❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Galician Bizarre II

Galician Bizarre II será un disco recopilatorio de 18 canciones inéditas compuestas e interpretadas por 18 bandas galegas. Después del éxito del primer volumen sufragado íntegramente por las bandas participantes, se propone la financiación colectiva de esta 2ª entrega a través de crowdfunding.

galicianbizarre

A project of

Category

0
seconds
175
Pledges
3.081€
From 2.500€
Contribute to the project
View project in Galego

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Que é e que non é?

Galician Bizarre non é nin pretende ser unha escena musical nin un coletivo nin unha empresa de xestión musical. Despois dun primeiro volume e desde o máis absoluto underground xuntámonos periodicamente artistas das diferentes bandas galegas con etiqueta bizarre, para sacar discos e facer concertos dos grupos do país que máis nos fan vibrar dentro dunha ampla gama de estilos pero cun trasfondo similar: galegos e bizarros. Somos xente que comparte experiencias musicais no mesmo lugar, na mesma época e con certa tendencia cara ao bruterío musical.

Que queremos facer (e faremos)?

Editar un disco compilatorio de 18 cancións inéditas compostas e interpretadas por 18 bandas galegas. Farase unha tirada mínima de 525 copias en vinilo de 12”.

Que bandas participarán nesta edición?

Como saberás (e senón contámoscho), a presente é a segunda entrega do compilatorio Galician Bizarre e unha das súas características diferenciais é que non recunca ningunha das bandas que participaron no primeiro disco de 2010. Os grupos participantes no Galician Bizarre II cunha canción inédita cada un serán: Alarido Mongólico (A Coruña / Ferrol), Carrero Bianco (Ferrol), Christ Divides (Vigo), Fantasmage (Vigo), Fluzo (Compostela), Lobishome (Montalvo), Los Televisores (Poio / Chantada), Los Thyssen (O Grobe), Mano De Obra (A Coruña), Mullet (Lugo), Pastillas Mamut (Lugo), QVEK (Louro / Londres), Sr. Anido (Milladoiro), Terbutalina (Ventín / Esteiro / Muíño do Vento), Tetra & Freek (Compostela), Tora Tora Tora! (Pontevedra), Trajano! (Dodro / Madrid) e Wild Balbina (Vigo).

Como o imos financiar?

O financiamento do disco e das copias levarase a cabo mediante un sistema de crowdfunding ou micropatrocinio. Se estás interesad@ en facerte cunha copia e apoiar activamente a iniciativa deberás mercar o disco de xeito anticipado ao prezo reducido de 10 euros, converténdote en coprodutor/a do proxecto. Cómpre que quede claro tamén que ningunha banda nin participante cobrará un peso polo seu traballo. O recaudado por medio do sistema de crowdfunding irá destinado única e exclusivamente á fabricación das copias. Unha vez fabricadas, faremos que chegue o pedido ao teu fogar ou ao lugar indicado da túa aldea, pobo ou cidade para que o recollas. Ollo! Non se venderán máis discos que os anticipados, polo que se queres adquirir unha copia só poderás facelo de xeito anticipado. Os discos sobrantes irán encamiñados á súa propia difusión e ao uso e difrute das bandas participantes. Por outra banda, con este sistema de financiamento será posíbel fixar a oferta de copias á demanda real delas, sendo a cantidade mínima para a viabilidade do proxecto 250. É dicir, se non se venden 250 copias o proxecto non irá adiante e os cartos cos que o apoiaches volverán automáticamente á túa conta bancaria.

Bandas galegas bizarres II

Alarido Mongólico

Alarido Mongólico saíu da cona dunha relación entre dous grandes amantes: Joel e máis Andrés; e a súas influencias poderían definirse en champú, o transporte público, bragas ensanguentadas, o nudismo, o fascismo italiano, a terceira idade, Schopenhauer, os xarséis oitenteiros, o casio, o protopunk, as enfermidades venéreas, o quentamento global, a imbécil preadolescencia, os percebes, as drogas, La Oreja de Van Gogh e o pop.

Carrero Bianco

Carrero Bianco está formado por Tony Cable, Erika, Joaquín Bianco “Quincho” e Sergio Bianco. Eles definen o seu son como a nova onda dentro da nova onda e a crítica non deixa de definilos como naif, lo-fi e new wave; o que si está claro é que, por riba de todo, a súa música é electro-pop.

Christ Divides

Christ Divides é un dúo de rock alternativo procedente de Vigo que destaca pola súa xuventude, potencia e facilidade para facer que o público se entregue e baile ao ritmo das súas cancións. Hiram O. Lugosi (batería/voz) e Christian Sen (guitarra/voz) xuntáronse en setembro de 2011 tras concidir con anterioridade noutros proxectos. Os seus temas misturan o son suxo do garage punk, as melodías pegañentas do pop e un toque de grunge. A súa primeira e última referencia é un epé titulado “Holy Ghosts” (2012).

Fantasmage

Garage punk tóxico co dúo vigués de guitarra e batería. Formado en maio de 2011 por Nico (ex-Indómitos) e Andrés (ex-Anenome), Fantasmage chupa de influencias tan diversas coma os Stooges, Dinosaur Jr., Oblivians e pop español, por citar algunha. Están a medio camiño entre a ferocidade punk e a frescura xuvenil, cun son escuro e suxo pero altamente enérxico e con certa sensibilidade pop. Poderíanse emparentar musicalmente con bandas actuais como The Black Angels ou Thee Oh Sees.

Fluzo

Nunha escena tradicionalmente homófoba como é o rap, ver a tantos artistas facendo mariconadas é unha paradoxa.

Se eu digo Fluzo, ti dis "toma rap!!"

Proposta amiga pero non amable. Teñen máis taberna ca os polvos do viño branco.

Lobishome

Lobishome é un power-trío moi macarra que practica unha mistura de punk, garage e surf, coa que pariron un bastardo malcriado con moi mala baba. Son de Montalvo, nas Rías Baixas, e entre algúns dos moitos grupos que lles cunden están The Fall, Joy Division, Cock Sparrer, The The Intelligence e Thee Oh Sees; e outros máis achegados coma Humbert Humbert, Fabuloso Combo Espectro, Metralletas Lecheras ou Telephones Rouges.

Los Televisores

Grupo under de punk pop. Javi á batería, Lúa ao baixo e Luis á guitarra.

Los Thyssen
¡Novidade! Espectaculares noviños galegos recén chegados ao noso piso relax. Quentes coma o lume. Atrativos, morbosos, xoguetóns, dotadísimos... Gozarás momentos inolvidabeis. Auténticos Porno Stars. Fogosos, salvaxes, peludos. Compañía exquisita! Sexo sen límites. Membro sempre duro. Festas privadas. Desplazamentos 24h. 803 245 069. O teu desexo feito realidade!

Mano de obra

Mano de Obra é unha agrupación musical afincada en Marineda City (Reino da Coruña). Eles son Coco Lens (amado líder, baixo e voz), Víctor García (master troll e teclas) e Alberto Vázquez (ariobot e percusión) e ata o momento teñen publicaron dúas maquetas: Imperio Cobra e Cámara de Cría. Gústalles a música de 1880, os centros comerciaies, las praias contaminadas, as críticas destrutivas, roubar códices, as estructuras piramidais, a soma, as relixións politeístas e los nenos (por ser o futuro). Actualmente están a gravar a súa terceira maqueta.

Mullet

A música de Mullet non se rixe por ningún criterio concreto. A música de Mullet non se rixe por ningún criterio abstracto. A música de Mullet non se rixe, a Dios gracias. Tocan todos os paus que se deixan tocar e fan, en definitiva, o que lles ven en gana: o que lles enche e o que lles valeira. Por iso en Mullet non hai roles, so casio. E xúbilo, que nunca falte o xúbilo!

Pastillas Mamut

Pastillas Mamut coñecémonos en El Egipto, un afamado garaxe reconvertido en after da cidade de Lugo. Ningún de nós daba un duro porque isto chegase a algures. Caiámonos fatal. A situación non mudou moito, pero o Concello puxo uns cursos de convivencia que nos axudaron bastante. Facemos zapatilla-rock ou techno-garage, xéneros inventados por nós fai un par de anos, antes de que o Internet chegase a Lugo. Odiados na nosa cidade e amados no extrarradio, Pastillas Mamut utiliza a súa música para apoiar causas sociais, como a coñecida campaña “Pastillas Mamut, por un teletransporte digno”.

Qvek

Qvek é máis sucio, máis rápido e máis punk. Qvek é nihilismo musical... se eso existe, claro. Os seus temas, gravados nun catro pistas de casete, mostran un lo-fi sen nada de efectos. Un son natural e rebelde que non busca engatusar ao oínte, senón golpealo con crudeza. Qvek é o proxecto en solitario que Carlos Abeijón comezou na xélida Londres. Unha vía de escape perfecta para dar renda solta ás alucinacións sensoriais dun músico emigrante, capaz de fusionar o lado máis tolo e arroutado tanto do flemático Reino Unido, como da acolledora Galiza.

Sr Anido

No ano 1999 comeza Rafa desde o Milladoiro a gravar as suas maquetas, un amigo véndelle un 4 pistas a bo prezo e el escomenza a experimentar misturando todos os estilos que lle gustan. Ao longo das súas 17 maquetas pódese escoltar punk, garaxe, electrónica, experimental, ambient e moitos outros estilo que fascinan a este avanzado ao seu tempo, que improvisa nun idioma inventado, enchendo a súa música de loops e delays.

Terbutalina

Entrar no bar dan de cear e ti pides de cear hai menú do que sobrou do mediodía míraslle as tetas á camareira portuguesa pides un prato de arroz con coello non pides sobremesa pides unha birra no bar entra un pouco de vento e despois entra un neno subnormal ao que lle cae baba polo papo o neno colle la voz de galicia ao neno subnormal comeza a caerlle baba sobre o xornal o neno subnormal estache rebentando a cea o neno subnormal babea sobre as novas de mentira de la voz de galicia o neno colle a capa da merda de xornal que é la voz de galicia e pégaa contra a cara entra algo de vento e despois entra o pai láscalle unha hostia PAS! na cabeza o neno subnormal dá noxo velo chorando e formando unha pasta de bágoas babas e papel de xornal na cara acabas o prato de arroz acabas a birra tampouco queres café non deixas propina mercas tabaco miras a través da fiestra e saes á rúa en quince minutos recóllente para ir ao concerto da Terbutalina.

Tetra & Freek

Tetra & Freek son un power-trío renovador da música. Considerando que a estulticia ocupou a gran maioría da música que soa en radios e bares, estes bravos rapaces xuntáronse para crear unha nova corrente musical. Rememorando as orixes do punk, nas que a mensaxe e maila atitude eran máis importantes que a destreza musical, os nosos mozos debutan co seu propio xénero: o Ponk, no que a atitude segue a ser o fundamental e a destreza… digamos que algo diso tamén hai.

Tora! Tora! Tora!

O son Tora! Tora! Tora! comeza a forxarse entre as paredes da "Pollería", os locales de ensaio ás orillas del Lérez (Pontevedra). Sergio Vidal, Alejandro Simón, Daniel Lovelle e Santiago Rodríguez son os compoñentes desta banda que, tras gravar a súa primera e única maqueta "Alfabeto Eléctrico", conseguiron colarse terceiros na lista de mellores demos de 2011 da edición galega da revista Mondosonoro.

Trajano!

Trajano! é unha aberración cromática dos gustos musicais de catro individuos moi diferentes entre si, onde o nexo de unión é a destilación, mistura e fermentación dos grupos que lles foron marcando. O grupo xorde da idea dos galegos Lois Brea (guitarra e voz) e Juan Cea (guitarra) de compoñer melodías escuras misturadas con guitarras brillantes. Pouco despois únense á formación Carlos Mun (Valladolid) á batería e Álvaro Naive (Madrid) aos teclados. É entón cando se crea Mono e se fai unha gravación caseira na cociña do piso de Lois. Trajano! está no proceso de produción do seu primeiro epé gravado en Galicia e producido por Roberto Mallo e son semifinalistad do proxecto demo de Rtve.

Wild Balbina

Películas de Marisol + palmeritas de chocolate + reverb spring + Vigo Galician Venice Beach + Poison Ivy + cumbia + DIY + Rah Rah + Liqueur café da casa + Esperanza Gracia + ensaios a portas abertas + xermes. Wild teen-punk-surf recén saído dos ghetos más perigosos de Vigo.

Nota: Os textos foron ideados polos propios artistas, sendo adaptados algúns deles para a ocasión.

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

7 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • _Javi_

    _Javi_

    over 11 years

    Ola!

    Vin que xa recibistedes os discos, e quería saber se xa tería que ter recibido o mail avisando para a recollida porque aínda non me chegou nada.

    Grazas!

  • Lois Blanco Araúxo

    Lois Blanco Araúxo

    over 11 years

    Cando se van mandar os discos? Recibirémonos na casa ou hai que ir buscalos a algún sitio?

  • galicianbizarre

    galicianbizarre
    Author

    almost 12 years

    Gracias por el apoyo!!

  • kncicely

    kncicely

    almost 12 years

    Enhorabuena! Me pareció genial la idea de que os juntaseis tan buenas bandas para sacar un disco y encima en vinilo! Por eso me decidí a colaborar. Me alegro mucho de que se haya conseguido :)

  • galicianbizarre

    galicianbizarre
    Author

    about 12 years

    O disco editarase baixo licenza creative commons. Grazas

  • Matías Nicieza

    Matías Nicieza

    about 12 years

    Ola, o disco vai ser editado baixo licenza Creative Commons? Ou, pola contra, parte do achegamento ou do custe das copias, aínda que só sexa un céntimo, pode ir parar a algún tipo de entidade de xestión? Grazas.

  • Dale Arden

    Dale Arden

    about 12 years

    queremos recompensas fetichistas que impliquen ADN dos artistas!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy