❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

EntreSoños, baile tradicional galego no marco da danza contemporánea.

Espectáculo de baile e música tradicional galega, cunha visión de danza contemporánea. O folclore galego como ferramenta de expresión.

Category

Created in

0
seconds
155
Pledges
4.720€
From 2.850€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

EntreSoños é unha obra de baile e música tradicional galega de 70 min de duración, cun elenco artístico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó (tanto Aida como Xisco compaxinarán a súa laboura de bailaríns coa de cantantes de música tradicional nesta obra), ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos, todo isto dentro dun marco escénico diseñado por Vanesa Hernánez (DiiVant), un deseño de iluminación de Luis Perdiguero, cun vestiario diseñado por Alessio Meloni e dende unha visión de danza contemporánea a través dos ollos do codirector artístico David Vilariño (bailarín contemporáneo e coreógrafo de Vilarinyo dance company).

Sobre a compañía

Fran Sieira, compañía de danza xurde pola inquietude de seu director por dar un paso máis na súa carreira artística despois de 14 anos coma mestre de baile e música tradicional galega en diferentes agrupacións folclóricas de toda Galicia; de percorrer aldeas en busca de novos pasos e melodías a través de informantes de avanzada idade para completar a súa madurez como bailador; bailando en compañías nacionais como GS21, Quique Peón Cía e Nova Galega de Danza e dirixindo agrupacións cun recoñecido prestixio, levando a cabo a través delas espectáculos de baile e música tradicional, enchendo teatros do nome do Teatro A Fundación de Vigo ou o mesmo Auditorio Mar de Vigo.

A compañía baséa o seu traballo no baile e música tradicional, utilizando o folclore galego como ferramenta de expresión, pero innovando na representación dos bailes propios como a muiñeira ou a xota; estudando o movemento a través da danza galega e falando a través dela.

Podes coñecer a traxectoria de cada integrante deste espectáculo na web de Fran Sieira, compañía de danza.

A que destinaremos as vosas achegas

Emprender un proxecto profesional nas artes escénicas non é doado, pero particularmente no mundo da danza é especialmente duro. Por iso precisamos da vosa axuda, para financiar parte dos gastos xerados pola contratación dos bailaríns, o deseño de escenografía e a súa producción, o deseño de luces, o vestiario, a composición musical, etc.

Como calquera proxecto profesional, realizouse unha previsión de tesourería que depende en grande parte das contratacións de actuacións e da asistencia do público aos teatros; isto fai que o factor de incertidume pese moito na supervivencia do proxecto. Poder contar co apoio do público antes da estrea supón un respaldo e unha importantísima aportación de tranquilidade que nos permite adicarnos a faceta creativa sen a pesadume de ter a xestión económica sempre na mente.

Calendario previsto

As recompensas que consistan en entradas para ver o espectáculo entregaranse na propia billetería do teatro. Previamente se contactará co/ca mecenas para que escolla se quere asistir á estrea o 28 de abril en Noia (A Coruña) ou o 6 de maio en Ponteareas (Pontevedra); así como que data de ensaio quere asistir, se é o caso. O merchandising vinculado as recompensas de entradas entregarase na data que asistan coma espectadores.

Para as "Master Class" contactarase con antelación suficiente para acordar a data de realización. Se fose anterior a algunha representación, na propia master class entregaranse as entradas. Se a master class fose posterior, ás entradas se recollerán na billetería do teatro.

Os mecenazgos de prata e ouro terán unha promoción cosntante durante a vida do espectáculo, empregando para a difusión do patrocinio todos os medios disponibles pola compañía: web, redes sociais, notas de prensa, etc. As entradas vinculadas a estes mecezagos prata e ouro estarán a disposición dos patrocinadores nas billeterías de calquera teatro ou auditorio na que se represente EntreSoños no 2018 e no 2019.

+ Info

Podes coñecer o día a día da compañía en:

Web - fransieira.com

Facebook - facebook.com/FranSieiraDanza

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

21 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • MC

    MC

    about 6 years

    Es un orgullo participar en este proyecto. Felicidades.

  • Raquel Faro Álvarez

    Raquel Faro Álvarez

    about 6 years

    Por fin!!!

  • Margarita Miniño

    Margarita Miniño

    about 6 years

    Triunfarás ,no puede ser de otra manera🏆

  • Margarita Miniño

    Margarita Miniño

    about 6 years

    Que se cumpla este gran sueño

  • Miriam lorenzo espiñeira

    Miriam lorenzo espiñeira

    about 6 years

    Fermoso proxecto...gran soño...noraboa!!!

  • Ana Outeiral

    Ana Outeiral

    about 6 years

    Fran al final lo consegui 😂

  • Gaëlle Penverne

    Gaëlle Penverne

    about 6 years

    Que tu proyecto encuentre todo el exito que merece , longue vie à entresonos !

  • Fran Sieira, compañía de danza

    Fran Sieira, compañía de danza
    Author

    about 6 years

    Miguel, grazas!

  • Miguel Flores

    Miguel Flores

    about 6 years

    Ole los valientes!!!

  • Pili

    Pili

    about 6 years

    😘😘

#01 / Grazas, grazas e mil grazas

So podemos ter palabras de agradecemento para quenes apostan pola nosa proposta artística.

Emprender un proxecto profesional en artes escénicas e especialmente na danza ten unha importante dificultade. Esta é a causa pola que lanzamos esta campaña que busca recaudar fondos cos que asegurar o proxecto e facer posible un soño do que cada día que pasa estamos máis preto de acadalo. Por iso, grazas, grazas e mil grazas.

Cada un dos e das mecenas deste proxecto son xa unha parte indispensable do mesmo, cada un dos e das mecenas son xa integrantes da compañía e da obra EntreSoños.

Entre todos e todas podemos facer que este proxecto chegue a máis xente, que podamos acadar os fondos necesarios non só para a supervivencia do proxecto, senón para consolidalo e facelo máis grande.

Novamente, grazas, grazas e mil veces grazas.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy