❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

A miña primeira guia micolóxica

Aprende coloreando cales son os cogomelos dos montes de Galicia.

MycoGalicia Plantae

A project of

Category

Created in

0
seconds
46
Pledges
3.500€
From 3.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

A miña primeira guía micolóxica é un proxecto de divulgación ambiental en Galego co que os máis pequenos aprenderán algunhas das principais especies de cogomelos que se poden atopar nos montes de Galicia. Nesta serie explicarase que é un reino, que é un fungo, que é un cogomelo e aspectos básicos sobre a súa morfoloxía e ecoloxía así como a importante relación que teñen co medio.

A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos saprotróficos

Portada do libro Macrofungos saprotróficos cunha Zarrota
Portada do libro Macrofungos saprotróficos cunha Zarrota

Neste número explícase o papel principal dos fungos na natureza: a reciclaxe da materia orgánica. Ademais, descríbense peculiaridades dos fungos saprotróficos presentes en Galicia e a súa afinidade polos distintos substratos, diferenciando especies lignícolas (que degradan restos de madeira) fronte ás humícolas (que empregan humus). Algunhas das especies descritas neste libro son Agaricus campestris, Clathrus archeri, Macrolepiota procera ou Sparassis crsipa.

A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos domesticados

Portada do libro Macrofungos domesticados, cogomelo aínda por decidir
Portada do libro Macrofungos domesticados, cogomelo aínda por decidir

Neste número explícase o que se entende por domesticación de fungos e o procedemento xeral para conseguir unha produción de cogomelos, indicando cales son as condicións necesarias para obter a frutificación dalgunhas especies saprotróficas no noso fogar. Así diferénciase o uso gastronómico dos cogomelos fronte ao medicinal e outros usos domésticos. Algunhas das especies incluídas neste número presentan morfoloxías diferentes en campo e no cultivo. Isto verase representado tanto nos debuxos como nas descricións. Algunhas das especies descritas neste libro son Pleurotus ostreatus, Pleurotus eryngii, Flammulina velutipes, Ganoderma lucidum ou Tuber melanosporum.

A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos parasitos

Portada do libro Macrofungos parasitos, cogomelo aínda por decidir
Portada do libro Macrofungos parasitos, cogomelo aínda por decidir

Neste número explícase que é un fungo parasito e farase referencia aos diferentes organismos que parasita e os seus reinos (Plantae, Animalia ou Fungi). Ademais, descríbese cal é a principal función que cumpren os fungos parasitos nun ecosistema, xa que xunto ás especies saprotróficas axudan a manter a saúde das formacións forestais. Algunhas das especies descritas son Fistulina hepatica, Cordyceps militaris, Fomitopsis betulina ou Claviceps purpurea.

Sobre o libro

A miña primeira guía micolóxica: macrofungos micorricicos
A miña primeira guía micolóxica: macrofungos micorricicos

O financiamento servirá para fabricar unha primeira edición en Galego para cada un dos libros, seguindo o deseño realizado para A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos. Realizarase en Din A5 empregando papel reciclado e un acabado textura suave e aveludada da portada.

Cada libro inclúe unha breve introdución común na que explica que é un reino, que é un fungo, que é un cogomelo e aspectos básicos sobre a súa morfoloxía e ecoloxía así como a importante relación que teñen co medio.

O resto do contido aproveitase para comentar as peculiaridades de cada grupo. Así por exemplo, mentres que no derradeiro libro (macrofungos parasitos) farase referencia aos diferentes reinos (Plantae, Animalia ou Fungi) no primeiro libro (macrofungos micorrícicos) aproveitouse para indicar aspectos relevantes dos ecosistemas nos que habitan os fungos.

Cada libro inclúe auto-descricións de polo menos 15 especies de fungos diferentes. Nelas faise fincapé nas cores que posúen os cogomelos dun xeito sinxelo. Ademais inclúense aspectos relativos á súa morfoloxía, ecoloxía e usos tradicionais de cada unha das especies. As descricións van apoiadas xunto a unha ilustración do cogomelo para que os nenos aprendan coloreando cales son os cogomelos dos montes de Galicia. Como apoio para coñecer mellor os cogomelos ao final do libro inclúense a todo color as ilustración das especies descritas.

Sobre as recompensas

Colección completa (48 horas) 35 €

Só para os máis rápidos. Podedes conseguir a colección completa cun desconto especial. Ademais, incluiranse catro postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Comenzando 10 €:

Para os que queren participar neste proxecto. Levaraste un exemplar de A miña primeira guía micolóxica á túa elección a escoller entre os tres números incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados ou Macrofungos parasitos). Ademais, incluirase unha das postais decorativas con fotografías de cogomelos.

Media colección 20 €:

Se queres afondar neste proxecto pódeste levar dous exemplares de A miña primeira guía micolóxica da túa elección. Poderás escoller entre os tres números incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados ou Macrofungos parasitos)e, ademais, incluiranse dúas das postais decorativas con fotografías de cogomelos.

Tres cuartos + Agradecemento 30 €:

Para os máis emocionados por este proxecto. Levaraste os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos). Ademais, incluiranse tres das postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Colección completa 40 €

Para os que queiran levarnos na man. Levaraste os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos) xunto co primeiro exemplar xa publicado (Macrofungos micorrícicos). Incluirase tamén unha bolsa en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas. Ademais, incluiranse catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Colección completa + Camiseta 50 €:

Para os que non nos queiran quitar de enriba. Levaraste os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos) xunto co primeiro exemplar xa publicado (Macrofungos micorrícicos). Incluirase tamén unha bolsa e unha camiseta en algodón (100%) ecolóxico con cadanseu deseño escollido polos mecenas. Ademais, incluiranse catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Colección completa lúdica 60 €:

Para entreterse cos cogomelos. Levaraste os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos) xunto co primeiro exemplar xa publicado (Macrofungos micorrícicos) e o Xogo dos cogomelos. Incluirase tamén unha bolsa e unha camiseta en algodón (100%) ecolóxico con cadanseu deseño escollido polos mecenas. Ademais, incluiranse catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos e o teu nome aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Colección completa en compañía 100 €:

Para os que desexen compartir coloreando. Esta recompensa está pensada para dous apaixonados por este proxecto. Cada un levarase os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica incluídos neste proxecto (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos) xunto co primeiro exemplar xa publicado (Macrofungos micorrícicos) e o Xogo dos cogomelos. Incluirase tamén para cada un, unha bolsa e unha camiseta en algodón (100%) ecolóxico con cadanseu deseño escollido polos mecenas e catro das postais decorativas con fotografías de cogomelos. Os vosos nomes aparecerán impresos nun certificado de agradecemento.

Gran mecenas 300 €:

Se xestionas unha pequena ou mediana empresa cuxos obxectivos coinciden cos nosos ou reuniches a 9 amigos aos que lles interesa conseguir todos os libros, esta é a túa recompensa. Inclúe: 10x Os tres exemplares de A miña primeira guía micolóxica (Macrofungos saprotróficos, Macrofungos domesticados e Macrofungos parasitos), 10x O primeiro exemplar (Macrofungos micorrícicos) e 10x unha bolsa en algodón (100%) ecolóxico cun deseño que será escollido polos mecenas. Ademais, incluiranse 10x das catro postais decorativas con fotografías de cogomelos. Os vosos nomes ou o logo aparecerá impreso nun certificado de agradecemento.

Cadro resumo das recompesas
Cadro resumo das recompesas

Ampliación dos obxectivos

Sabemos que vamos ter que traballar ata acadar o obxectivo da campaña pero sería toda unha honra poder superala. Para avanzar xuntos neste proxecto pensamos que a mellor maneira e proporvos pouco a pouco varios obxectivos para que o noso proxecto poida chegar a máis xente:

Se chegamos a este obxectivo, os mecenas poderán escoller entre a versión en galego ou a versión en castelán desta serie de libros. Aparte dos libros incluídos neste proxecto realizarase unha edición en castelán de A miña primeira guía micolóxica: Macrofungos micorrícicos.

Sobre nós

Somos MycoGalicia Plantae, unha empresa de asesoría forestal, investigación e divulgación micolóxica asentada en Galicia. O noso obxectivo como biólogos é transmitir á sociedade a importancia dos fungos e o seu papel na natureza, para que as persoas tomen conciencia sobre estes organismos moitas veces esquecidos. Un punto clave en calquera aprendizaxe é a infancia, polo que desexamos poder achegar o marabilloso mundo dos cogomelos aos máis cativos, porque nas súas mans estará o futuro da conservación da biodiversidade do noso planeta.

A que destinaremos as vosas achegas

  • Materiais e impresión (materiais certificados ecorresponsables): 2800 euros
  • Administración, deseño gráfico, seguimento, envíos: 420 euros
  • Comisións e impostos: 280 €

Calendario previsto

Este é o calendario que temos previsto seguir co libro nestes meses:

  • Maio, Xuño, Xullo e Agosto: iremos realizando tarefas de ilustración, maquetado e revisión á vez que imos botando adiante este proxecto co voso apoio.
  • Finais de Agosto: envío a imprenta.
  • Segunda semana de Setembro: envío de recompensas.

Envío internacional

Se vives en España, os gastos de envío están incluídos para todos os paquetes de recompensas. Para envío internacional podes consultar as tarifas de Correos neste enlace para que poidas estimar os gastos de envío. Consúltanos para coñecer o peso estimado de cada recompensa.

+ Info

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

2 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Mauro Rivas Ferreiro

    Mauro Rivas Ferreiro

    almost 5 years

    Sorte rapaces!

  • Teresa52

    Teresa52

    almost 5 years

    L

#12 / Preparando os envios

Os libros
Os libros

Aínda que supoño que moitos de bos xa o sabedes temos boas novas!!! Xa temos todos os produtos do micromecenado polo que só nos falta proceder ao seu envío. Sabemos que está vai ser unha das derradeiras publicacións do blog polo que só nos resta agradecervos novamente a vosa decisión de acompañarnos nesta viaxe.

Esperamos que desfrutásedes tanto coma nos mirando como saia adiante este proxecto e que vos gusten as versións que chegan as vosas mans. Isto non sería posible sen a vosa axuda polo que estes libros son de todos Vós.

Preparando os pedidos
Preparando os pedidos

Gracias pola compaña e esperámosvos na seguinte viaxe...

#11 / A miña primeira guía micolóxica vai a imprenta...

Xa estamos na recta final, levamos un tempo sen facer ningunha publicación, apertando o acelerador para poder ter o proxecto no tempo que vos prometemos. Esta última semana estivemos repasando todos os deseños finais para poder levalos á imprenta. Queredes coñecer cales son os deseños finais que terán os libros de colorear?

As portadas

A finais de agosto pedímosvos que nos dixerades cales eran as portadas que máis vos gustaban para os libros de macrofungos domesticados e macrofungos parasitos. As portadas máis votadas foron a de Pleurotus djamor (domesticados) e Fistulina hepatica (parasitos). Aquí tendes as tres portadas dos novos libros.

Ademais os tres libros inclúen unha segunda especie nas contraportadas: Clathrus archeri na de saprotróficos, Agaricus bisporus para os domesticados e Cordyceps militaris na de parasitos.

As bolsas e as camisetas

read more

#10 / Axudádenos a elixir as novas portadas!!!

Hoxe traémosvos novas fora das datas habituais. Precisamos a vosa axuda para decidirnos polas novas portadas dos libros que aínda non tiñan portada: macrofungos domesticados e macrofungos parasitos.

A terceira portada xa a tiñamos lista e creemos que a Macrolepiota procera e a mellor especie de portada para un libro de macrofungos saprotróficos máis se é centrado nos montes de Galicia... E sabemos que moitos de vos tamén o queredes así.

Imos con un pouco de presa xa que este xoves 22 de agosto témolas que ter escollidas pero queremos darvos a oportunidade de participar nesta importante decisión. Imos entón cos novos deseños:

A miña primeira guía micolóxica: macrofungos domesticados

As especies seleccionadas para a portada deste libro son unha representación das características dos cogomelos que se inclúen nel tanto polo seu método de produción coma polos seus usos.

Agaricus bisporusread more

#09 / O micromecenado e outras cousas

Unha das experiencias máis gratificantes dos proxectos de micromecenado é ver como se van sumando mecenas a unha idea que está en desenvolvemento. Poder facer participe aos nosos mecenas do proceso de elaboración dos exemplares de “A miña primeira guía micolóxica” e das novidades asociadas ao proxecto faino aínda máis especial.

Nesta etapa final andamos a dar os derradeiros pasos para acadar o noso obxectivo. Hai pouco conseguimos a colaboración no noso proxecto da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. Grazas á nosa aposta pola divulgación científica en galego, decidiron participar para que o noso proxecto fose adiante. Unha mostra disto a atoparedes na contraportada dos libros.

Este novo apoio, xunto co selo Crowdfunding que deixa constancia da ilusión colectiva que fixo posible o noso proxecto e amosan que a divulgación científica en galego é posible.

#08 / As bolsas e as camisetas

Xa falta moi pouco para rematar e levar todo a imprenta. Hoxe queremos falarvos sobre os deseños que levarán as camisetas e as bolsas. Algúns de vós comentáchedesnos que prometeramos que os deseños que terían as bolsas serían exclusivos. Por iso, e segundo o interese que mostrastes nos deseños en cor para as bolsas e camisas que propuxemos en maio decidimos desenvolver tres novos para que escollades, vai ser difícil decidirse por un.

O cogomeliño no mundo do micelio. Este deseño é un pequeno resumo do ciclo que posúen os basidiomicetos. Nel recóllese de maneira moi simplificada o proceso de fusión de dúas hifas primarias para dar lugar ao micelio secundario e reflicte como as condicións meteorolóxicas favorecen formación dos cogomelos.

Lycoperdon perlatum - Peido de Lobo - Este deseño está feito para dar a coñecer os nomes populares… read more

#07 / Os textos

Unha vez elaboradas todas as imaxes o seguinte paso que se realiza é a creación dos textos. A encargada desta tarefa é María Cabaleiro Alfaya.

En primeiro lugar escríbese o texto que introducirá cada un dos libros de cogomelos. Estes textos están baseados en aspectos importantes de cada libro mantendo unha introdución básica sobre o que é un cogomelo en todos eles.

Unha vez escrito este texto decídense cales son os debuxos adicionais que se deben facer para apoiar a explicación sobre os cogomelos. Isto fai que sexa máis sinxelo comprender o que se di na primeira parte dos libros.

A información do cogomelo achégase en forma de autodescricións sobre a súa morfoloxía e outros caracteres e usos que poidan ser de interese para os máis cativos así como manter a rigorosidade. Por iso, unha vez elaborados todos os textos son revisados pola Dra. Marisa Castro, asegurando que non existe ningún erro nas descricións.

#06 / Dixitalizando os debuxos

A seguite fase do proceso consiste na dixitalización dos debuxos finais. A encargada do proceso de elaboración dos contornos e realización dos debuxos con cor é Paula Estévez Caride.

O proceso de dixitalización comézase realízando un escaneo dos debuxos finais. Os contornos son tratados dixitalmente mediante programas de sofware libre perfilando as liñas dos debuxos. Desta forma obtemos os debuxoa a trazos que se empregaran para o libro de colorear.

Ademais empregando as mesmas imaxes e unha taboa de dixital realízanse debuxos coas cores finais que levarán cada un dos cogomelos e que se empregaran para que os nenos poidan saber cales son as verdadeiras cores dos comgomelos.

Novamente os debuxos pasan unha revisión da Dra. Mª Luisa Castro Cerceda, para verificar que as cores dos deseños finais son correctas.

#05 / Como avanza o calendario

Xa estamos na primeira semana de Xullo e toca dar contas aos nosos mecenas do estado deste proxecto colectivo. Tal e como vos comentamos na presentación do proxecto durante estes meses estivemos rematando os labores de ilustración, maquetado e revisión das guías micolóxicas.

Xa vos comentamos como se elaboraban os bosquexos e como obtiñamos os delineados. Pois é unha honra para nos comunicarvos que xa temos rematados todos os deseños das preto de 60 especies que serán incluídas nas tres guías.

Que é o que nos falta para rematar?

Ter rematadas as 60 ilustracións, significa que estamos a piques de chegar á metade desta viaxe. Aínda temos que escribir os textos que acompañan a estas ilustracións e revisalos para que tanto os máis cativos coma os máis maiores poidan aprender con estas guías. Quédanos colorear dixitalmente todas as imaxes e elaborar as portadas finais para o que vos pediremos a vosa colaboración nas redes sociais.

read more

#04 / Os delineados

Como vos comentabamos a semana pasada os bosquexos pásanse a man a un debuxo final que é o que incluirá as variacións ao completo. Este debuxo, con trazos máis definidos é o que denominamos delineado.

Os delineados tamén son elaborados por María Cabaleiro Alfaya empregando unha mesa de luz. Isto facilita que se inclúan modificacións nos delineados que non se atopaban nos bosquexos orixinais.

Noutros casos, debido á mellor definición do delineado fronte ao bosquexo decídense incluír melloras estéticas para dar a impresión de sombreado ou volumes.

O paso seguinte será dixitalizar os contornos e colorealos para seren incluídos nos libros.

#03 / Os bosquexos

O primeiro paso que realizamos á hora de deseñar as guías é a decisión das especies que se incluirán. Cada guía inclúe ao redor dunhas 15 especies de cogomelos representativos dos montes galegos e do grupo ao que pertencen. Unha vez decididas as especies comezamos coa creación dos bosquexos.

Os bosquexos realízaos a man a nosa compañeira María Cabaleiro Alfaya destacando os principais caracteres que permiten recoñecer o debuxo como o cogomelo orixinal. Tras isto inclúense as faccións para facer máis atractivas as imaxes tentando que non molesten na identidade do cogomelo.

As posicións das faccións as veces son complexas
As posicións das faccións as veces son complexas

Unha vez realizados, os debuxos pasan unha revisión da Dra. Mª Luísa Castro Cerceda, experta en micoloxía, para verificar que os caracteres morfolóxicos máis relevantes están presentes no cogomelo e inclúense as primeiras indicacións sobre as cores que se deben destacar.

Indicanse as cores no propio bosquexo.
Indicanse as cores no propio bosquexo.

read more

#01 / Os deseños

Estamos comezando a facer os deseños para as bolsas e camisetas… Necesitamos a vosa axuda para decidirnos entre os deseños a toda cor ou os feitos a trazos… cal vos gusta máis?.

Bolsa de asas (cor)
Bolsa de asas (cor)

Bolsa de asas (trazo)
Bolsa de asas (trazo)

Camisetas (cor)
Camisetas (cor)

Camisetas (trazo)
Camisetas (trazo)

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy