❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

SKARMENTO. 15 ANOS É MEDIA VIDA.

Celebramos os nosos quince anos e non queremos deixar pasar a oportunidade de contarvos moitas das cousas que nos teñen acontecido logo de centos de ensaios, quilómetros e concertos. Un libro que reúna moitas das fotografías, carteis, fanzines, entradas... e a nosa historia contada por nós mesmos.

SKARMENTO

A project of

Category

Created in

0
seconds
158
Pledges
3.700€
From 2.000€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

... A RAZÓN

SKARMENTO cumpre quince anos e, aínda que pareza un aniversario máis, para nós é nada máis e nada menos que media vida. Comezamos a tocar alá polo ano 2000 e dende aquelas percorremos miles de quilómetros para dar case douscentos concertos e vivir ducias de situacións que vos queremos contar.

Non celebramos un aniversario cun novo disco de estudio, nin sequera cun disco en directo. Cremos que un dos mellores xeitos de celebralo é recuperando as historias que algúns coñecedes e xuntalas con fotografías, carteis, deseños, fanzines, entradas, ... Contar a historia de SKARMENTO dende os primeiros días ata hoxe mesmo.

... O OBXECTIVO

Por esta razón, para quen estea dispost@ a colaborar financiando este proxecto, temos preparados diferentes paquetes entre os que poderedes atopar o libro SKARMENTO: 15 ANOS É MEDIA VIDA, cervexas artesanais de edición limitada etiquetadas para SKARMENTO, camisetas conmemorativas deste aniversario e entradas para o concerto que o vindeiro venres 18 de setembro daremos en Lalín (Pontevedra) xunto con ÚLTIMA SACUDIDA e AGGRESSIVE COMBAT.

Tódolos cartos que academos con esta campaña irán destinados ao pago da imprenta, á edición das cervexas e á impresión das camisetas.

... OS FORMATOS

O libro, dividido en dezaseis capítulos, será en edición bilingüe -galego/español-, terá un formato A5 que contará con máis ou menos cen paxinas impresas en offset a dúas cores e encadernación rústica, cosidos con fío vexetal.

As cervexas artesás son rubias e realizadas con auga de Botos, cebada malteada, trigo, lúpulo e lévedo. O seu etiquetado corresponde ao aniversario de SKARMENTO e a tirada será limitada a duascentas unidades numeradas a man.

As camisetas serán en cor branca, cun deseño exclusivo realizado por David Diz, de Secret Bridge Tattoo (Ourense) e impresas a dúas cores por Camisetas Morgan (Ponteareas). Faranse as tallas necesarias segundo a demanda.

...OS PRAZOS

Segundo as nosas previsións, durante o mes de agosto traballaremos na maqueta do libro con todo o material que actualmente xa temos preparado e a comezos de setembro, tralo fin desta campaña, mandaremos a imprenta o arquivo para que impriman os libros. Nesas mesmas datas serigrafaranse as camisetas e etiquetaranse as cervexas que nestes momentos temos xa repousando trala súa fabricación hai exactamente dous meses. O día 18 de setembro celebraremos o aniversario en Lalín e teremos todo o material listo para ser entregado. A quen non estea presente, mandarémoslle un correo electrónico á semana seguinte para facerlle chegar o seu paquete.

bandcamp
afía os cotenos - videoclip
seguiremos sendo - videoclip

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

5 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

  • Esteve

    Esteve

    over 8 years

    Hola,

    nosotros somos una imprenta digital y nos dedicamos a imprimir pocas cantidades con calidad. Si nos envías vuestras características os podemos pasar un presupuesto gratuita.

    Muchas Gracias

    Esteve Pintó

  • SKARMENTO

    SKARMENTO
    Author

    over 8 years

    Boas! Pois se nos mandas unha mensaxe ao facebook do grupo ou a [email protected] informarémoste do xeito de facerte con eles. Grazas.

  • Fran Barcia

    cefalopodo

    over 8 years

    Boas rapaces.
    Podiades poñer a posibilidade de conseguir os vosos discos por aquí. No meu caso só teño un e gustariame ter o resto tamén.

    Apertas.

  • SKARMENTO

    SKARMENTO
    Author

    almost 9 years

    Boas Jano!

    Ese venres comezan as festas en Lalín e o concerto comezará bastante tarde. Non sabemos por agora a hora exacta, pero poderás ver con seguridade aos tres grupos.

    Grazas pola túa aportación!

  • Jano Negro

    Jano Negro

    almost 9 years

    Non seades moi puntuais co concerto que é un venres e moitos saimos ás 10 da noite de currar en Vigo. Parabéns por estes 15 anos!

#11 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (XI)

GAL | Onte rematou a campaña de micromecenazgo e como podedes ver, superamos con moito o previsto. Queremos darvos as grazas a todas e a todos polo apoio e a confianza. Rematamos de etiquetar as cervexas, as camisetas están serigrafiándose e mañá venres teremos a maqueta definitiva do libro.

Nos próximos días irémosvos dicindo como e onde recoller o voso lote.

GRAZAS!

ESP | Ayer se terminó la campaña de micromecenazgo y como habréis podido ver, superamos con mucho lo previsto. Queremos daros las gracias a todas y a todos por el apoyo y la confianza. Hemos terminado de etiquetar las cervezas, las camisetas se están serigrafiando y mañana viernes tendremos la maqueta definitiva del libro.

En los próximos días os iremos diciendo cómo y dónde recoger vuestro lote.

GRACIAS!

#10 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (X)

GAL | Foi quizais a evidente falta de alternativas que desde o Concello de Lalín se lle brindou desde sempre á mocidade o que animou a unha serie de amigos a poñerse mans á obra e fundar a Asociación Cultural Revuelta en el Frenopático. Por suposto, entre eles estabamos dun xeito ou doutro os Skarmento. Os primeiros pasos da asociación déronse nos últimos meses de 2004 coa súa constitución, pero foi en xaneiro de 2005 cando tiveron lugar as I Xornadas Antifascistas, que contaron con varias charlas sobre temas coma a memoria histórica ou a represión fascista na comarca nos anos da ditadura. Como colofón a eses dous días organizouse no ximnasio do antigo Colexio Manuel Rivero un concerto con tres bandas locais entres as que estabamos nós, Última Sacudida –que comezaran só uns meses antes a ensaiar– e Tiro Na Testa, ademais dos asturianos Escuela de… read more

#09 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (IX)

GAL | En xuño de 2006 presentamos en Lalín o Música Anti-Sistema e convidamos os Porka Miseria de Melide, que nos acompañaron aquela noite e moitas outras co paso do tempo. Aquel segundo disco volveu abrir as portas para tocar e nos seguintes meses visitamos por segunda vez Madrid para un concerto organizado por La Bellota Mecánica no antigo edificio de Industrias Cárnicas Cabo. Naquel soto a temperatura baixaba polo menos dez grados con respecto ao insoportable calor que en pleno verán invadía aquela cidade. Silvano, un bo amigo de Cádiz que daquela se instalara na cidade, abriunos as portas da súa casa onde puidemos descansar ata a febril volta a Lalín.

ESP | En junio de 2006 presentamos en Lalín Música Anti-Sistema e invitamos a Porka Miseria de Melide, que nos acompañaron aquella noche y muchas otras con el paso del tiempo. Aquel segundo… read more

#08 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (VIII)

GAL | O contacto establecido coa xente de Arrasate propiciou que o 12 de xaneiro de 2007 chegara a Lalín o afamado bus de Mondra, unha sorte de caravana coma a que Cunqueiro describía nas Crónicas do Sochantre e que segundo dicían por Vigo percorría os camiños cando os astros se aliñaban, neste caso de concerto en concerto, de Balaídos a Anoeta. Endexamais o viramos ao vivo e de súpeto, guiados por unha choferesa, alá viñan nun flamante microbús dispostos a invadilo hostal As Vilas.

Aquel día, baixo o lema Donra VS Mondra esgotámolas cervexas do Bauhaus, do Maloka e do Karaoke Enigma. O concerto contara connosco e Última Sacudida como bandas locais e aos Aggressive Combat e Last Rebels coma visitantes.

ESP | El contacto establecido con la gente de Arrasate propició que el 12 de enero de 2007 llegara a Lalín el famoso bus de Mondra, una suerte… read more

#07 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (VII)

GAL | Se mantemos unha liña cronolóxica, poderiamos dicir que 2003 non vai ser un ano con moitos concertos. Skarmento segue ensaiando, tocando e por suposto gravando ese ansiado disco que seguía sen saír. Para a semana santa dese ano organizamos dúas datas cos navarros Ketesnuko, tocando na Cova dos Ratos de Vigo e no Pub Tubos de Carballiño. Seguiamos dependendo dos amigos para viaxar e na primeira noite tocoulle a Julito levarnos, era a primeira vez que cruzabamos Rande. A reacción dun dos membros da expedición cando se decatou de que a cea ía ser vexetariana segue a arrincar gargalladas cando a recordamos, tamén o alcume de Heineken que Julito gañou aquel día e que nos obrigou a durmir no coche ata que alborexou. Á noite seguinte Ángel quedou sen voz no Carballiño, nun local que parecía ancorado nos anos oitenta, cunha colección de discos de… read more

#06 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (VI)

GAL | O contacto cos Farrapo de Ghaitax foi determinante para Skarmento naquela nova etapa. Os Farrapo eran de Moaña e comezaran a ensaiar a comezos do verán de 2001, eles apuraran máis e xa tiñan a súa primeira demo gravada, que sairía editada en 2002 por Distrito Peineta, unha distribuidora que montara Ángel para traer discos e camisetas a Lalín. O contacto iniciárase por internet, pero aproveitando as vacacións da semana santa do 2002, os Skarmento organizamos un concerto no Rei de Farán e convidámolos a acampar en Donramiro, nun souto do tío de Iago. Chegaron a Lalín en autobús, cos instrumentos, os sacos de durmir e as tendas de campaña. Raquel, a avoa de Rubén, fixo unhas tortillas e aquela noite ceamos no souto con eles. Non tiñamos un peso, pero a sorte cambiou á noite seguinte, cando tralo concerto eles decidiron gastar en cervexas os cartos recadados coas entradas.

read more

#05 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (V)

GAL | Naquel verán de 2004 tocamos por terceira e derradeira vez no Bandeirrock e á noite seguinte fomos convidados por Costa, Murán, José Antonio e outros que aquel ano asumiran a organización das festas da parroquia de Botos, para formar parte do cartel do Botos Rock que abriu as festas ese ano. No concerto, despois da opípara cea que os ramistas nos prepararan, tocamos nós con Soak e Skacha e presentaba o noso querido Wily, cuberto cunha toga de cidadán romano e unha motoserra. Rematou o verán co xa habitual concerto en Lalín, no baixo das festas, que aquel ano abriu por derradeira vez.

ESP | En aquel verano de 2004 tocamos por tercera y última vez en el Bandeirrock y a la noche siguiente fuimos invitados por Costa, Murán, José Antonio y otros que aquel año habían asumido la organización de las fiestas de la parroquia de Botos, para formar… read more

#04 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (IV)

GAL | En decembro de 2006, con Pablo Skacha ao volante, chegamos ata Francia, nunha pequena xira de tres concertos que organizaramos coa axuda de Solitude Urbaine –o selo que se ocupaba da distribución do noso disco naquel país- e de Thomas dos Bombardiers. En Limoges demos o primeiro concerto nunha pizzería na que Iago respondía a todo cun rotundo YES! e Rubén comunicábase polo micrófono nun francés que nin os nativos eran quen de entender. A noite seguinte tocabamos en Burdeos, no 115, un local de Rock’n’roll no que o viño conseguiu que esqueceramos gran parte do acontecido.

ESP | En diciembre de 2006, con Pablo Skacha al volante, llegamos hasta Francia, en una pequeña gira de tres conciertos que organizáramos con la ayuda de Solitude Urbaine –el sello que se ocupaba de la distribución de nuestro disco en aquel país- y de Thomas de los… read more

#03 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (III)

(foto Luis Blanco González)

GAL | 2003. Aquel ano de Algarabía decidimos dar un concerto na hora do vermú, na Praza das Pipas, xusto ao lado da Taberna de Matelo e fronte ao comercio da nai de Luis e Gustavo. Para aquela ocasión pasamos a chamarnos Aliento a Txurrasko e preparamos un repertorio con versións de La Polla Records, MCD ou Silvio Rodríguez, alternadas con temas pinchados dende un radiocasete. Desa versión do tema Santiago de Chile de Silvio, saíu a canción incluída en 2006 no disco Música Anti-Sistema.

ESP | 2003. Aquel año de Alagarabía decidimos dar un concierto en la hora del vermú, en la Praza das Pipas, justo al lado de la Taberna de Matelo y frente al comercio de la madre de Luis y Gustavo. Para aquella ocasión pasamos a llamarnos Aliento a Txurrasko y preparamos un repertorio con versiones de La Polla Records, MCD o Silvio… read more

#02 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (II)

GAL | Nos seguintes meses, coa axuda de Conehead Records, organizamos unha xira de nove concertos por Alemaña e Francia. O 29 de novembro de 2007 chegamos ao aeroporto de Frankfurt logo de que o persoal de de Ryanair lle permitira a Adrián subir ao avión co documento de identidade caducado dende facía polo menos dous anos. A primeira noite desprazámonos ao Soap Box Club de Nancy, no norte de Francia, para iniciar aquel Christmas Kiss my Ass Tour ao que na seguinte noite na cidade de Schwäbisch Gmünd se sumaron os italianos The Offenders, que nos acompañaron durante toda a xira. Düsseldorf, Krefeld, Minden, Berlin, Göttingen e Frankfurt foron as seguintes paradas dunha experiencia inesquecible, chea de contratempos e de bos momentos que sería imposible relatar ao completo.

ESP | En los siguientes meses, con la ayuda de Conehead Records,… read more

#01 / 15 ANOS É MEDIA VIDA (I)

GAL | "Atopamos un local en Donramiro, na casa do Señor Moncho, que nos cedeu a cociña para ensaiar. Antes xa estiveramos noutra casa e nunhas granxas en Carragoso. O de Moncho foi o definitivo, xa pasaron 15 anos e alí seguimos."

ESP | "Encontramos un local en Donramiro, en la casa del Señor Moncho, que nos cedió la cocina para ensayar. Antes ya habíamos estado en otra casa y en unas granjas en Carragoso. El de Moncho fue el definitivo, ya pasaron 15 años y allí seguimos."

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy