❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Galician Bizarre 3

Logo do éxito dos dous primeiros volumes, lanzamos o terceiro recopilatorio Galician Bizarre, con 17 artistas do underground galego actual.

galicianbizarre

A project of

Category

0
seconds
219
Pledges
4.261€
From 3.716€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

O Galician Bizarre naceu hai unha década como un movemento que agrupaba bandas da escena underground galega, marcado pols influencias musicais anglosaxonas pasadas polo filtro do país: que che guste como sonan os Cramps, Sonic Youth, Aphex Twin ou os Beastie Boys non impide falar de Manuel Fraga, o Apóstolo Santiago, Luar ou o que che pete.

Nestes anos o Bizarre floreceu e murchou varias veces, deixando polo camiño numerosos concertos, deseños gráficos memorables, bandas populares e esquecidas, grandes churrascadas e dous volumes recopilatorios co mellor de cada casa:

Os volumes 1 e 2 ían dende o punk irreverente de Novedades Carminha e Terbutalina ao pop electrónico de Carrero Bianco, do noise de Telephones Rouges ao garaxe de Fantasmage ou do surrealismo de Alarido Mongólico ao rock and roll de Los Santos.

Seis anos despois do segundo volume, rexurdimos das nosas cinzas para retratar a escena galega do momento, igualmente rica e caótica: unimos dezasete bandas e artistas e hai pop lo-fi, trap, neopsicodelia, post-grunge, punk, electrónica e o que se che ocorra, con cancións inéditas en case todos os casos.

Portada para o Galician Bizarre 3, deseño de Óscar Raña
Portada para o Galician Bizarre 3, deseño de Óscar Raña

O tracklist do Galician Bizarre 3 é este:

CARA A
Pantis - Mar
Contenedor de Mierda - Síndrome de Dawson
Esposa - Nós contra nós
Dois - Dominguero
Lamprea Explosiva - Polok
Selvática - El fondo del mar
Atrás Tigre - Abisal
Boyanka Kostova - Konaseinochan
Pálida - You Were Melting in the Wrong Hands

CARA B
Travesti Afgano - Catro anos máis
Bifannah - Ervas
Puma Pumku - Velvet Dream
Oh! Ayatollah - Pablo Callejo
Estrambote - Viajes en el tiempo
Jay - Ser humano
Bulto - Todos los días es mi cumpleaños
Kadett GSI - Motor

O deseño do álbum corre a cargo do artista e músico vigués Óscar Raña, continuando así o vínculo do Galician Bizarre co vibrante mundo do deseño e a ilustración en Galicia: Rubén Prol, Andrés Magán, Mar Catarina e Rubén Domínguez asinaron as portadas e contras dos volumes anteriores.

Da masterización ocuparase Ibán Pérez no Terraforma Studio do Hío (Cangas), de onde teñen saído un bo número dos discos máis relevantes dos últimos anos en Galicia.

Sobre as recompensas

Ofrecémosvos diferentes opcións para participar da edición do Galician Bizarre 3: ademais de mercar o disco anticipadamente, tamén tedes a opción de levarvos unha das camisetas exclusivas con deseño de Rubén Prol, sempre escollendo entre a recollida en tenda e recibilo na casa.

A maiores, podedes plasmar o voso apoio ás bandas bizarras facendo que o voso nome apareza nos créditos do disco, ou colaborar como asociación ou selo e incluír o voso logo na folla interior.

E tamén un par de opcións máis tolas. Mirade debaixo!

Sobre nós

O Galician Bizarre é un movemento autoxestionado e colaborativo do que participan as propias bandas e outras persoas que aportan o seu traballo voluntario.

Ademais da edición dos recopilatorios e de organizar numerosas festas e concertos, vimos de lanzar un blog no que recoller a actividade presente e pasada da escena, con entrevistas, opinións e textos críticos.

A que destinaremos as vosas achegas

As vosas aportacións servirán para financiar o total dos gastos da edición, que son os seguintes:

A: 500 LPs en vinilo negro con galleta, funda interior, carpetas exteriores, transporte e test pressing: 1700 €

B: Follas interiores con créditos e letras: 120 €

C: Deseño da portada: 200 €

D: Deseño do logo: 150 €

E: Masterización: 363 €

F: Gastos Verkami: 150 €

G: Gastos pago con tarxeta: 20 €

H: Gastos PayPal: 100 €

I: Compra e estampado de 50 camisetas Galician Bizarre: 363 €

J: Gastos de envío: 300 €

K: Impostos: 250 €

TOTAL: 3716 €

Calendario previsto

O proceso de fabricación dos discos dará comezo co lanzamento desta campaña de crowdfunding. Unha vez rematados os 40 días nos que se poden recibir aportacións, realizaremos e imprimiremos as follas interiores, coa intención de que unha vez recibidos os LPs poidamos comezar a distribución dos discos e as recompensas. A nosa previsión é que recibades o que adquiristes cara o final de xaneiro!

+ Info

Se tedes calquera dúbida ou queredes saber máis sobre o Galician Bizarre, podedes seguirnos en Facebook ou Instagram.

Tamén podes poñerte en contacto connosco pinchando debaixo destas liñas en "Pregunta ao autor" ou deixando un comentario.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

8 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Dreia

    Dreia

    over 5 years

    <3

  • Joña GZ

    Joña GZ

    over 5 years

    GALIZA CALIDADE 😍👍

  • Laroucho

    Laroucho

    over 5 years

    A tope peñita!!!

  • RUBÉN MARTÍNEZ SABINO

    RUBÉN MARTÍNEZ SABINO

    over 5 years

    Xa formo parte da familia Medici do Renacemento bizarro musical ghallegho!!

  • colensco

    colensco

    over 5 years

    Amor amorfo!

  • Miguelón

    Miguelón

    over 5 years

    A polo cuarto xa!! Forza!!

  • Chente

    Chente

    over 5 years

    Ola ! Por favor, na medida do posible quixese unha camisola negra e a outra barrantes. Obrigado :))

  • Alejandro Jiménez

    Alejandro Jiménez

    over 5 years

    Longa vida a Galician bizarre!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy