❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Vivimos en Vigo, primeiro disco de Anxo Blas.

Intento sacar o meu primeiro Disco de cantautor que se chamará Vivimos en Vigo. Pido a túa axuda para ser mecenas. Graciñas.

Anxo Blas Gonzalez

A project of

Category

Created in

0
seconds
54
Pledges
2.655€
From 2.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

O PROXECTO.

As cancións xorden das experiencias que me ofrece a vida. Ás veces propia outras inventada. Así hai cancións con crítica, con retranca, musicando poemas. Hai diversidade de estilos e temáticas porque non me gusta a monotonía. Así fun recollendo durante estes dous anos, que andiven tocando como cantautor, unha badaza de cancións que pedían ser gravadas nun disco.

QUE ATOPARÁS NO DISCO.

Doce temas do máis variado. Moitas cancións forman parte do repertorio actual que toco nos directos e que o público máis fiel xa me comenzaban a cantar sen que foran gravadas.

Pero tamén aparecerán poemas musicalilzados de poetas galegos como Manuel María, Lois Pereiro, Quico Valeiras e Rosalía de Castro.

Ademáis dentro do disco irá un libriño de dezaseis páxinas coas letras,fotos e información sobre o disco.

MÚSICA E POESÍA.

Gracias a música pódese contextualizar mellor a palabra, darlle máis significado e así as ideas e os sentimentos van por unha vía rápida cara os teus miolos. Así acontece no poema "A Fala" de Manuel María, que será gravado xunto coa propia voz de Manuel María recitando e a zanfona de Anxo Pintos. E mesmo Quico valeiras, un poeta do Carballiño moi xoven e que vai petar moi forte no mundo literario ao que tiven a sorte de poder musicalizar o seu poemario e que eu púxenlle de título "O amor son as maus".

Poesía e música son pólas da mesma árbore que florecen no esceario.

QUEN PARTICIPA NO PROXECTO

Musicalmente: David Outumuro (batería), Susana Blanco (chelo), Aleixandre Cabanelas (saxo), O Leo i Arremecághona e Anxo Pintos (Zanfona).

Unha fantástica lámina feita para este proxecto por Pepe Carreiro para as recompensas. Unha edición limitada. Non a perdades. E na edición do libriño do disco e diseño da camiseta OZOCOgz. Empresa galega adicada ao deseño en galego.

DATAS PREVISTAS

  • Xullo gravar o disco.

  • Setembro masterización.

  • Setembro entrega de recompensas.

A QUE SE DESTINAN OS CARTOS

  • A pagar o estudio de gravación.

  • A masterización.

  • As 800 copias do disco e a edición do libriño.

  • As camisetas da recompensa.

  • Pagar os gastos de xestión a Verkami.






www.anxoblas.com

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

4 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • xurelo

    xurelo

    almost 6 years

    Forza!!!

  • anxostar

    anxostar

    almost 6 years

    Forza Anxo!

  • Xabier Domínguez

    Xabier Domínguez

    almost 6 years

    Noraboa Anxo e moito ánimo! Xabi VdB

  • Eladino Cabanelas

    Eladino Cabanelas

    almost 6 years

    Altamente recomendábel!!!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy