❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Curtametraxe "FUMANDO ESPERO"

"FUMANDO ESPERO" é a segunda incursión na curtametraxe de DOLLY, unha produtora ourensá. Trata a historia de dous amigos, José Luis (CARLOS BLANCO) e Manuel (MONTI CASTIÑEIRAS), que se reúnen despois de 10 anos. Comprobarán como cambiaron as súas vidas, o que os levará a un triste final.

J.a. Blanco

A project of

Category

Created in

0
seconds
5
Pledges
300€
From 1.500€
Contribute to the project
View project in Castellano

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project because you simply want to help make it happen:

Os nosos antecedecentes

Somos DOLLY, unha produtora ourensá. Todos os integrantes temos unha ampla experiencia no medio audiovisual: departamento de guión, fotografía, dirección, cámara, montaxe e posprodución. Un bo día coincidimos, e xuntamos os nosos coñecementos para montar unha produtora audiovisual. Empezamos a cubrir todo tipo de eventos sociais: traballos aéreos, spots, videoclips, e máis tarde embarcámonos na nosa primeira curtametraxe como grupo: VÉNDESE. BAIXO PREZO, POUCO USO, con CARLOS BLANCO e XÚLIO ABONJO no reparto, nominada ós XIII PREMIOS MESTRE MATEO 2015, seleccionada para competir polo premio do público no FESTIVAL SHORT OF THE YEAR, e incluída na competición oficial do XII FESTIVAL DE CANS 2015. Trailer

Despóis de "VÉNDESE"...

Temos un novo e ilusionante proxecto, FUMANDO ESPERO. Pero se algo botamos en falta no anterior, foi a posibilidade de rodar cunha cámara cinematográfica dixital que grave en formato RAW-4K para obter unha boa calidade e ter máis oportunidades para competir con outros proxectos, cubrindo unha ampla gama de festivais. Pero iso require un apoio económico, ata agora insuficiente, por iso necesitamos da colaboración de todos vós.

A historia sitúanos na vida de dous amigos separados polo tempo e polo espazo, que verán truncados os seus destinos de maneira drástica cando se xunten unha noite para cear.

O que tratamos de mostrar neste proxecto é como as novas tecnoloxías nos afectan, de como mostramos unha cara ó público, cando a realidade é ben distinta en moitos casos.

Parte dun todo

Son José A. Blanco, o guionista, o montador e o director. Pero hai un grandísimo equipo detrás colaborando desinteresadamente para levar a bo porto o proxecto.

Necesitamos unha morea de cousas e nunha porcentaxe económica bastante máis elevada, pero queremos usar esta plataforma como apoio, non como financiación íntegra. Non queremos que nolo subvencionedes. O que se consiga vai utilizarse para alugar material de cámara (corpo e lentes), e iluminación. Xa temos contactado coas empresas que nolo facilitarían. A posprodución correrá da nosa conta. Se conseguísemos superar a aportación solicitada, usaríamos ese diñeiro para alugar un equipo de cámara (cuxo prezo rondaría os 7.000€) que nos permita competir con outras producións nacionais ou estranxeiras.

Calendario

As nosas datas de rodaxe abranguen os días 15 e 16 de xuño de 2015, e o lugar será Ourense. Entregarémoslles as recompensas ós mecenas a finais dese mesmo mes, unha vez empezada a fase de posprodución.

Equipo artístico

Equipo técnico

Guionista, montador e director: J.A. BLANCO

Axudante de produción, foto fixa, claqueta, eléctrico: DANI GALLEGO

Operador de cámara / dirección de fotografía: RUBÉN CAO

Script: ALBA ARAÚJO

Maquillaxe: LORENA FIDALGO

Música: JORGE GODÁS, ZORAN DJUKANOVIC e EMILIO RÚA

Axudantes de dirección: PACO LUÍS CAMPOS & ÓSCAR DOVISO

Son directo: SIMPA

Máis info

Facebook "DOLLY"
Facebook "J.A. BLANCO"

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy