❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

GANCHO SANCHES PRESENTA "ZAQUÍN"

Axúdanos a editar o noso primeiro álbum en CD e Vinilo!

Gancho Sanches

A project of

Category

Pop

Created in

0
seconds
89
Pledges
3.095€
From 2.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

GANCHO SANCHES - ZAQUÍN

Logo de 4 anos dende que nos estrearamos co EP Psicofonía Bolborítica (Autoeditado, 2016), Gancho Sanches presentamos o noso primeiro disco longo, Zaquín (Autoeditado, 2020).

Este disco supón a consolidación da banda, formada hai case 5 anos en Barcelona. Tras a volta de Brais e Iván a Galiza, pasamos por un difícil período de adaptación no que as ganas, o traballo a base de maquetas e a comunicación on line permitiron a supervivencia do proxecto.

Traballar a distancia resultou un proceso longo, e por iso neste disco están reflexadas varias etapas do grupo: dende o folk escuro de En vermello floto, máis na liña do primeiro EP, ata Estrela, un tema pop que sae de forma espontánea nun ensaio, marcando unha nova liña a seguir.

A construción do local de ensaio nunha vella casa do barrio chantadino de Zaquín supuxo un novo pulo para a banda. Compartindo recursos con amigos e bandas locais ( Fábrica de Espejos, TEA...) conseguimos crear unha base de operacións onde pecharnos a ensaiar durante días cando Matías podía viaxar a Galiza.

Neste período publicamos varios vídeos en acústico, coma o que gravamos para as Sesións Destelo.

Esta experiencia motivounos para gravar unha serie de tres vídeos ao vivo no estudo compostelán Bungalow Estudio, con Chuko López coma técnico de son.

De aquí nace o noso EP Ao vivo en Bugalow Estudio, no que amosamos os primeiros froitos desta nova etapa creativa. Para isto contamos coa colaboración de André Espiñeira (Phantom Mollo, INZO), que pasará a formar parte da banda nos futuros concertos, estando tamén moi presente no proceso de gravación do LP.

Tras varios meses de traballo pechando a composición dos 9 temas que conforman Zaquín, comezamos a gravar as baterías con Arturo Vaquero en Abrigueiro Estudios, en maio de 2019. A partires de aí, en varias sesións no local de ensaio e nas nosas propias casas, iremos avanzando coas guitarras, voces e teclados, para finalizar o proceso cunha sesión de arranxos e mestura no home studio de Matías en Barcelona.

Zaquín é o punto de partida dunha nova ruta que os catro membros da banda comezamos a percorrer coa composición e gravación deste LP. Un lugar físico, representado polo local de ensaio, pero tamén unha actitude: desfrutar da viaxe sen preocuparnos polo destino.

Paralelamente á publicación en plataformas dixitais de Zaquín, Gancho Sanches abrimos esta campaña de crowdfounding a través de Verkami, co obxectivo de co-financiar a edición física en vinilo e CD do noso primeiro traballo longo.

RECOMPENSAS

Na nosa campaña de Verkami ofrecemos diferentes ítems dentro das recompensas. Os deseños de todos eles foron realizados pola ilustradora e deseñadora Agustina Shuan.

  • CD "Zaquín" en digipack de cartón con libreto de 8 páxinas a toda cor, que inclúe as letras das cancións.

  • Vinilo "Zaquín" nunha edicion en sobre de cartón con sobre interior, ambos a toda cor, que inclúe as letras das cancións.

  • Tote bag en algodón 100%, cun deseño moi especial: cada emblema simboliza unha das nove cancións do disco.

  • Camiseta en algodón 100%, cun deseño que aúna as 4 paisaxes presentes no imaxinario de "Zaquín".

  • Lámina exclusiva nunha impresión Giclée tamaño 30x42cm, en papel de alta calidade, deste fermoso deseño realizado exclusivamente para a nosa campaña de Verkami.

  • Lote con Concerto se queres disfrutar dun concerto de Gancho Sanches no teu local ou festa privada. Elixe a opción que mellor se adapte ao teu caso, e iremos encantados a tomar un viño e dar un concerto a calquera punto de Galiza. ;-)

AGASALLOS

Para todxs xs que nos botedes unha man nesta campaña, temos unha serie de agasallos en agradecemento pola vosa confianza.

  • Algunhas recompensas incluirán unha ligazón de descarga do álbum dixital: as nove cancións de Zaquín en formato de audio de alta calidade. Tamén incluirá a un fondo de pantalla para móbil exclusivo.

  • Outras recompensas, ademáis da descarga do álbum e o fondo de pantalla, incuirán unha (ou dúas, segundo a aportación) invitacións a un concerto de Gancho Sanches ( só válidas para eventos organizados pola banda, que anunciaremos próximamente).

PRAZOS DE ENTREGA DAS RECOMPENSAS

Calculamos que estaremos en disposición de comezar a entregar as recompensas nun prazo dun mes dende a finalización da campaña de Verkami. Por favor, ten en conta que poden producirse retrasos na fabricación dalgún dos ítems, xa que serán producidos por terceiros.

AGRADECEMENTO

Se liches todo isto e decides apoiarnos... UN MILLÓN DE GRAZAS.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Sandra

    Sandra

    about 4 years

    Parabéns polo proxecto!!!

  • Öka Löka

    Öka Löka

    about 4 years

    Vamos rapaces!

  • Lola Barteiro

    Lola Barteiro

    about 4 years

    Moita sorte ca campaña e parabéns polo novo traballo

  • Luisa Barreiro

    Luisa Barreiro

    about 4 years

    MOITA SORTE !!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy