❗️ In order to use Verkami you must do it from another browser. Install or enter from: Microsoft Edge, Chrome or Firefox. Microsoft has stopped updating the Internet Explorer browser you are using and it is no longer compatible with most websites.

Municipalismo dos Comúns - Seminario da Universidade Invisíbel

Nas últimas datas o Estado español está a ser escenario de mudanzas políticas destacábeis, as reivindicacións deixan paso á reconfiguración das estruturas sociais e económicas. O "Municipalismo dos Comúns. Seminario da Uninversidade Invisíbel" servirá de espazo de reflexión dunha política para todxs

Category

Created in

0
seconds
44
Pledges
690€
From 625€
Contribute to the project

Choose your reward

Or support it with a donation

Contribute without a reward
Donate to the project without receiving any reward:

Municipalismo dos Comúns. Seminario da Universidade Invisíbel

"Municipalismo dos Comúns" é a aposta da Universidade Invisíbel para o curso 2014/2015 no que estamos.

O seu obxectivo é servir de espazo para a creación de coñecemento sobre o municipalismo e a participación activa da cidadanía no proceso de democratización da xestión no ámbito municipal, xa que este, por ser o máis achegado á cidadanía é onde debera descansar a realidade política á que todas as persoas deberan ter acceso.

Cando e onde

Días: 8 e 9 de Maio

Lugar: Centro Universitario de Riazor (A Coruña)

Durante dous días diferentes, relatores vinculados aos movementos sociais e á academia propoñerán as liñas chave sobre o municipalismo.

Promoveremos ademais a xeración dun debate aberto que esperamos sexa fructífero para o progreso teórico e práctico do municipalismo, dotando a un futuro goberno de todxs e para todxs dun necesario lugar desde o que plantexarse hipóteses e estratexias.

Para que precisamos da vosa colaboración

Para as persoas que vimos contribuíndo con non poucos esforzos a este evento é vital acadar unha pequena fonte de financiación.

Para isto pedimos a túa colaboración e apoio económico; xa que precisamos afrontar uns gastos referidos ás dietas, transportes, publicidade, cartelería...

Pero tamén sería un notábel estímulo para nós saber que desde o outro lado desta pantalla hai persoas xenerosas interesadas por este Seminario, que ademais, están dispostas a facelo posíbel.

Que podedes obtener a cambio

Ademais, queremos recompesar a túa colaboración mediante unha serie de agradecementos que medrarán segundo as cantidades depositadas:

A partir de 5 euros: Mención de agradecemento no libro que se editará cos relatorios presentadas no Seminario.

A partir de 10 euros: Mención de agradecemento e crachá da Universidade Invísibel.

A partir de 30 euros: Mención de agradecemento + crachá + libreta moleskine co carimbo da Universidade Invisíbel

+ Información

Se quedaches con gana de coñecernos mellor ou queres atopar máis información sobre o Seminario, podes pinchar nos enlaces que facilitamos máis abaixo.

IMPORTANTE: se estás interesadx en asistir, podes preinscribirte picando aquí. Facéndoo facilítasnos a organización do evento e axudas a que este se desenvolva nas mellores condición posibles.

Sen máis, recibe un cordial saúdo. Esperamos verte os días 8 e 9 de maio en "Municipalismo dos Comúns. Seminario da Universidade Invisíbel"

FAQ

There are none published yet.

Do you have any other queries or questions?

Ask the author

0 comments

If you are already a sponsor, please Log in to comment.

We use essential cookies to provide our service and third-party cookies to track the usage of the page. Cookie Policy