❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Zapatos Novos, o novo disco de Guezos.

Zapatos novos é o novo disco de Guezos. En xuño de 2018 estreamos. Axúdanos!!

GuezosOurense

A project of

Category

Created in

0
seconds
97
Pledges
3.025€
From 3.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Guezos 2018
Guezos 2018


Somos Guezos, grupo folk rock de Ourense, e necesitamos do teu apoio para a gravación e edición do noso novo disco "Zapatos novos".

Axúdanos a facer este proxecto máis grande!

Para elo ofrecemos que a túa colaboración teña recompensa. Para nós é fundamental que nos botes unha man. Prometemos entregar todo o mellor que levamos dentro. Moitísimas gracias!

Páxina web de Guezos

Sobre as recompensas

Como non pode ser doutro xeito, a principal recompensa será o novo disco "Zapatos Novos". Pero como isto nos parecía pouco tamén atoparás camisolas, chapas, adhesivos, e ata unhas zocas artesanais. Podes ver con máis detalle todas as recompensas que ofrecemos no lateral.

Sobre nós

Somos un grupo que comezou no ano 2000, cando aínda eramos uns mociños (ou "guezos" na fala dos afiadores) con moitas ilusións. Esa ilusión por facer música e compartila con vós segue intacta e aumenta cos anos.

Temos tocado por toda Galicia, España, Andorra e Portugal, con grandes grupos e nos mellores escenarios e queremos seguir facéndoo coa vosa axuda!

"Quixera", o videoclip que fixemos o ano pasado dentro dun proxecto de fomento de uso do galego co CEIP Otero Novas de Cortegada.

A que destinaremos as vosas achegas

Os cartos recadados serán unha axuda fundamental para poder sacar adiante o noso último traballo "Zapatos Novos".

Si chegamos ao obxectivo, a recadación destinarase a pagar parte da gravación e a fabricación das copias físicas do disco cun packaging especial. Pero tamén a cubrir os gastos da propia campaña.

Calendario previsto

  • Gravación do disco: Marzo 2018.

  • Mesturas e máster: Abril 2018.

  • Maquetación e fabricación: Maio 2018.

  • Distribución: Principios de Xuño 2018.

En canto o disco saia da fábrica comezaremos a distribuílo entre os nosos mecenas. As demais recompensas faranse tamén a partir do mes de xuño. Calquera cambio por posible incidencia será publicado polas nosas redes sociais ou de xeito individual se é un problema concreto.

+ Info

-Búscanos nas Redes Sociais: Facebook, Twitter, Spotify, Canal Oficial de Guezos en Youtube.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

6 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Eladino Cabanelas

    Eladino Cabanelas

    almost 6 years

    Parabéns!!!!! Estou desexando oír o traballo.

  • CarmenMaria

    CarmenMaria

    almost 6 years

    Mucho éxito!!

  • Jose Porto

    Jose Porto

    almost 6 years

    Forza!!!

  • GuezosOurense

    GuezosOurense
    Author

    almost 6 years

    Moitas gracias a todos os mecenas! Xa estamos máis cerca!!

  • Manu&Vero

    Manu&Vero

    almost 6 years

    Iste veran estreno Zapatos Novos!

  • anxostar

    anxostar

    almost 6 years

    Vamos!!!

#01 / Xa podedes ver a nosa nova camisola!

Presentamos en primicia mundial a camisola oficial de Zapatos Novos, fabricada con algodón orgánico da mellor calidade!! Queda pouco máis dunha semana para que remate o crowdfunding e precisamos da vosa axuda para poder acadar o obxectivo final. Veña, que xa só nos falta un chisquiño para sacar o proxecto adiante e o tempo non perdoa!!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy