❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Fasquía

"Fasquía" quere ser un libro de fotografía, colofón dun proxecto educativo realizado por alumnado do IES A Cachada (Boiro). Nace para rexistrar parte da nosa identidade como vila mariñeira, poñendo en valor o traballo de construción e restauración realizado nos Estaleiros Triñanes.

Berta do Montinho

A project of

Category

Created in

0
seconds
84
Pledges
1.595€
From 1.500€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

"Fasquía" é un termo empregado na carpintaría de ribeira para referirse á estética do barco, ter ou non ter boa fasquía.

A idea do noso proxecto fotográfico é poñer en valor algo que para nós é moi cotián, pero non para moitas outras partes do mundo. Quixemos dar a coñecer un estaleiro onde conviven a modernidade e a tradición. Nos Estaleiros Triñanes persiste a carpintaría de ribeira, oficio caído en desuso pola chegada do poliuretano e que foi fonte importante de ingresos e signo de identidade no Barbanza. Perder a carpintaría de ribeira é perder parte da nosa memoria colectiva.

Grazas a este proxecto conseguimos mudar a mirada e darlle valor a unha realidade que, por estar ao pé da casa, non apreciabamos.

Quen somos

Somos quince estudantes do IES A Cachada apaixonados pola fotografía que fomos seleccionados para participar nun proxecto de innovación educativa coordinado polo CGAI (Centro Galego das Artes e da Imaxe) e pola Consellería de Educación. Que sorte!

Todo comezou en outubro de 2015 coa axuda e coordinación das nosas profes Andrea e Berta. Pouco a pouco, e coa súa axuda fomos adquirindo coñecementos técnicos sobre o funcionamento das cámaras, encadres, efectos, luces…e sacando fotos ao noso entorno, persoal e marítimo. Porque… ah! Non vos dixemos, o IES A Cachada está en Boiro, unha vila de case vinte mil habitantes, situada no Barbanza, en plena Ría de Arousa.

Como se constrúe Fasquía

Como vos dixemos antes, todo comezou en outubro cando o CGAI nos propuxo arrincar o proxecto cunha serie de prácticas fotógraficas. A cousa consistiu en facer fotografías atendendo a unha temática proposta; por exemplo, os espazos baleiros. A consigna, disparar moi poucas fotos e pensalas moito. Foi entón cando aprendimos a calmarnos e a mirar á realidade doutro xeito, a redescubrila.

Pouco a pouco xa nos fumos sentindo máis libres e con ganas de experimentar. Decidiamos un tema e a por el! Ás veces sós, outras en grupo. Fotografamos as nosas familias, os nosos solpores, algunha fábrica abandonada… Unha aventura.

A cousa crecía, e sentimos ganas de colgalo nun muro para ensinarllo ao mundo.

E entón, con abril chegou José Caruncho, fotógrafo de longa traxectoria. E con el a seguinte etapa do curso, na que agora estamos. O asunto poñíase máis serio. Tiñamos un reto: decidir qué queriamos contar coas nosas fotos.

Pensamos, debatimos e decidimos que o protagonista das nosas fotos sería, sen dúbida, o mar. Pero, que mar? Abrimos cinco liñas de investigación: os aparellos, os espazos, os froitos, as metereoloxías e os oficios. Disparamos e disparamos e envíamoslle este material ao CGAI.

Días despois tiñamos resposta. A José Caruncho gustoulle a idea de fotografar espazos e xente neles. Pero non quedou aí, había que acotalos, decidirnos por un. E entón xurdiu a oportunidade de coñecer por dentro un pequeno estaleiro, os Asteleiros Triñanes, onde, dende 1978, aínda se constrúen embarcacións ao xeito tradicional grazas ao empeño do mestre carpinteiro de ribeira Gerardo Triñanes e do seu pai anteriormente.

E até alí fomos a fotografar xunto con Caruncho. El coa súa antiga cámara de placas e nós cós móbiles, coas compactas e compartindo a réflex do centro.

Despois dunha primeira sesión na que exploramos as posibilidades do espazo, sentimos a necesidade de volver, de refacer, de mellorar. E así, tras dúas sesións intensas, catrocentas fotografías.

Non foi doado escoller as cincuenta que aparecerán na exposición e tamén nesta publicación da que vos queremos facer partícipes.

A que destinaremos as vosas aportacións

O groso das aportacións irá destinado á publicación e envío das recompensas. Contamos editar 100 exemplares de Fasquía e 250 postais. En caso de superar o noso obxectivo, ampliaremos a edición.

As nosas recompensas

Se cres no noso proxecto, bótanos unha man!

Hai recompensas para tódolos petos: dende un pequeno agarimo que che agradeceremos publicamente, até o propio libro, fotos orixinais, postais…

Fasquía contén unha seleción de cincuenta fotos a cor, das máis de catrocentas feitas nos Estaleiros Triñanes. Ten un formato A4, tapa dura e cun papel de bo gramaxe.

Calendario previsto

Tan pronto como consigamos o noso obxectivo enviaremos o traballo a imprenta. O prazo de entrega das publicacións é dun mes. O envío ás vosas casas farase na semana seguinte á recepción. Polo tanto, calculamos que entre mediados e finais de xullo poderedes ter Fasquía nas vosas mans.

+ Info

Se queredes ver outras mostras do noso traballo, podedes visitar a nosa páxina de Facebook: Fotografía en Curso: IES A Cachada

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

#04 / Entrando en imprenta!!

Benqueridas mecenas!

As datas previstas fóronse retrasando por mor das vacacións, tanto as nosas como as da imprenta, pero agora si. Ultimando o envío, revisando as probas e en breve teremos os exemplares de Fasquía entre as nosas mans.

Grazas pola paciencia e deica xa!!

#02 / Como a mañá de reises

Pois si, hoxe adicámonos a preparar a exposición que inauguramos o vindeiro mércores 22 de xuño.

Chegáronnos as fotos, temos os marcos... pois a enmarcar. O momento de abrir o paquetiño coas fotos foi realmente emocionante; preciosa sensación a de ver en papel o resultado de todo o noso traballo.

Queríamolo compartir con vós!

A expo estará no centro social de Boiro, dende o 22 de xuño ao 10 de xullo.

Vémonos para a inauguración? Ás 20h! ... e haberá pinchos (que sempre anima)!

#01 / Preparando "Fasquía, a expo"

Pois nestas andamos...

Mentres seguides facendo as vosas achegas, nós estamos organizando as 50 fotos selecionadas e artellando a súa futura situación na sala do Centro Social de Boiro. Lembrade, o 17 de xuño inauguramos!

Aquí está Caruncho aportando a súa opinión e experiencia ao proxecto.

Ui, 50 fotos son moitas fotos! Máis vale telas ben organizadas. Grazas a Gloria están moi ben ubicadas e identificadas.

Aquí xa están en liña, tal e como irán nas paredes da sala de exposicións.

Listo!! Pegámolas en cartulina para poder mover a nosa maqueta? Que apañadas somos!!

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy