❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Nove de Novembro

¡A primeira longametraxe LGBT rodada en galego! ¡Precisamos da túa axuda para facer historia no cinema galego!

Lázaro Louzao

A project of

Category

Created in

0
seconds
248
Pledges
10.167€
From 8.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

¡A polo segundo obxetivo!

Grazas a aportación de todos vos, sumado o que xa tiñamos xuntado previamente xa acadamos a cifra mínima para sacar o filme adiante.

¿e agora qué?

Agora quedan 13 días de campaña para seguir subindo o presuposto do proxecto, o noso segundo obxetivo e xuntar 5.000€ máis para poder pagar ao equipo técnico.

¿e si non conseguimos xuntar outros 5.000€?

Se na campaña de crowdfunding non conseguimos xuntar outros 5.000€ buscaremos outras vias de financiación ate chegar.

¡Chegaremos!

¡A primeira longametraxe LGBT rodada en galego!

Nove de Novembro é unha longametraxe que conta a historia de Miguel e Roberto e os últimos días na súa relación de parella nos primeiros días de Novembro de 1989. Trátase dun proxecto moi humilde, formado por un pequeno equipo, pero cunha gran ilusión.

Este filme, que esperamos estrear a comezos do 2018, é moi especial por varios motivos. Trátase da primeira longametraxe de temática LGBT rodada en galego.

Con todo o auxe que está vivindo o cinema galego nestes últimos anos, cremos de gran importancia que todas as historias sexan contadas e non só as da maioría. A visibilidade do colectivo LGBT debe darse na rúa e nas accións sociais, pero tamén en todas as formas de expresión culturais posibles.

Este proxecto tamén é moi especial porque queremos levalo a cabo sen contar con entidades financieiras nin cos mecanismos propios da industria. Primeiro porque un proxecto destas características tería moi dificil acceder as axudas estatais ou autonómicas, e segundo porque queremos conservar en todo momento a nosa independencia creativa e económica.

¡Por iso precisamos da túa axuda para facer historia no cinema galego!

¿De que vai Nove de Novembro?

Roberto e Miguel levan saindo xuntos dez anos. Unha decada de vida en común que volverá as suas memorias o longo de catro días de novembro. Unha relación que semellaba funcionar comezará a despedazarse co regreso de cada recordo.

Unha bagaxe que cada vez pesa mais irá desvelando a auténtica natureza da sua vida xuntos. Paralelamente, a mais de 2.000km de distancia, no Berlín dividido, outra relación moito mais grande está a piques de cambiar tamén.

No fondo dunha relación residen sentimentos ocultos forxados polo pasado común. Segredos e rancores que o resto do mundo non ve, separados por un muro que semella infranqueábel. O muro que separa a Roberto e Miguel non foi o único muro que caeu naquela fría noite de novembro.

A qué dedicaremos as vosas aportacións

¡Grazas as vosas aportacións poderemos custear partes moi importantes do proxecto!

Custos de Post-produción, facer as copias de proxección, custos de publicidade, distribución, vestiario, atrezzo, custos derivados da rodaxe...

¡Sen a vosa axuda este filme non será posible!

Calendario previsto para as recompensas

A festa de fin de rodaxe farase en A Coruña entre os meses de agosto e outubro deste ano.

Aparecer no filme como extra será nunha data ainda por concretar do mes de agosto.

O visionado online estará dispoñible en canto se estree o filme a comezos de 2018.

Os DVD e as Copias firmadas do guión enviaranse por correo postal o longo do primeiro cuatrimestre de 2018.

Sobre as ilustracións orixinais

A ilustradora GalletaMaría deseñou para o poster do filme tres ilustracións alucinantes e os tres mecenas que cheguen a tempo poderán levar unha das ilustracións orixinais.

As ilustracións enviaranse por correo postal impresas en papel de alta calidade e firmadas e númeradas pola artista.

¡É unha oportunidade única!

+ Info

Páxina de Facebook

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

7 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Emma Charlotte Duerre Watson

    Emma Charlotte Duerre Watson

    about 7 years

    I see that mi amigo Danielito want to give algunos libras, yo quiero poner algo dinero too. Cuanto is el minimo para protagonisar la peliculo?

  • Lázaro Louzao

    Lázaro Louzao
    Author

    about 7 years

    Dear amigo friend, tu pones euro y tu banco cambia a libras automatically. Today y siempre tendré un hueco para ti en mis películos. Saludos a Hermione ;)

  • Daniel Jacob Radcliffe

    Daniel Jacob Radcliffe

    about 7 years

    Cuánto libras tengo que hacer ingreso para ser aparecido en tu películo? Ando con no mucho trabajo today por today. Es bueno tu project amigo friend.

  • Lázaro Louzao

    Lázaro Louzao
    Author

    about 7 years

    8000€ xa estamos cerca!

  • Hilario Perez

    Hilario Perez

    about 7 years

    Cantos cartos se necesitan como mínimo pa facer á película está

  • Lázaro Louzao

    Lázaro Louzao
    Author

    about 7 years

    Sen as aportacións non chegaremos a porto algún. Non seremos nin chalana ;)

  • tino

    tino

    about 7 years

    O de "aportacións" é porque queredes chegar a bo porto? Coma un petroleiro ou un cruceiro?

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy