, políticos ou incluso de seguridade persoal, miles de persoas intentan abandonar os seus paises para dirixirse a outros máis afortunados. Esas viaxes non son sinxelas, correndo risco as súas vidas, embarcados nelas tanto adultos coma cativos que as afrontan con esperanza no futuro.

O que se atopan á súa chegada son situacións de medo, racismo e obstáculos, moitos deles simbolizados na burocracia que expulsa e crea fronteiras entre as persoas, fronteiras de papel.

Con este libro queremos achegar unha historia, similar a moitas outras vividas por estes migrantes, co obxectivo de explicar aos máis pequenos esta situación, suscitando neles a empatía e o entendemento que nos debe unir a todos como seres humanos.

A que destinaremos as vosas achegas?

Publicación do álbum infantil ilustrado, impresión das láminas e marcapáxinas e envío de todas as recompensas.

Coa compra deste libro, estás colaborando no labor que leva a cabo a asociación sen ánimo de lucro Provivienda en Galicia.

De cada libro, 1 € será doado para a devandita asociación.

Máis información sobre a ONG en: www.provivienda.org

Páxina interior do álbum ilustrado.
Páxina interior do álbum ilustrado.

Características do libro:

Álbum ilustrado de tamaño final 23cm de alto x 22cm de ancho, a 4 tintas

Interior: en papel estucado mate de 170gr.

Lámina cuberta a 4/0 tintas

Encadernación cartoné ao cromo con cartoncillo grueso de 2,5mm e lombo recto sen cabezadas a xogo. Tapa dura.

Sobre os autores:

Autora: Alba De Evan
Autora: Alba De Evan

Escrito polo equipo formado por Alba De Evan e Xabier Domínguez, autores ourensáns cunha interesante traxectoria dentro da literatura galega infantil e xuvenil, que tiveron o seu inicio ca obra “A Superavoa de Antón”, seguido da coleción “Naturizo” que conta na actualidade con 7 títulos polo momento.

Autor: Xabier Domínguez
Autor: Xabier Domínguez

Os seus libros están a facerse un oco importante dentro do panorama nacional. A Superavoa de Antón, libro de carácter solidario da organización “Meu Rei” activismo pola infancia, esgotou a súa primeira edición en medio ano de vida. A colección Naturizo, editada por Linteo, conta con 7 volumes cunha forte carga educativa e medioambiental, na que todos os libros veñen acompañados dun caderno de actividades, froito dos anos de experiencia educativa dos autores.

Ilustrador: David Lorenzo
Ilustrador: David Lorenzo

Desta volta, os autores veñen acompañados na ilustración de David Rodríguez Lorenzo, autor ourensán de obras de gran calado na literatura infantil e xuvenil, tanto galega como no exterior. Algunhas das súas obras máis representativas son “Roger Ratón. Y el misterio de la voz papagayo”; Ahora me encargo yo”; Modilocks and the Three Scares”; “El niño Pez”; “The Red Cart” ...entre outros moitos. Máis información sobre a obra deste gran artista en www.davidlorenzoillustration.com

Calendario previsto

A partir do 20 de setembro do 2020 comezaremos a entregar as recompensas.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

11 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Rosabel Lage Casado

    Rosabel Lage Casado

    over 3 years

    Encantada de colaborar!

  • Belén

    Belén

    over 3 years

    Noraboa polo VOSO traballo

  • Belén

    Belén

    over 3 years

    Noraboa polo vosotras traballo!!!

  • Manu Arias

    Manu Arias

    over 3 years

    Moit

  • Manu Arias

    Manu Arias

    over 3 years

    Moitisima sorte con éste proxecto!

  • Aitor

    Aitor

    over 3 years

    Animádevos a apoiar iste proxecto tan xenial!

  • Antía Freire

    Antía Freire

    over 3 years

    Suerte!! :)

  • Ana García

    Ana García

    over 3 years

    Pequenos xestos que mudan o mundo ... como era eso que decían de ... sé o cambio que desexas para o mundo ... Apertas!!

  • Silvia Montes

    Silvia Montes

    over 3 years

    Moita sorte con esta nova aventura. Hai que vivir experiencias tan enriquecedoras coma esta coa nosa maior ilusión. 🍀

  • Susana

    Susana

    over 3 years

    Enhorabuena por este nuevo proyecto

#03 / Producindo Fronteiras de papel!

Ola queridas mecenas, pómonos en contacto para informarvos que o proxecto vai vento en popa.

Como vedes nas imaxes adxuntas xa estamos producindo o libro a toda máquina.

Seguimos informando, xa queda menos!

#02 / NOVO OBXECTIVO 2.500!

NOVO OBXECTIVO: mellora da calidade da portada!

Se superamos o novo obxectivo, todos os libros levarán un lacado UVI na portada, que resaltará a imaxe e aumentará a calidade da edición. Moito máis bonito!

#01 / CONSEGUIDO!

CONSEGUIDO!!

Chegamos ao 100%! Fronteiras de Papel xa é unha realidade grazas a todos vós, moitísimas grazas!

Gracias aos 92 mecenas que xa conseguiron o seu exemplar, e inda nos quedan 25 días para chegar

a máis persoas, anímate a compartilo!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy