❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

O derradeiro decembro infinito

Libro-cd de fantasía para adultos en galego. Texto de Xosé Duncan, música de Mielitza e deseño de Elba Fernández.

Category

Created in

0
seconds
47
Pledges
945€
From 2.800€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Cae a neve...
Cae a neve...

Que é Decembro?

  • Desde logo, non é un momento. Poderiamos dicir que, máis ben, é un lugar.

  • Tamén é moito máis cá última novela de Xosé Duncan porque nas curvas dese outeiro nevado agóchanse os medos máis profundos. Duncan tentou fechalos tras as portas azuis da espiral, mais Decembro sempre remata por deixar saír os seus demos.

  • Esa espiral xiraba a tanta velocidade, amosando as mortes dos habitantes das portas, que Duncan non era quen de rescatalos do seu derradeiro día de vida. Foi aí cando Carla López, vestiu de Mielitza e decidiu chorar por el as bágoas precisas e creou a melodía que acalmou o Observador, o vixía eterno do outeiro.

  • E mentres Mielitza e Duncan pagaban o prezo de espir os seus espíritos, Elba debuxou trazos negros sobre a brancura de Decembro. Sucou con tinta o cumio onde o Home Solitario morría para volver nacer e, sen se decatar, xuntouse ao pranto dos outros dous.

Xa, vale, pero que é Decembro?

Pois é un proxecto que nace cunha novela de Duncan. Como non podía ser doutro xeito, é unha historia de fantasía, un descenso ao inferno dunha alma torturada. A viaxe deste home calquera a través da espiral de Decembro percorre un camiño marcado polas portas azuis, por eses escenarios nos que outras almas reviven o seu derradeiro día de vida, unha e outra vez, para sempre. Nalgún momento, durante a creación do texto, unha lectora converteuse en amiga e, logo, en compañeira de viaxe. Carla imaxinou unha banda sonora chea de matices, de dor e de esperanza.

Sobre nós

Portada do libro-cd
Portada do libro-cd

Ademais de Mielitza e Xosé Duncan, estaremos arroupados por un equipo de luxo:

Iago Mouriño: como intérprete das composicións que acompañarán o libro.

Paul Álvarez: aos mandos técnicos.

Elba Fernández: ilustracións e deseño gráfico.

A que destinaremos as vosas achegas

Realizaremos a gravación, mestura e máster das cancións que conforman a banda sonora de Decembro.

Deseñaremos a arte gráfica do libro-cd.

Imprimiremos 500 exemplares do libro.

Produciremos 500 copias do cd.

Prepararemos un obxecto fermoso, que aglutinará texto e música, co que pretendemos compartir a historia do Home Solitario con 500 novas almas.

Calendario previsto

Durante o verán 2018 tentaremos acadar a consecución deste Verkami que estades a ver. Se o logramos, levaremos a cabo a produción do libro-cd durante o outono e, en Decembro de 2018, presentarémolo no Culturgal e en librarías e cafetarías de toda Galiza. Até onde cheguen as nosas forzas, e a vosa fame por saber da historia do Solitario, espallaremos o noso show literario-musical.

Os marabillosos mecenas que nos axuden no proxecto recibirán as súas recompensas a finais do outono de 2018, axiña como teñamos o produto físico disposto para o seu envío.

+ Info

Facebook
Twitter

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

6 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy