❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Mielitza: "Unha illa"

<p>Mielitza é o proxecto musical de Carla López (A Coruña)</p> <p> "Unha illa", será o seu primeiro traballo discográfico que verá a luz a principios do 2018.</p>

Carla López

A project of

Category

Created in

0
seconds
73
Pledges
2.273€
From 3.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Mielitza é máis que un proxecto musical.

As súas notas, os seus acordes, as súas letras, en definitiva, as súas cancións, poden chegar a ser grandes como planetas formando unha galaxia ou pequenas como átomos formando unha molécula. Apoiada nas composicións, voz e guitarra de Carla López e secundada por Bruno Couceiro (batería), Pablo Sanmamed (baixo) e Iago Mouriño (teclados), esta proposta pretende percorrer a viaxe que arranca dende esa minúscula infinidade a aquela grande inmensidade, describindo tanto os extremos como as paradas intermedias dun universo emocional único, poderoso nuns momentos, recollido noutros, mais sempre fluíndo cara adiante igual que vai o río abaixo en dirección ao océano.

Ola!

Son Carla López. Despois dunha vida enteira adicada á música decidín emprender voo co meu proxecto máis persoal, Mielitza.

Como todo proxecto, ten as súas etapas, e o seu proceso. Neste momento chegou a hora de materializar o traballo de moito tempo no que será o meu primeiro disco, "Unha illa", unha aventura marabillosa á que vos convido a participar.

Ademáis de estar arroupada por uns musicazos incribles, neste proxecto participa un equipo de luxo:

Ramón Campos estará aos mandos da gravación.

Elba Fernández: Deseño e fotografía.

Produtriz: Marketing e comunicación.

Twobaskos: Edición de video da recompensa MEDUSA

Grazas por vir ;)

A que destinaremos as vosas aportacións?

  • Gravación + mestura + masterización + elaboración cd físico

  • Honorarios dos músicos

  • Merchandising (bolsas+chapas)

As recompensas

Mostra do cd

Mostra das bolsas

Mostra das chapas

Calendario previsto

  • Gravación + mestura + masterización: Xullo 2017

  • Elaboración cd físico: Setembro 2017

  • Elaboración do merchandising: Setembro 2017

  • Envío das recompensas: Como moi tarde a principios do 2018 (aínda que a intención sería poder facelo a fináis do 2017)

*(Os gastos de envío fóra da península e Baleares abónanse aparte.

Para elo poderás aportar á recompensa "Envíos internacionais".*

+ Info

Web
Facebook
Twiter
Instagram

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#03 / SEGUIMOS!!

Ola, ola e benvidas as novas incorporacións!

É unha felicidade avistar como cada vez está máis preto esa ILLA ;)

Hoxe estou eiquí para convidarvos a un evento que terá lugar o 17 de Maio con motivo do Día das Letras Galegas.

Sei que a algúns vos colle lonxe pero estades convidados igualmente!

O vindeiro mércores ás 21h haberá unha celebración moi especial no Bitácora en Santa Cristina.

Eu vou ter o pracer de acompañar a figuras de altura do mundo da verba escrita.

Compartirei temas de Mielitza que van estar no disco e músicas doutros universos cercanos.

Se vos presta vinde!!

Boa noitiña!!


¡Hola, hola y bienvenidas las nuevas incorporaciones!

Es una felicidad avistar como cada vez está más cerca esa ILLA ;)

Hoy estoy aquí para invitaros a un evento que tendrá lugar el 17 de Mayo con motivo del Día das Letras Galegas.

¡Se que a algunos os coge lejos pero estáis invitados igualmente!

read more

#02 / 7 DÍAS!!

Ola a todo o mundo!!

Hoxe cumplimos 7 días dende o arranque desta aventura ;)

Quero dar a benvida aos novos mecenas. Seguimos sumando!!

Moitísimas grazas a todas a persoas que estades apoiando este proxecto.

A unión fai a forza. Cada día estou máis segura de que isto é así.

Unha grande aperta e feliz comezo de semana.


¡Hola a todo el mundo!

Hoy se cumplen 7 días desde el arranque de esta aventura ;)

Quiero dar la bienvenida a los nuevos mecenas. ¡¡Seguimos sumando!!

Muchísimas gracias a todas las personas que estáis apoyando este proyecto.

La unión hace la fuerza. Cada día estoy más segura de que así es.

Un abrazo grande y feliz comienzo de semana.

#01 / BENVIDOS! II BIENVENIDOS

Ola a todas as persoas que estades a participar nesta aventura!

Como sabedes hai 40 días para cumplir o obxectivo.

Unha carreira de fondo chea de emocións, ilusión e aprendizaxe.

Para min, cheguemos ou non, xa é un éxito estar eiquí coa vosa compaña.

Quero agradecer o apoio e o agarimo que estades aportando. Grazas vai ser a palabra clave desta andaina.

Mediante este medio mantereivos ao tanto da evolución do proxecto así como o que vaia sucedendo.

Grazas a todos!

Como din os compañeiros de Verkami, Seguimos! ;)


¡Hola a todas las personas que estáis participando en esta aventura!

Como sabéis hay 40 días para cumplir el objetivo.

Una carrera de fondo llena de emociones, ilusión y aprendizaje.

Para mi, lleguemos o no, ya es un éxito estar aquí con vuestra compañía.

Quiero agradecer el apoyo y cariño que estáis aportando. Gracias va a ser la palabra clave en este camino.

read more

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy